16/4/08

O GRUPO MUNICIPAL ESCOITATE

Os concelleiros que vos representan no noso Concello e velan polos intereses de todolos veciños somos:
Valentín Alfonsín Somoza
Marisol Boga Grela
Maximino Rodríguez Borrazás
Antonio Rey Vila
María Calvo Baleirón
Somos 14 persoas as que integramos a candidatura do grupo do partido popular en Dodro, e todos e cada un de nos traballamos para os veciños e para mellorar o noso Concello.

Estamos a vosa disposición e o voso servizo para escoitaros, falar con vos, contarnos un problema ou tomarnos xuntos un café.
Xa sabedes onde atoparnos, no despacho de partidos políticos do Concello, polas aldeas e incluso nas nosas casas particulares.

Aqui tedes dous teléfonos onde podedes contactar con nos: 609864388 e 616986793
Tamén podedes escribirnos ao mail: ppdodro@hotmail.com

¡¡ NOS DEIXARON FORA DO PXOM !!

¡NON CONTAN CON NOS PARA FACER O PXOM!

O Partido Popular de Dodro desexa por de manifesto o evidente retraso que o equipo de goberno de Dodro leva acumulado na tramitación do PXOM do Concello e que o único que conleva é un maior retraso na sua aprobación definitiva por parte da Xunta.
O informe inicial da Consellería de Obras Públicas foi remitido en Outubro de 2007 e dende esa data ó Partido Popular só se lle invitou a unha reunión efectiva no mês de marzo e que sirveu para que as propostas de modificación do PXOM aportadas polo Partido Popular relativas á aldea de Lestrove foran asumidas tanto polo PSG como polo BNG.
Dende o mes de marzo o goberno bipartito exclueu ó Partido Popular de calquer tipo de reunión de traballo para analizar e propoñer as modificacións necesarias, contrariamente ó que o goberno bipartito plantexou dende un principio, e facendo crer ós veciños que estaban a participar tóda-las forzas políticas, cando A REALIDADE É QUE O PARTIDO POPULAR FOI APARTADO SIN NINGÚN TIPO DE EXPLICACIÓN OU MOTIVO, o que queremos trasladar a todos os veciños para que teñan coñecemento.
O oscurantismo co que se está a traballar no PXOM por parte do goberno bipartito, fai pensar que o que se pretende é favorecer posibles intereses personais por riba dos intereses xerais dos veciños.
O Partido Popular xa manifestou na única reunión efectiva que se produxo cas tres forzas políticas, que non estaba disposto a apoiar modificacións que supusexen tratos discriminatorios entre os veciños, e que estes debían ser tratados coa máxima igualdade e consideración, dacordo ca normativa urbanística.
En opinión do Partido Popular a total falla de información sobre as posibles modificacións do PXOM o único que persegue é que os veciños teñan o mínimo coñecemento das modificacións que se propoñan e reducir así as posibles alegacións que se poideran facer.
Unha vez máis o goberno bipartito fai gala do seu verdadeiro talante, que nada ten que ver coa transparencia e valores democráticos máis básicos.

SE BUSCAN 10.000 PADRES Y MADRES DISPUESTOS A ADOPTAR NIÑOS ABORTADOS

SE BUSCAN 10.000 PADRES Y MADRES DISPUESTOS A ADOPTAR NIÑOS ABORTADOS
Hazte voluntario para llegar a las 100.000 adopciones simbólicas.
¡Entre todos podemos parar el aborto!. Únete a esta campaña pinchando el siguiente enlace: http://www.hazteoir.org/node/14211
HazteOir.org ha iniciado una campaña en colaboración con el Grupo Intereconomía solicitando voluntarios que estarían dispuestos a adoptar un bebé cuya madre haya decidido abortar.
Entre todos, podemos hacer ver a nuestro Gobierno y a la sociedad española que el aborto no sólo es un crimen, sino que existen alternativas mucho más humanas y válidas para un embarazo no deseado.
Pedimos tu colaboración en esta campaña pues nos hemos marcado como objetivo que el número de voluntarios supere ampliamente el número de abortos, que en España supera la cifra de 100.000 en el último año.
Tu ofrecimiento como voluntario NO IMPLICA una adopción automática, pues éstas sólo pueden realizarse a traves de las vías legales establecidas al efecto. Se trata, por tanto, de un gesto más simbólico que real, pero que debe estar guiado por el firme deseo de impedir con todos los medios posibles la generalización y liberalización total del crimen de aborto.

AS NOSAS QUEIXAS DERON FROITOS

Despois de reiteradas queixas presentadas por este grupo político ante o Colexio de Secretarios, ante o Valedor do Pobo e ante a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, solicitando a substitución do Secretario municipal en acumulación D. Manuel Quintáns Queiruga, o fin deu seus froitos.

O día 21 de maio recibimos unha comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia onde se dicía textualmente:
“ A maior abondamento, sinalar que a acumulación outorgada atopase condicionada a solicitude por habilitado estatal de dito posto en nomeamento provisional,
podéndolle adiantar que nestes días o posto en cuestión foi solicitado por unha secretaria-interventora en expectativa de nomeamento.”

A nova Secretaria-Interventora do Concello tomou posesión do seu cargo o luns 9 de xuño.

¡ OS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR ABANDOAN O PLENO !

O 25 de abril ás 8 do serán celebrouse no Concello o pleno ordinario correspondente a ese mes, e no transcurso do pleno ás 20:50 horas o secretario D. Manuel Quintáns invocou unha cuestión de orde para abandoar o pleno, manifestando que fixo delegación, por ter que acudir a outro no Concello de Catoira no que é secretario titular.
Nese momento pasou a actuar como secretaria a funcionaria María José Rodríguez Expósito, quen realiza as funcións de tesoreira no Concello.
O Partido Popular nese momento solicitamos copia do nombramento da funcionaria e da delegación, contestando o alcalde Sr. Díaz que tal delegación constaba no expediente do pleno que se había posto a disposición dos concelleiros. ESTO É MENTIRA.
No expediente do pleno ó cal tivemos vista o mércores día 23 non constaba tal documento, o cal lle fixemos saber ó alcalde nese mesmo intre, ao cal fixo caso omiso, ignorounos e daba o turno de palabra a unha concelleira do PSOE sobre outro tema.

Os concelleiros do Partido Popular non estábamos dispostos a soportar novamente a ignorancia e “pasotismo” do alcalde e demais concelleiros do equipo de goberno, polo que insistimos en ver a delegación á que non tivemos acceso sen deixar continuar o pleno.
O alguacil do Concello trae o expediente do pleno e a funcionaria exercendo de secretaria entrega a mencionada delegación ós concelleiros do Partido Popular.
O documento de delegación estaba feita polo secretario e sen firmar polo que en ese momento os concelleiros do Partido Popular, ante a mentira vertida do alcalde, deciden abandonar o salón de plenos. O secretario en funcións non ten potestade para delegar de xeito unipersonal a súa función. Esta delegación debe facela o alcalde.
Tamén temos que manifestar que a función de tesoreira que exerce no Concello a funcionaria María José Rodríguez é incompatible co cargo de secretario, debendo procederse en tal caso ó nomeamento dun tesoreiro sustituto, cousa que non se fixo tampouco.

Esta é a segunda vez que suceden estos feitos nun pleno, facendo o alcalde e demais concelleiros do equipo de goberno caso omiso ás nosas manifestacións.
O equipo de goberno quere facer ó seu antoxo pero deron con unha oposición que non está disposta a eso, e que pensa que POR ENCIMA DE TODO DEBE PREVALECER A LEGALIDADE en todas as actuacións, e por descontado non vai tolerar a MENTIRA.

ONDE SE PODE CONTRUIR AGORA SEGÚN AS NORMAS SUBSIDIARIAS VIXENTES