14/10/08

PSOE E BNG VOTAN EN CONTRA DE QUE O MONITOR DEPORTIVO CONTINUE

O PARTIDO POPULAR SOLICITOU ONTE EN PLENO EXTRAORDINARIO A CONTINUIDADE DO MONITOR DEPORTIVO ALFONSO FERNANDEZ
Nunha primeira exposición o Partido Popular pideu ó PSOE e ó BNG a renovación do contrato ó monitor deportivo Alfonso Fernández Domínguez, alegando a boa labor que veu desenrolando o largo de 4 anos e tendo máis que demostrado a súa capacidade, profesionalidade e ademais soubo gañarse o respeto e a consideración dos veciños de Dodro, únicamente co seu traballo, independentremente das creencias políticas de cada un.
Alegamos que non existía nin existe ningún condicionante legal que impida a continuación do monitor deportivo, ni ningún feito obxetivo que xustifique o seu despido, e así pedimos o PSOE e o BNG que recapaciten na súa decisión e escoiten ó pobo.
A concejala de Deportes, Ana Mene, dixo que non tiña ningún problema persoal co monitor, aínda que logo explicou problemas que tivo con él dende fai un ano e casi o presentou como un incompetente ante os abucheos do público asistente.
O portavoz do BNG, Anxo Franco, primeiro alabou a labor deportiva e social do monitor e atacou a concelleira de Deportes pola súa mala xestión, para rematar con un "vamos a seguir sendo leales ó pacto de goberno" e ca mesma engadíu que non iban a votar a favor da continuidade do monitor. Feito que levou ó público asistente a expresar o seu malestar por tal actitude.
O Partido Popular, en vista das declaracións feitas tanto por Ana Mene como por Anxo Franco, na súa última intervención dixolle catro verdades ó goberno bipartito:
Lamentamos profundamente que ningún dos dous partidos vaia apoiar a proposta presentada, e en cambio sí estén dispostos a perseverar nunha inxustiza á vista de tódolos veciños de Dodro.
Sra. Mene, vostede perdeu toda dignidade política o mesmo día das eleccións municipais, cando os do seu propio partido a quixeron votar. Vostede continuou porque o único que lle importa é o cargo e o soldo a fin de mes, actuando cun absoluto desprezo cara os veciños de Dodro, sin importarlle o máis mínimo, e servíndose do Concello como se fora seu.
¡Cómo pode vostede permitirse o luxo de cobrar un salario dunha institución pública por non facer nada! Porque todos sabemos que quen fai o traballo, tanto de monitor como o administrativo é Alfonso. É él quen se encarga de solicitar as subvencións, de facer os trámites, de organizar as viaxes, de organizar as actividades, de buscar os patrocinadores para que os rapaces se poidan levar as camisetas ás súas casas,etc.,etc.,etc., Eso sí, mentras vostede adícase a ler o periódico no seu flamante despacho o sr. Fernández ten que facer o traballo no polideportivo nunhas condicións pésimas.
¡E cómo pode vostede usar o nome de Alfonso unha vez que o despideu para chamar a outros monitores a que veñan a realizar as actividades! ¡Cómo se pode enviar a un novo monitor para sustituir a Alfonso sen nin siquera ter contrato! ¡Cómo pode vostede darlle as fichas con datos persoais das persoas que van a actividades a persoas que non teñen contrato co Concello!
Pero esto sendo grave e vergoñento, non é nada comparado co que vostede fixo no viaxe á neve, cando vostede levou ó seu consorte. ¿Por qué ocultou os xustificantes de pago desa viaxe? Eu voulle a decir por qué: Porque non había ningún xustificante a nome do seu consorte. E se non había ningún xustificante a nome do seu consorte, iso leva a concluir que o seu consorte foi gratis á viaxe a conta dos veciños de Dodro.
Vostede está a ocupar un cargo público de forma totalmente indigna e obscena. Porque vostede permiteu que dende fai varios meses se lle pagara a Alfonso, o monitor deportivo, cada mes, a cantidade de 200 euros por atrás, nun sobre, ocultandoo á Seguridade Social e a Facenda, convertindo o Concello de Dodro nun centro de explotación ilegal. ¡Cómo pode vostede permitir que se lle pague a un empregado dunha institución pública unha cantidade sin que sexa declarada! Sra. Mene, a súa traxectoria como Concelleira de Deportes nos últimos 17 meses, é unha vergonza para o Concello de Dodro, e dende logo, non merece vostede seguir ocupando o seu cargo nin un minuto máis.

Ós concelleiros do BNG, simplemente decirlle que unha vez máis están a actuar co cinismo que ven caracterizando a súa labor política dende que forman parte do equipo de goberno. ¡Pero qué se pode esperar de concelleiros que dende o primeiro día veñen enganando e lle ocultan a verdade ós veciños! Como a sra. Rey Mariño, que se lle enche a boca falando de Dodro, e dando leccións de qué persoas deben vivir en Dodro e cáles non. Unha concelleira que nas eleccións municipais do 2007 nin siquera votou ó seu propio partido en Dodro, unha concelleira que nas eleccións xerais de 2008 tampouco votou ó seu partido en Dodro. E non puido votar porque a sra. Rey Mariño nin siquera está censada en Dodro. Ven a pedi-lo voto para ela ós veciños de Dodro mentras ela paga os seus impostos en Santiago, mentras ela fuxe de Dodro e se vai censar a Santiago de Compostela, prexudicando ó noso concello en favor do de Santiago.

E Sr. Franco, cando se ocupa un cargo público non se pode actuar continuamente co cinismo que vostede actúa. Non se lles pode decir ós veciños que o monitor deportivo o fai moi ben e despóis colaborar no seu despido sin que existan motivos obxectivos para facelo. A menos que vostede pretenda facer nas súas concellerías o mesmo que está a facer o Sr. Díaz. É decir, practicar o enchufismo ou o amiguismo cos cartos dos veciños de Dodro, si é que non o fixo xa.

Sr. Franco, non se pode enviar ó seu fillo a 1 hora de clase de tenis, pagarlle ó monitor, como o resto dos veciños que van á clase de tenis de unha hora por semana, e logo aprobar unha factura por 4 horas de clase de tenis á semana. É decir, os veciños pagan unha hora ós monitores, e depois vostedes aproban que se emita unha factura falsa ó Concello por 4 horas. ¿E todo eso por qué? Porque deste xeito quitan os cartos do Concello para pagarlle a Alfonso os 200 euros sen declarar. ¡Cómo si de un inmigrante sen papeles se tratara! ¡Están vostedes aprobando facturas falsas no Concello! ¡Están vostedes defraudando á Seguridade Social e a Facenda Pública! ¡Pero qué clase de MORAL É A SÚA! ¡Están atracando ós veciños e son vostedes a maior vergonza do noso Concello!
E do sr. Díaz qué imos decir. Sen dúbida quedará na memoria dos veciños de Dodro como o símbolo da época máis vergoñenta do noso Concello. Fai agora case un ano, vostede contratou de xeito ilegal a unha persoa que formou parte da súa lista electoral. O contrato era por 6 meses e esa persoa xa leva 9 meses sen que conste ningunha prórroga. E en cambio vostede despide a Alfonso Fernández sen motivo algún. Ou quizáis non. Quizáis a súa soberbia, o seu cinismo, non poidan soportar que unha persoa allea á política, que non forme parte do seu círculo de amistades, teña o aprecio persoal de todos os veciños de Dodro.
Vostede é o gran consentidor de toda esta serie de ignominias, e si tivera un solo átomo de dignidade persoal presentaría a súa dimisión de xeito inmediato.
Vostedes, BNG e PSG enganaron ós veciños de Dodro, e de xeito particular ós votantes dos seus partidos.
Vostedes, non apoiando esta proposta consinten e permiten unha grave inxustiza, pero máis inxustiza é aínda se cabe, que sigan avergoñando a todo un pobo. En só 17 meses de goberno vostedes contrataron ilegalmente, enganaron a Administración Autonómica con información falsa, defraudaron á Seguridade Social e á Facenda Pública, aprobaron facturas falsas,…Sen dúbida bateron todos os récords de corrupción política.

VOSTEDES NON SON NINGUÉN, ABSOLUTAMENTE NINGUÉN, PARA XOGAR CO TRABALLO DAS PERSOAS, E MÁIS CANDO SE TRATA COMO NO CASO DE ALFONSO, DUNHA PERSOA QUE DOU MOITÍSIMO MÁIS DO QUE SE PODÍA EXIXIR POLA XENTE DE DODRO.

E a todos os que se opuxeron á inxustiza cometida con Alfonso, e ós que querendo non poideron, moitas gracias, porque gracias a vós, Dodro seguirá sendo o que sempre foi. Terra de xente traballadora e honrada. Moitas gracias.