O COMITÉ ORGANIZADOR DO CONGRESO ESTÁ FORMADO POR:
Presidente:
Fernando Vila Brión
Secretaria:
Mª Soledad Boga Grela
Voais:
Maximino Rodríguez Borrazas
Mª del Carmen Fernández Chaves
Jose Baleirón Rey
REGULAMENTO PARA O CONGRESO
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º
De conformidade
cos vixentes Estatutos e Regulamento de Organización do Partido Popular e
segundo acordo do Comité Executivo Provincial de data de 28 de Xaneiro de 2014, convócase o Congreso Extraordinario do
Partido Popular de Dodro, a celebrar o día 15 de Marzo de 2014 no Auditorio da
Paxareira en Dodro a partir das 11:30 h.
Artigo 2º
Encoméndase á
Comisión Organizadora nomeada polo Comité Executivo Provincial, o impulso, coordinación
e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso.
A Comisión
Organizadora, estará integrada por un Presidente, un Vicepresidente, un
Secretario e dous Vocais.
A Comisión
Organizadora do Congreso debaterá e aprobará, se procede, a programación
concreta e cantos outros acordos cumpran para o desenvolvemento do presente
Regulamento, aclarar, concretar e, en definitiva, asegurar a adecuada
preparación e celebración do Congreso.
Os seus acordos
deberán ser adoptados por maioría e das súas reunións levantaranse as
correspondentes actas de cuxo contido se dará traslado aos órganos do Partido.
Artigo 3º
En consecuencia
todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso rexerase polo
presente Regulamento, e os acordos do Comité Organizador adoptados en
desenvolvemento do mesmo.
Durante a
celebración do Congreso, ditas competencias serán asumidas polo presidente, que
dará conta á Mesa do Congreso.
TÍTULO
PRIMEIRO
COMPETENCIAS
E COMPOSICIÓN DO CONGRESO
Artigo 4º
De conformidade
ao establecido nos Estatutos, o Congreso é o órgano supremo do Partido en Dodro,
define os principios, fixa os programas e estratexias e elixe os representantes
nos órganos de dirección do partido.
Artigo 5º
As competencias
do Congreso son as que se determinan nos Estatutos do Partido.
Artigo 6º
Serán
compromisarios todos os afiliados ao Partido no concello de Dodro que asistan
ao Congreso e que, tendo a condición plena de afiliado, de acordo co sinalado
no artigo 4º dos Estatutos do Partido, non se atopen suspendidos de militancia,
ou teñan restrinxidos os seus dereitos por algunha outra causa.
TÍTULO
SEGUNDO
FUNCIONAMENTO
DO CONGRESO
Artigo 7º
A Comisión
Organizadora declarará validamente constituído o Congreso na hora, data e lugar
da súa convocatoria, independentemente do número de afiliados presentes,
seguíndose, a partires dese momento o programa que fose aprobado polo Comité
Organizador.
Artigo 8º
No acto
inaugural do Congreso, a Comisión Organizadora propoñerá ao Pleno a composición
da Mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple. Se non se aceptase a
proposta, abrirase un prazo de 30 minutos, durante os que se poderán presentar
candidaturas completas para a Mesa, avaladas por un 15% dos asistentes como
mínimo, non podendo avalarse por cada asistente máis de unha candidatura. Será elixida
a candidatura que obteña máis votos.
Artigo 9º
A Mesa estará
composta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e dous Vocais,
todos eles afiliados.
Artigo 10º
Constituída a
Mesa do Congreso, esta deberá anunciar o oportuno acordo de aprobación do
Regulamento, dando lectura ás disposicións que terán que rexer os traballos do
mesmo.
Artigo 11º
A Mesa do
Congreso dirixirá, moderará e ordenará os debates, velando en todo momento pola
boa marcha do Congreso.
As decisións da
Mesa adoptaranse por maioría simple, tendo o Presidente, en caso de empate,
voto de calidade.
Corresponde á
Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretando en casos
de dúbida e suplilos nos de omisión.
Artigo 12º
Corresponde ao
Presidente, no nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión;
autorizar o uso da palabra e fixar, á vista das peticións de intervención, o
número máximo de intervencións e a duración das mesmas.
TÍTULO
TERCEIRO
O
ÓRGANO DIRECTIVO E A SÚA ELECCIÓN
Artigo 13º
O Congreso
elixirá en lista cerrada ao Presidente e ós vocais do Comité Executivo, en
número mínimo de vintedous, mediante sistema de voto maioritario a unha soa
volta.
Ningún afiliado
poderá figurar en dúas ou máis candidatura, nin avalar coa súa firma máis de
unha.
Artigo 14º
Poderán ser elixidos
membros do Comité Executivo Local aqueles afiliados ao Partido Popular que
figuren no Censo do Partido.
Artigo 15º
A elección do
Comité Executivo farase mediante lista pechada e votación secreta, utilizando
listados e furnas facilitadas pola Comisión Organizadora.
Artigo 16º
O prazo máximo
para a presentación de candidaturas será o 13 de Marzo ás 21:30 horas no local
do Partido Popular de Dodro.
Artigo 17º
As candidaturas
gardarán a forma recollida polos Estatutos e estarán avaladas por, alomenos, 15
sinaturas de afiliados.
A Comisión
Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval. O impreso para a
recollida de avais seralle facilitado ao representante de cada candidatura,
sendo necesario para a expedición do referido impreso que o dito representante
preinscriba diante da Comisión Organizadora unha candidatura composta, alomenos
por un candidato a Presidente e vintedous vocais, candidatura que será pública
e accesible ao coñecemento de todos os posibles avalistas, a data para a
preinscribir a candidatura e polo tanto solicitalos impresos de avais ábrese a
partir do día 28 de Febrero, tendo que facerse no Local do PP de Dodro no seu horario ordinario. Os integrantes de
cada candidatura deberán firmar a mesma e acompañar copia do DNI. Antes de
proceder a expedición do impreso de avais, a Comisión Organizadora comprobará
que os integrantes de cada candidatura
cumpren cos requisitos correspondentes. Non se admitirán avais que non figuren
no modelo oficial aprobado pola Comisión.
Artigo 18º
Os/as candidatos/
das candidaturas presentadas en tempo e forma, farán unha exposición previa á
votación do seu programa, do seu plan de actuación e da súa candidatura,
durante o tempo fixado pola Mesa do Congreso, que determinará a orde de
intervención.
Artigo 19º
Para a votación
constituirase unha Mesa Electoral, que estará formada por un Presidente e un
Secretario, nomeados pola Comisión Organizadora do Congreso e ás que se poderá
incorporar un interventor por cada candidatura proclamada.
Artigo 20º
Queda prohibido
facer campaña ou distribuír papeletas sinaladas no interior do recinto no que
se celebren as votacións.
Aquelas persoas
ou grupos de persoa que incumpran o disposto no parágrafo anterior poderán ser
obxecto do procedemento disciplinario recollido nos Estatutos do Partido.
Artigo 21º
Os asistentes,
no momento de depositar o seu voto, acreditarán a súa identidade, mediante DNI,
pasaporte ou carné de conducir orixinais.
Artigo 22º
Unha vez
finalizada a votación as Mesas Electorais farán os correspondentes escrutinios
que serán remitidos á Mesa do Congreso, que anunciará os resultados e
proclamará a candidatura que obteña máis votos válidos. No caso de que só se
presente unha candidatura, o Presidente da Mesa poderá solicitar da Asemblea a
súa proclamación por aclamación, non efectuándose, neste caso, votación
algunha.
TÍTULO
CATRO
IMPUGNACIÓNS
Artigo 23º
Para as
impugnacións que afecten ao desenvolvemento do Congreso, será competente o
Comité de Dereitos e Garantías de Galicia. Estas impugnacións presentaranse nun
prazo máximo de corenta e oito horas desde a finalización do Congreso.
Artigo 24º
O procedemento
para realizar as impugnacións será o seguinte: as impugnacións serán
presentadas diante da Mesa, que resolverá durante a celebración do Congreso,
incluíndo na Acta as modificacións nas que se fundamenta a súa resolución. A
resolución da Mesa será apelable diante do Comité de Dereitos e Garantías de
Galicia, no prazo máximo de corenta e oito horas, despois da celebración do
Congreso.