22/10/08

DECLARACIÓNS DO PP NO PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE O PXOM

Boas tardes a todos.
En primeiro lugar quixéramos manifestar que dende o Partido Popular de Dodro nos parece lamentable que para a aprobación do PXOM do Concello, que sen dúbida é unha das cuestións máis importantes que ten que decidir a súa corporación, senon a que máis importante, se convoque á oposición con tan só 3 días de antelación e a información sobre o PXOM se lle remita 24h.antes da celebración do pleno.

O Partido Popular acudeu cando foi chamado para participar nunhas reunións onde cada partido faría as propostas que considerase máis axeitadas dacordo co informe remitido pola Consellería de Obras Públicas e Urbanismo da Xunta de Galicia.

Na única reunión efectiva que se realizou, a do día 23 de abril de 2008, o PP foi o único que presentou unha proposta, que polo que se ve, foi aceptada polo equipo de goberno. Pero aí rematou todo. A partir dese momento, o equipo de goberno decideu prescindir unha vez máis do Partido Popular, despreciando unha vez máis, a todos aqueles que representamos.

O Partido Popular creía e cree, que o PXOM debería ser útil para a maior parte dos veciños, pero á vista do que eiquí se presenta, parece que esa opción non é do gusto do equipo de goberno.

Tal e como propuxo o Partido Popular, suprimeuse a zona de solo urbanizable de Lestrobe, co fin de reducir o número de vivendas, pero o equipo de goberno en lugar de aproveitar isto para aumentar as áreas de expansión, o que fixo foi cambiala de sitio e manter a zona de solo urbanizable de Bexo.

Non entendemos moi ben qué é o que se pretende con esas dúas zonas de solo urbanizable, e de xeito especial a que se mantén en Bexo. Porque a inclusión destas dúas zonas obliga forzosamente a reducir drásticamente as áreas de expansión dunhas aldeas, e noutras como é o caso de Imo e Bexo especialmente non se ven favorecidos en modo algún, manténdose e incluso reducindo ditas áreas.

Non vemos moito sentido en reducir a zona de protección de costas en Tallós cando nesa zona se podería construir perfectamente dacordo coas normas subsidiarias, e en cambio Imo e Bexo se mantén igualmente.

E supoñendo que este PXOM estará consensuado en certa medida coa Xunta de Galicia, pódese chegar á conclusión de que o Plan do Litoral de Galicia se axustará á zona de protección de costas refrexadas no PXOM, co cal, aldeas como Imo e Bexo quedarán seriamente afectadas no futuro.

Na zona de solo urbanizable de Bexo, que a súa maioría xa está edificado resérvanse máis de 50 vivendas, o que eso significa privar a 50 parcelas da posibilidade de construir. Quizáis o que se pretenda é que os veciños de Bexo se vexan obrigados a comprar o día de mañán un adosado nesa zona, aínda que antes sería interesante coñecer cómo se vai urbanizar esa zona, e si se van derribar as casas existentes para facer unha urbanización. Ou ó mellor, o único que se pretende é incluir de calquer xeito esa zona no PXOM para que non quede fora de ordenación e perder o seu valor.

Na zona de solo urbanizable de Tallós, resérvanse para 32 parcelas 160 vivendas, o que significa que se reduxeron doutras áreas de expansión como mínimo 130 parcelas con posibilidade de construir.

Que se concentren máis de 200 vivendas en tan poucas parcelas, e en cambio, as aldeas máis pobladas do Concello como Bexo, Imo e Lestrobe, teñan que reducir as súas áreas de expansión non nos parece o máis axeitado. Por non falar das zonas agropecuarias que se inclúien na zona de Dodriño-Revixós-A Igrexa, e en Tarrío, sen ningún tipo de solución de continuidade.

E si non nos referimos a outra aldeas, non é porque estemos dacordo ou en desacordo, simplemente é porque en 24h. É materialmente imposible estudar en profundidade o PXOM. Algúns tiveron 1 ano mentras que outros só tivemos 24 horas.

Pero en fin, este é o PXOM do PSOE e o BNG, feito por eles, para eles, e sen contar co Partido Popular. Certamente, non se podía esperar máis deste goberno, que a democracia e a participación veciñal as usan para falar e nunca para aplicar.