En opinión do Partido Popular, esta lexislatura do goberno PSOE-BNG foi unha lexislatura marcada pola profunda decepción que causou entre vos veciños de Dodro a acción de goberno de socialistas e nacionalistas.
Na nosa opinión, a acción desenrolada polo goberno PSOE-BNG é a que corresponde a un goberno ó que non lle preocupa en absoluto gañarse a confianza dous seus electores nin procurar o beneficio dous seus veciños, senón que a súa única preocupación é que o Partido Popular non obteña a maioría suficiente para poder gobernar en solitario. Non fai falta senón revisar os seus programas electorais e decatarse dos seus reiterados incumprimentos.
Ninguén podía esperar que o goberno PSOE-BNG ía destacar pola continuas e repetidas ilegalidades, polas profundas discrepancias entre ambos os dous partidos e por unha serie de accións absolutamente contrarias aos intereses e demandas dos veciños.
No primeiro apartado, cabe recordar as seleccións de persoal realizadas polo PSOE vulnerando os principios legais máis evidentes, creando prazas que en principio terían unha duración de meses e prolongáronse ata o día de hoxe. Xa máis próximo, cabe sinalar a imputación do Alcalde Arturo Díaz Díaz polo pagamento de 200 euros a un funcionario utilizando presuntas facturas falsas, e o informe da APLU sinalando o incumprimento das normas urbanísticas da obra do Centro de Artes Escénicas promovida polo BNG tras gastarse máis de 150.000 euros.
A iso habería que sumar a condena xudicial ao alcalde por agresión a unha persoa no propio edificio do Concello, e tras o cal, o BNG "imperturbable" mantivo o seu apoio máis absoluto nun caso sen precedentes. Apoio que volveu poñerse de manifesto máis recentemente tras descubrirse o acoso laboral ao que foron sometidas dúas funcionarias do concello e a pesar de que segundo a tenente-alcalde do BNG, Sra. Rey Mariño, a política laboral do Sr. Díaz era "arbitraria e incoherente".
Tal actitude do BNG ante casos tan flagrantes non fan senón poñer de relevo que para o BNG non existe ningún tipo de límite moral ou legal, con tal de manter a súa cota de poder.
A submisión do PSOE ao BNG foi absoluta durante estes últimos catro anos, usurpando o BNG de forma clara áreas do goberno que en principio lle corresponderían ao PSOE. O afán de protagonismo do BNG e da seu tenente-alcalde Sra. Rei Mariño acantou durante esta lexislatura o PSOE que se viu totalmente desbordado e incapaz para facer fronte minimamente ás necesidades do noso concello.
A submisión do PSOE ao BNG foi absoluta durante estes últimos catro anos, usurpando o BNG de forma clara áreas do goberno que en principio lle corresponderían ao PSOE. O afán de protagonismo do BNG e da seu tenente-alcalde Sra. Rei Mariño acantou durante esta lexislatura o PSOE que se viu totalmente desbordado e incapaz para facer fronte minimamente ás necesidades do noso concello.
As obras da autovía que xeraron graves problemas aínda sen resolver como as inundacións da veiga de Lestrove, ou máis recentemente as obras do Tren de Alta Velocidade que deixaron intransitables boa parte das estradas municipais dan boa proba del.
A iso súmase a absoluta incompetencia para vixiar a execución das obras que o goberno BNG-PSOE contratou, e que crearon graves problemas aos veciños como o pavimentado da aldea de Imo e Revixós, o souto de Manselle ou a rede de sumidoiros de Bexo que non pode ser utilizada por estar mal executado.
E todo iso causando un grave prexuízo económico ao Concello e aos seus veciños, pois tal e como o propio BNG-PSOE recoñeceu, o concello de Dodro deixou de percibir 178.000 euros de subvencións xa concedidas a causa da súa pésima xestión.
A iso súmase a absoluta incompetencia para vixiar a execución das obras que o goberno BNG-PSOE contratou, e que crearon graves problemas aos veciños como o pavimentado da aldea de Imo e Revixós, o souto de Manselle ou a rede de sumidoiros de Bexo que non pode ser utilizada por estar mal executado.
E todo iso causando un grave prexuízo económico ao Concello e aos seus veciños, pois tal e como o propio BNG-PSOE recoñeceu, o concello de Dodro deixou de percibir 178.000 euros de subvencións xa concedidas a causa da súa pésima xestión.
A absoluta desidia coa que o BNG actuou na aldea de Teaio provocando que Telefónica desistise de instalar un repetidor de telefonía móbil constitúe un claro exemplo da enorme distancia que mediou entre goberno municipal e os veciños durante estes últimos anos, así como as beirarrúas construídas recentemente na Devesa de Lestrove ou a instalación de aseos portátiles que a Sra. Rey Mariño defendeu recentemente en pleno.
A outro nivel, as continuas disputas que o goberno de Dodro vén mantendo co veciño Padrón polo deslinde cada vez que se aproximan as festas de Pascua, dan paso a situacións non xa ridículas senón absolutamente vergonzosas e humillantes para o noso concello. Este conflicto que vén repetíndose dende hai catro anos deixa ao descuberto a absoluta incompetencia do goberno PSOE-BNG para xestionar situacións case infantís e en cambio mostra a súa enorme capacidade para xerar problemas absurdos.
Pero quizais o que mellor resume a actuación do goberno PSOE-BNG durante estes últimos anos é que o concello de Dodro é coñecido por ter un alcalde "pegón" e por unha tenente-alcalde do BNG que promove obras públicas ilegais e que ante o acoso ao que foron sometidas dúas mulleres funcionarias recolle a súa pancarta de apoio e defensa das mulleres, e a garda nun caixón.
Pola contra, dende o Partido Popular durante estes últimos catro anos tratamos de presentar propostas para solucionar os problemas que afectaban aos veciños, e que todos podiamos prever salvo os membros do goberno PSOE-BNG. Incomodados polas iniciativas do Partido Popular, negaron o seu apoio sistematicamente a estas propostas, intentando xerar un rexeitamento por parte dos veciños, en lugar de solucionar os seus problemas. O resultado é unha lexislatura na que se desbordou unha enorme cantidade de recursos públicos e das comunidades de montes sen que o concello de Dodro e os seus veciños se visen beneficiados en idéntica proporción.
A pesar das continuas trabas impostas polo goberno PSOE-BNG co fin de ocultar as súas actuacións, dende o Partido Popular cremos que fixemos un digno labor de oposición a pesar de contar co maior respaldo dos veciños de Dodro, e que en circunstancias normais debería ser suficiente para poder gobernar.
Sempre que tivemos oportunidade loitamos por conseguir o mellor para o noso concello, e aí están a xeito de exemplo a construcción de beirarrúas na estrada AC-305 ao seu paso por Lestrove, o retellado da casa de Dodro e as xestións realizadas ante a Xunta de Galicia para que o PXOM fose aprobado antes do Plan do Litoral co conseguinte beneficio para o noso concello, así como as numerosas xestións en favor de veciños do noso concello.
Tanto o PSOE coma o BNG esperaban unha oposición absolutamente submisa e cómplice dos seus actos, e que permanecese calada e muda ante todos os seus abusos e desmandos.
Na nosa opinión, o absoluto desprezo que tanto o PSOE coma o BNG mantiveron cara a calquera iniciativa do Partido Popular conduciunos a cometer enormes erros de xestión e investimento co conseguinte prexuízo para os nosos veciños. Esqueceron que o compromiso do Partido Popular está cos seus veciños e é ante eles ante os que renderemos conta das nosas actuacións, durante estes últimos anos como oposición e a partir do 22 de maio esperamos que como equipo de goberno serio e eficaz.
LINEAS XENERAIS DO NOSO PROGRAMA
LINEAS XENERAIS DO NOSO PROGRAMA
Todos os indicios apuntan a que a situación económica actual do concello de Dodro é considerablemente peor á que hai 4 anos recibiron o PSOE-BNG e iso a pesar dos 483.000 euros que recibiron das comunidades de montes, é dicir, do patrimonio dos propios veciños. A iso súmase, a difícil situación pola que atravesa o noso país, con considerables reduccións nos ingresos de todas as administracións.
Por iso, o Partido Popular formulará un programa para os próximos catro anos de posibilidades reais que se axuste á situación actual e que sexa útil e responda aos verdadeiros intereses dos nosos veciños.
No noso programa electoral para a próxima lexislatura, no apartado de obras, o Partido Popular centrarase en reparar as obras mal executadas do goberno PSOE-BNG e en atender estrictamente as necesidades que os veciños nos veñen demandando.
Por outro lado, e tendo en conta a actual conxuntura económica, centrarémonos nos sectores sociais máis desfavorecidos, cunha especial atención ás familias, novas e maiores. Instauraremos novas medidas que incidan directamente na mellora da situación económica destes sectores de poboación.