Reunímonos no
Día Internacional en contra da violencia de xénero para conmemorar e render
homenaxe a todas as mulleres que sofren violencia machista.
700 mulleres asasinadas en España na última década por violencia machista.
600.000 mulleres maltratadas cada ano. Este ano, 42 mulleres perderon a vida en
mans de homes que exercen violencia en contra delas. 42 razóns para unirnos
hoxe aquí para rechazar este tipo de agresións.
Cada vez que unha muller sofre este tipo de violencia arrebátase un
proxecto de vida. Se nos vai unha amiga,
unha nai, unha irmá ou unha filla... o que supón un fracaso de toda a
sociedade.
Negar ou infravalorar este tipo de violencia dificulta a súa loita, por iso
concienciar e sensibilizar ás persoas sobre a gravidade de esta lacra,
contribúe a combatela.
A violencia machista é un problema
social que debe ser abordado de maneira integral e constante. Avanzamos con
pequenos pasos pero sempre convencidas e decididas a que a nosa sociedade
camiñe a unha convivencia máis xusta e igualitaria, onde homes e mulleres
sexamos respetados por igual.
A igualdade é un dereito a un mesmo trato de oportunidades, po iso a
violencia de xénero non pode nin debe formar parte da nosa vida.
Cada persoa ten a responsabilidade e o deber de actuar, comprometéndose de
forma individual e colectiva a facer
todo o posible por promover e protexer
os dereitos das mulleres e que poidan vivir libres de violencia e
discriminación.
Reiteramos hoxe a nosa repulsa á violencia machista e o noso apoio e
cercanía ás mulleres que a sofren.
Esta escultura que inauguramos hoxe en Dodro será un recordatorio constante
de que aínda queda moito traballo por facer.
E cada día que pasemos por diante dela, recordemos e nos empeñemos aínda
máis, en alcanzar os nosos obxetivos para erradicar de unha vez por todas esta
lacra social.
MEDRAR EN IGUALDADE
É COUSA NOSA
É COUSA NOSA