21/1/08

¡¡¡ GRACIAS !!!

ELECCIÓNS GENERAIS 2.008
PARTIDO POPULAR
1.029 votos
PSE-PSOE
694 votos
BNG
422 votos
¡ GRACIAS A TODOS POR CONFIAR EN NOS !
ELECCIÓNS MUNICIPIAS 2.007
PARTIDO POPULAR
988 votos
PSE-PSOE
706 votos
BNG
573 votos
¡ GRACIAS A TODOS OS VECIÑOS !

ANXO FRANCO, O TENENTE ALCALDE FALA DE MAIS E LOGO ESCONDESE

Información sacada de:
http://dodrocity.multiforos.es/


Acivro (ANXO FRANCO, tenente-alcalde)
Dodrense Común

Rexistrado: 03 Mar 2007
Ubicación: Bexo - Dodro
Publicado: 05 Mar 2007 11:41


Moi boas. Eu son Anxo, de Bexo. E debo ser o único que atopou este foro por casualidade, naufragando, digo navegando por internet. Mmmmmmm, non vos coñezo a ningún, pero ou moito me engano ou creo que ao voso lado son un avó Bueno, a darlle algo de vidilla a este foro e que non se diga que Dodro non avanza cara as novas tecnoloxías Saúdos para todos e bicos para elas.

Publicado: 06 Mar 2007 14:57

eno,polo ke vin no foro de politiqueo este ano volveuxe tocar a ti,asique haber se desta vai a vencida. [Isiña, non ie ando sacando fotos a todo o mundo por ai en diante xD na+ leer "Eu son Anxo, de Bexo" o unico que coñezo que se presente como Anxo por esas terras era el asike mirei no google pa sacar o apellido e se non me equivoco o nome completo é Anxo Manuel Franco Vidal non? e aparte de posible alcalde, Técnico Superior En Prevención Riscos Laborais. se acertei, podedes ver os inconvintes de meterse en política, que despos andas os nosos datos por aí perdidos.

ANXO FRANCO RESPOSTA:

Publicado: 07 Mar 2007 12:36

mimadriña, vai a haber que andar con pes de plomo por aquí, que logo un quere disir unha parvada e x'o coñesen. Só que até o de agora nunca fun candidato a alcalde, o anterior foi Ricardo, que logo deixouno. E o de contertulio estiven botándolle unha ollada ao de cotilleos e gústame máis có de politiqueo, pero non conoso a ninguén de quen cotilleades, e como tampouco me gusta falar dos cotilleos que só sei eu... pois quedeime caladiño coma unha puta.


¿SOBRANLLE ALGÚNS VECIÑOS?

ANXO FRANCO DI:

Publicado: 05 Mar 2007 12:22

Jajajajaja, como diciamos nós fai anos había que cortar a pista que vai de Bustelo a Teaio para que non poidan baixar a votar.

¿QUE PENSA DO ALCALDE E CONCELLEIROS DO EQUIPO DE GOBERNO?

ANXO FRANCO DI:

Publicado: 14 Mar 2007 23:58
E que queres que che diga, pero teño moitísima máis confianza na capacidade de xestión que poida ter Javier o do PsoE ca Arturo. E xa non falemos á hora de expresarse en público.

Publicado: 15 Mar 2007 09:45
E Javier foi o candidato do PsoE antes ca Arturo. E de política e xestión municipal sabe bastante máis ca Arturo, pero non lle cae tan ben á xente. Éche o que hai.

DESPOIS DE VER A REVISTA DO PARTIDO POPULAR ONDE SAEN ESTAS E OUTRAS DECLARACIONS DO TENENTE ALCALE, ESTA MAÑAN "DESAPARECEU" DO FORO INTENTANDO BORRAR CALQUER RASTRO DO SEU PASO POR EL:

Publicado: 04 Mar 2008 00:42
Acivro (ANXO FRANCO) mandoume borrar todalas suas mensaxes máis o nick. Por aí andarán os tiros... vaia.

¡O SECRETO MELLOR GARDADO DO EQUIPO DE GOBERNO!

¡ O PACTO DE GOBERNO! ou se o prefiren, ¡O ACORDO DE GOBERNO ENTRE PSOE E BNG!
Algúns puntos a destacar deste acordo:
"Principio de unidade de xestión e de solidariedade: O goberno municipal, como órgano único e colexiado, actuará con cohesión, lealdade e apoio mutuo, responsabiliándose de xeito conxunto e solidario do funcionamento do concello."
Según esto, das ilegalidades cometidas por calquera deles son responsables TODOS. E como todos ben sabedes, fai meses que vimos denunciando ilegalidades cometidas tanto por concelleiros do BNG coma por concelleiros do PSOE.
"G.- Xestionaremos o concello de xeito democrático"
¿E democracia non deixar falar ós concelleiros da oposición?, ¿tardar incluso meses en facilitarnos documentación que solicitamos por escrito?, ¿non facilitarnos copia absolutamente de nada do que pedimos?, e o máis importante, ¿Mentirnos?, ¿darlle cita (porque agora todo vai por cita) a un veciño e o dia da cita que non o atendan?, ¿e decirlle a un operario que diante de esa casa non faga un traballo porque os da casa son do PP?
Pois non, iso non é democrácia. Nin para nos nin para ningún veciño.
¡Iso é facer o que lles ven en gana!
"Promoveremos fórmulas para que os veciños e veciñas sexan partícipes das decisións, dotándonos dun Regulamento de Participación Cidadá"
A participación da que falan é chamar por teléfono e mandar sms para que os 20 de sempre do BNG e os 5 de sempre do PSOE veñan a un Pleno a arropalos, aplaudilos e de paso si se tercia montar un pouco de gresca. Así entre a xente creense arropados, desvian a atención para non ter que responder de acusacións e dedicánse a sonreir e dar mítines políticos. Estas son as maneiras e formas que teñen de gobernar e de mirar polo noso Concello. Sin olvidarse por suposto, de sair na prensa e dar bombo e platillo cando fan algunha cousa como inaugurar un parque ou dar unha charla. Sería mellor que se dedicaran a traballar para gañar o soldo que cobran en lugar de tanta festa para dúas cousas que fan. Cousas que por certo a gran maioría deixounas feitas o goberno anterior.
Esta claro que nos teñen medo, MOITO MEDO.
¿Por qué será?
"Dedicación exclusiva do Tenente de Alcalde, valorada en 18.600 euros, brutos/anuais, e para as dedicacións parciais do grupo municipal do P.S. de G-PSOE, plo mesmo importe total"
Por suposto de cobrar non se olvidaron
O primeiriño Anxo Franco, que corríalle prisa en asegurar un bo soldo ¿Por qué será?
"Despachos e espacios propios: Dentro do marco da negociación, e a petición do BNG, acordase a reestructuración, e redistribución, dos espacios de traballo, así como a creación de un espacio para a Tenencia de Alcaldía, que será o que na actualidade está destinado a Alcaldía. Para a Alcaldía, habilitarase outro espacio nun local existente na planta inferior."
Xa dende o principio vese quen manda. O BNG manda e ordea e o PSOE di amen. O Alcalde para a planta baixa, que se lle habilite un local, que co despacho do alcalde quedase Anxo. ¡Faltaría máis!, Que o despacho é máis grande e estar na planta noble viste moito.
Así que aquí temos, por un lado o BNG con ansias de poder, de mandar e de ter o que nunca tiveron. E por outra banda o PSOE sumiso acatando todas as órdenes que lle den.
¿Pero acaso non sabe o PSOE o boca a boca dos veciños? Que si están acabados, que si Arturo non é ningén e nin siquera sabe falar, que os que mandan son Anxo e Victoria, que o BNG está a traballar para quedarse cos votos do PSOE, etc.
Acaso si o sabe pero dalle igual. Eso de que lle chamen "alcalde" e ser alguén (aínda que sexa só de nome) debe telo embobado.
Señores, con clase nacese, non se fai. E o equipo de goberno por moito que o intente non ten ningunha.
E AGORA, SEÑORES DO PSOE, SEÑORES DO BNG, MIRENSE Á CARA E EMPECEN A BUSCAR E A PREGUNTARSE COMO É QUE O PARTIDO POPULAR TEN O PACTO DE GOBERNO

¡ DODRO CON RAJOY !


O 26 DE XANEIRO 100 VECIÑOS DE DODRO FOMOS A SANTIAGO A APOIAR Ó NOSO NOVO PRESIDENTE





























MAIS DE 11.000 PERSOAS ENCHEMOS O MULTIUSOS DO SAR PARA APLAUDILO

DODRO TAMEN ESTIVO CON RAJOY