15/3/11

A IRRESPONSABILIDADE DO GOBERNO PSOE-BNG DE DODRO

O Partido Popular de Dodro que denunciar a irresponsabilidade do goberno PSOE-BNG do Concello de Dodro, e de xeito particular, a da tenente-alcalde Sra.Rey Mariño, ó anunciar a realización de actos institucionais na Casa do Regadío, unha obra que incumpre o regulamento de Espectáculos Públicos, aparte de outras ilegalidades urbanísticas, tal e como figura no informe técnico que o Partido Popular dou a coñecer a través da súa páxina en internet.

Na nosa opinión, a realización de actos que deberan ser culturais e sen ningún trasfondo partidista, vanse converter de feito en actos de apoio ó BNG e a súa candidata Sra. Rey Mariño, que sen ningún reparo, vai tentar utilizar a persoas alleas á política para os seus propios intereses de cara á campaña electoral.

A Sra. Rey Mariño está actuando con absoluto desprezo cara os resultados da inspección urbanística, confundindo claramente a valentía política ca ousadía más ignorante, e sen ten en conta o máis mínimo a prudencia e respecto á legalidade que debe primar no exercicio de todo cargo público.
É absolutamente irresponsable utilizar a persoas que puideran descoñecer a ilegalidade da obra da Casa do Regadío como respaldo persoal ó BNG, pois o único que vai a conquerir a Sra. Rey Mariño é convertelas nos seus cómplices involuntarios para vergonza de todo o Concello de Dodro.