5/3/11

O PP DE DODRO PRESENTA A SÚA CANDIDATURA

UN ACTO ARROUPADO POR 500 PERSOAS


O venres 4 de marzo cerca de 500 persoas arrouparon o Partido Popular de Dodro na presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais.
Acto no que tamén estivo arroupado pola cúpula do PP de Galicia entre os que se encontraban Diego Calvo Secretario Provincial, Jose Manuel Alvarez Campana Secretario de organización e Presidente de Portos de Galicia, a senadora Mª Jesus Sainz, o senador e alcalde de Ribeira Jose Luis Torres Colomer, as deputadas Paula Prado e Maria Seoane, os alcaldes de Rois, Lousame e O Pino e os alcaldables de Padron, Rianxo, Ames, Brion, Vedra e Teo entre outros.

O equipo está encabezado por Valentín Alfonsín ao que lle sigue Marisol Boga, Maximino Rodriguez, Maria Fernandez, Jose Nuñez, Cristina Codesido, Jose Baleiron, Graciela Carou, Angel Jamardo, Adriana Soñora, Pablo Rial, Maria Calvo e Jose Manuel Rodriguez Alvarez.

Un equipo no que están representadas as tres parroquias do Concello. Un equipo unido, con ganas de traballar, de loitar polos intereses de Dodro e disposto a escoitar ós veciños. Persoas que traballan e traballaran por Dodro. Persoas que dende a humildade demostrarán a súa capacidade de xestión e sentido común.

Abriu o acto Marisol Boga falando do traballo, capacidade de xestión e do equipo que esa tarde presentaron, e finalizou agradecendo a presencia dos veciños e membros da cúpula do PP de Galicia.
Continuou Alvarez Campana agradecendo o traballo de Fernando Vila Brion e abogou por retirar “o carneiro” que se instalou no Concello fai catro anos.

Diego Calvo na súa intervención defineu a Valentín Alfonsín como “modelo de esforzo continuo” e “como a alternativa a un goberno local desgastado e sen ideas”. Explicou ós veciños a nova Lei de Augas, e votou por terra as mentiras que o BNG de Dodro está a facer circular entre os veciños.

Pechou o acto Valentín Alfonsín facendo un repaso da xestión do bipartito cunha presentación de diapositivas, poñendo de manifesto o fracaso e ineficacia do goberno actual á hora de executar obras e as innumerables promesas electorais do PSOE e o BNG incumpridas.
Fixo mención especial aos cartos que os comuneiros de Dodro aportaron ó goberno actual e ás subvencións perdidas debido a súa pésima xestión.
Criticou especialmente a Victoria Rey por “apropiarse” de méritos que non lle corresponden como a creación da escola infantil de Dodro ou o Centro de Día.

Pechou o acto presentando a candidatura e recordando aos homes que iniciaron a andadura de Dodro creando a escola de Tallos.

Os numerosos veciños que enchían o salón do Pazo de Lestrove romperon nun aplauso unísono durante varios minutos.

¡POR VOS E PARA VOS.... CONTINUAMOS TRABALLANDO!
GRACIAS VECIÑOS DE DODRO