Boas tardes a todos.
En primeiro lugar quixéramos manifestar que dende o Partido Popular de Dodro nos parece lamentable que para a aprobación do PXOM do Concello, que sen dúbida é unha das cuestións máis importantes que ten que decidir a súa corporación, senon a que máis importante, se convoque á oposición con tan só 3 días de antelación e a información sobre o PXOM se lle remita 24h.antes da celebración do pleno.
O Partido Popular acudeu cando foi chamado para participar nunhas reunións onde cada partido faría as propostas que considerase máis axeitadas dacordo co informe remitido pola Consellería de Obras Públicas e Urbanismo da Xunta de Galicia.
Na única reunión efectiva que se realizou, a do día 23 de abril de 2008, o PP foi o único que presentou unha proposta, que polo que se ve, foi aceptada polo equipo de goberno. Pero aí rematou todo. A partir dese momento, o equipo de goberno decideu prescindir unha vez máis do Partido Popular, despreciando unha vez máis, a todos aqueles que representamos.
O Partido Popular creía e cree, que o PXOM debería ser útil para a maior parte dos veciños, pero á vista do que eiquí se presenta, parece que esa opción non é do gusto do equipo de goberno.
Tal e como propuxo o Partido Popular, suprimeuse a zona de solo urbanizable de Lestrobe, co fin de reducir o número de vivendas, pero o equipo de goberno en lugar de aproveitar isto para aumentar as áreas de expansión, o que fixo foi cambiala de sitio e manter a zona de solo urbanizable de Bexo.
Non entendemos moi ben qué é o que se pretende con esas dúas zonas de solo urbanizable, e de xeito especial a que se mantén en Bexo. Porque a inclusión destas dúas zonas obliga forzosamente a reducir drásticamente as áreas de expansión dunhas aldeas, e noutras como é o caso de Imo e Bexo especialmente non se ven favorecidos en modo algún, manténdose e incluso reducindo ditas áreas.
Non vemos moito sentido en reducir a zona de protección de costas en Tallós cando nesa zona se podería construir perfectamente dacordo coas normas subsidiarias, e en cambio Imo e Bexo se mantén igualmente.
E supoñendo que este PXOM estará consensuado en certa medida coa Xunta de Galicia, pódese chegar á conclusión de que o Plan do Litoral de Galicia se axustará á zona de protección de costas refrexadas no PXOM, co cal, aldeas como Imo e Bexo quedarán seriamente afectadas no futuro.
Na zona de solo urbanizable de Bexo, que a súa maioría xa está edificado resérvanse máis de 50 vivendas, o que eso significa privar a 50 parcelas da posibilidade de construir. Quizáis o que se pretenda é que os veciños de Bexo se vexan obrigados a comprar o día de mañán un adosado nesa zona, aínda que antes sería interesante coñecer cómo se vai urbanizar esa zona, e si se van derribar as casas existentes para facer unha urbanización. Ou ó mellor, o único que se pretende é incluir de calquer xeito esa zona no PXOM para que non quede fora de ordenación e perder o seu valor.
Na zona de solo urbanizable de Tallós, resérvanse para 32 parcelas 160 vivendas, o que significa que se reduxeron doutras áreas de expansión como mínimo 130 parcelas con posibilidade de construir.
Que se concentren máis de 200 vivendas en tan poucas parcelas, e en cambio, as aldeas máis pobladas do Concello como Bexo, Imo e Lestrobe, teñan que reducir as súas áreas de expansión non nos parece o máis axeitado. Por non falar das zonas agropecuarias que se inclúien na zona de Dodriño-Revixós-A Igrexa, e en Tarrío, sen ningún tipo de solución de continuidade.
E si non nos referimos a outra aldeas, non é porque estemos dacordo ou en desacordo, simplemente é porque en 24h. É materialmente imposible estudar en profundidade o PXOM. Algúns tiveron 1 ano mentras que outros só tivemos 24 horas.
Pero en fin, este é o PXOM do PSOE e o BNG, feito por eles, para eles, e sen contar co Partido Popular. Certamente, non se podía esperar máis deste goberno, que a democracia e a participación veciñal as usan para falar e nunca para aplicar.
16/10/08
O EQUIPO DE GOBERNO "CASTIGA" Ó PP
¿CASTIGAN Ó PARTIDO POPULAR POR APOIAR O MONITOR DEPORTIVO?
DESPOIS DE QUE O PARTIDO POPULAR DE DODRO SOLICITASE PLENO EXTRAORDINARIO EN APOIO DO MONITOR DEPORTIVO DESPEDIDO POLO EQUIPO DE GOBERNO, O BIPARTITO DECIDE CASTIGAR A ESTE GRUPO POLITICO.
NA TARDE DE ONTE OS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR RECIBIRON CONVOCATORIA DE PLENO EXTRAORDINARIO PARA ESTE VENRES ÁS 20 H. NO QUE O ÚNICO PUNTO É A APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE DODRO.
DIAS ATRÁS ESTE GRUPO POLÍTICO XA HABÍA FEITO PÚBLICO QUE DENDE O MES DE MARZO O GOBERNO BIPARTITO EXCLUÍU O PARTIDO POPULAR DE CALQUERA REUNIÓN DE TRABALLO PARA ANALIZAR E PROPOÑER AS MODIFICACIÓNS NECESARIAS E TRABALLAR CONXUNTAMENTE NO PXOM DE DODRO, TAL E COMO NUN PRINCIPIO FORMULARA O BIPARTITO.
O PARTIDO POPULAR DENUNCIOU TAMEN A TOTAL FALTA DE INFORMACIÓN SOBRE AS POSIBLES MODIFICACIÓNS DO PXOM E SOBRE O TRABALLO QUE ESTABAN A REALIZAR.
O BIPARTITO PRETENDE QUE O PARTIDO POPULAR "ESTUDE" O DOCUMENTO MÁIS IMPORTANTE, O PXOM, EN DOUS DÍAS CANDO ELES LEVAN ANO E MEDIO TRABALLANDO NEL.
SOA A REPRESALIA E UNHA VEZ MÁIS AO CARÁCTER DEMOCRÁTICO POLO QUE SE CARACTERIZAN.

14/10/08
PSOE E BNG VOTAN EN CONTRA DE QUE O MONITOR DEPORTIVO CONTINUE
O PARTIDO POPULAR SOLICITOU ONTE EN PLENO EXTRAORDINARIO A CONTINUIDADE DO MONITOR DEPORTIVO ALFONSO FERNANDEZ
Nunha primeira exposición o Partido Popular pideu ó PSOE e ó BNG a renovación do contrato ó monitor deportivo Alfonso Fernández Domínguez, alegando a boa labor que veu desenrolando o largo de 4 anos e tendo máis que demostrado a súa capacidade, profesionalidade e ademais soubo gañarse o respeto e a consideración dos veciños de Dodro, únicamente co seu traballo, independentremente das creencias políticas de cada un.
Alegamos que non existía nin existe ningún condicionante legal que impida a continuación do monitor deportivo, ni ningún feito obxetivo que xustifique o seu despido, e así pedimos o PSOE e o BNG que recapaciten na súa decisión e escoiten ó pobo.
A concejala de Deportes, Ana Mene, dixo que non tiña ningún problema persoal co monitor, aínda que logo explicou problemas que tivo con él dende fai un ano e casi o presentou como un incompetente ante os abucheos do público asistente.
O portavoz do BNG, Anxo Franco, primeiro alabou a labor deportiva e social do monitor e atacou a concelleira de Deportes pola súa mala xestión, para rematar con un "vamos a seguir sendo leales ó pacto de goberno" e ca mesma engadíu que non iban a votar a favor da continuidade do monitor. Feito que levou ó público asistente a expresar o seu malestar por tal actitude.
O Partido Popular, en vista das declaracións feitas tanto por Ana Mene como por Anxo Franco, na súa última intervención dixolle catro verdades ó goberno bipartito:
Lamentamos profundamente que ningún dos dous partidos vaia apoiar a proposta presentada, e en cambio sí estén dispostos a perseverar nunha inxustiza á vista de tódolos veciños de Dodro.
Sra. Mene, vostede perdeu toda dignidade política o mesmo día das eleccións municipais, cando os do seu propio partido a quixeron votar. Vostede continuou porque o único que lle importa é o cargo e o soldo a fin de mes, actuando cun absoluto desprezo cara os veciños de Dodro, sin importarlle o máis mínimo, e servíndose do Concello como se fora seu.
¡Cómo pode vostede permitirse o luxo de cobrar un salario dunha institución pública por non facer nada! Porque todos sabemos que quen fai o traballo, tanto de monitor como o administrativo é Alfonso. É él quen se encarga de solicitar as subvencións, de facer os trámites, de organizar as viaxes, de organizar as actividades, de buscar os patrocinadores para que os rapaces se poidan levar as camisetas ás súas casas,etc.,etc.,etc., Eso sí, mentras vostede adícase a ler o periódico no seu flamante despacho o sr. Fernández ten que facer o traballo no polideportivo nunhas condicións pésimas.
¡E cómo pode vostede usar o nome de Alfonso unha vez que o despideu para chamar a outros monitores a que veñan a realizar as actividades! ¡Cómo se pode enviar a un novo monitor para sustituir a Alfonso sen nin siquera ter contrato! ¡Cómo pode vostede darlle as fichas con datos persoais das persoas que van a actividades a persoas que non teñen contrato co Concello!
Pero esto sendo grave e vergoñento, non é nada comparado co que vostede fixo no viaxe á neve, cando vostede levou ó seu consorte. ¿Por qué ocultou os xustificantes de pago desa viaxe? Eu voulle a decir por qué: Porque non había ningún xustificante a nome do seu consorte. E se non había ningún xustificante a nome do seu consorte, iso leva a concluir que o seu consorte foi gratis á viaxe a conta dos veciños de Dodro.
Vostede está a ocupar un cargo público de forma totalmente indigna e obscena. Porque vostede permiteu que dende fai varios meses se lle pagara a Alfonso, o monitor deportivo, cada mes, a cantidade de 200 euros por atrás, nun sobre, ocultandoo á Seguridade Social e a Facenda, convertindo o Concello de Dodro nun centro de explotación ilegal. ¡Cómo pode vostede permitir que se lle pague a un empregado dunha institución pública unha cantidade sin que sexa declarada! Sra. Mene, a súa traxectoria como Concelleira de Deportes nos últimos 17 meses, é unha vergonza para o Concello de Dodro, e dende logo, non merece vostede seguir ocupando o seu cargo nin un minuto máis.
Ós concelleiros do BNG, simplemente decirlle que unha vez máis están a actuar co cinismo que ven caracterizando a súa labor política dende que forman parte do equipo de goberno. ¡Pero qué se pode esperar de concelleiros que dende o primeiro día veñen enganando e lle ocultan a verdade ós veciños! Como a sra. Rey Mariño, que se lle enche a boca falando de Dodro, e dando leccións de qué persoas deben vivir en Dodro e cáles non. Unha concelleira que nas eleccións municipais do 2007 nin siquera votou ó seu propio partido en Dodro, unha concelleira que nas eleccións xerais de 2008 tampouco votou ó seu partido en Dodro. E non puido votar porque a sra. Rey Mariño nin siquera está censada en Dodro. Ven a pedi-lo voto para ela ós veciños de Dodro mentras ela paga os seus impostos en Santiago, mentras ela fuxe de Dodro e se vai censar a Santiago de Compostela, prexudicando ó noso concello en favor do de Santiago.
E Sr. Franco, cando se ocupa un cargo público non se pode actuar continuamente co cinismo que vostede actúa. Non se lles pode decir ós veciños que o monitor deportivo o fai moi ben e despóis colaborar no seu despido sin que existan motivos obxectivos para facelo. A menos que vostede pretenda facer nas súas concellerías o mesmo que está a facer o Sr. Díaz. É decir, practicar o enchufismo ou o amiguismo cos cartos dos veciños de Dodro, si é que non o fixo xa.
Sr. Franco, non se pode enviar ó seu fillo a 1 hora de clase de tenis, pagarlle ó monitor, como o resto dos veciños que van á clase de tenis de unha hora por semana, e logo aprobar unha factura por 4 horas de clase de tenis á semana. É decir, os veciños pagan unha hora ós monitores, e depois vostedes aproban que se emita unha factura falsa ó Concello por 4 horas. ¿E todo eso por qué? Porque deste xeito quitan os cartos do Concello para pagarlle a Alfonso os 200 euros sen declarar. ¡Cómo si de un inmigrante sen papeles se tratara! ¡Están vostedes aprobando facturas falsas no Concello! ¡Están vostedes defraudando á Seguridade Social e a Facenda Pública! ¡Pero qué clase de MORAL É A SÚA! ¡Están atracando ós veciños e son vostedes a maior vergonza do noso Concello!

E do sr. Díaz qué imos decir. Sen dúbida quedará na memoria dos veciños de Dodro como o símbolo da época máis vergoñenta do noso Concello. Fai agora case un ano, vostede contratou de xeito ilegal a unha persoa que formou parte da súa lista electoral. O contrato era por 6 meses e esa persoa xa leva 9 meses sen que conste ningunha prórroga. E en cambio vostede despide a Alfonso Fernández sen motivo algún. Ou quizáis non. Quizáis a súa soberbia, o seu cinismo, non poidan soportar que unha persoa allea á política, que non forme parte do seu círculo de amistades, teña o aprecio persoal de todos os veciños de Dodro.
Vostede é o gran consentidor de toda esta serie de ignominias, e si tivera un solo átomo de dignidade persoal presentaría a súa dimisión de xeito inmediato.
Vostedes, BNG e PSG enganaron ós veciños de Dodro, e de xeito particular ós votantes dos seus partidos.
Vostedes, non apoiando esta proposta consinten e permiten unha grave inxustiza, pero máis inxustiza é aínda se cabe, que sigan avergoñando a todo un pobo. En só 17 meses de goberno vostedes contrataron ilegalmente, enganaron a Administración Autonómica con información falsa, defraudaron á Seguridade Social e á Facenda Pública, aprobaron facturas falsas,…Sen dúbida bateron todos os récords de corrupción política.
VOSTEDES NON SON NINGUÉN, ABSOLUTAMENTE NINGUÉN, PARA XOGAR CO TRABALLO DAS PERSOAS, E MÁIS CANDO SE TRATA COMO NO CASO DE ALFONSO, DUNHA PERSOA QUE DOU MOITÍSIMO MÁIS DO QUE SE PODÍA EXIXIR POLA XENTE DE DODRO.
E a todos os que se opuxeron á inxustiza cometida con Alfonso, e ós que querendo non poideron, moitas gracias, porque gracias a vós, Dodro seguirá sendo o que sempre foi. Terra de xente traballadora e honrada. Moitas gracias.

10/10/08
¡ OS VECIÑOS LEVANTANSE EN FAVOR DE ALFONSO !
DODRO QUIERE FUNCIONARIOS ANTES QUE PROFESIONALES
Anda revuelto el municipio de Dodro a causa de la decisión de rescindir el contrato de trabajo al actual monitor de deporte, tarea en la que lleva tiempo a plena satisfacción de padres y jóvenes practicantes, para oficializar el puesto, de modo que pase a integrarse en la plantilla municipal.
Y sin caer en el tópico de la consideración de que gozan los funcionarios, algunas reflexiones si parecen oportunas.
La primera, que no es bueno gobernar en contra de quienes nos han elegido y sólo desde argumentos muy sólidos es posible enfrentarse a todo un pueblo.
La segunda, que convertir en funcionarios algunas plazas no siempre garantiza su profesionalización, como bien saben en un Concello próximo, donde otros monitores, adquirido la condición de funcionarios, se niegan a admitir otro horario laboral que no sea el del resto de la plantilla.
Y, por fin, que ese clamor popular a favor de una persona algo tendrá que ver con su ejemplaridad, por lo que aun queriendo dar carta de naturaleza funcionarial a esa plaza, sería un despropósito no reconocer los servicios tan espléndidamente prestados de modo que sean ayuda ventajosa en la convocatoria.
No es papeleta fácil la que se presenta al regidor dodrense. Allá él. Puede equivocar al municipio para muchos años. Aunque en el error vaya en juego su propia supervivencia como regidor. Pero a nadie puede negársele la posibilidad de hacerse el hariquiri si así lo desea.
(Tierras de Santiago 7.10.08)
O PARTIDO POPULAR SOLICITA PLENO EXTRAORDINARIO PARA QUE READMITAN Ó MONITOR DEPORTIVO ALFONSO FERNANDEZ
O PARTIDO POPULAR Á VISTA DAS DEMANDAS E MALESTAR DOS VECIÑOS DE DODRO ANTE O DESPIDO DO MONITOR DEPORTIVO DO CONCELLO, PRESENTOU SOLICITUDE DUN PLENO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR A READMISIÓN DE ALFONSO FERNANDEZ
O PLENO CELEBRARASE O VINDEIRO LUNS DIA 13 ÁS 20:00 h NO SALON DE PLENOS DO CONCELLO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)