A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández, e polo director xeral de Agader, Antonio Crespo, reunironse co equipo de goberno no concello para tratar diversos temas de interés para Dodro e posteriormente visitaron as obras de pavimentación realizadas na praza pública da Casa da Cultura de Tallós.
O orzamento das obras superou os 35.000 euros, cunha achega da Xunta –a través das axudas para proxectos dinamizadores do medio rural– do 86,26% do total (algo máis de 31.000 euros).
No concello de Dodro están tamén previstas ou en execución outras obras de mellora de infraestruturas no rural financiadas polo departamento que dirixe Rosa Quintana, caso do acondicionamento e mellora da escola infantil, xa en execución ou de mellora dos camiños na parroquia de Bexo cunha inversión de 90.000 €.