En referencia á xuntanza en Dodro convocada polo BNG de Dodro e o sindicato labrego galego sobre a Lei de Montes o Partido Popular informa do seguinte:
1. O proxecto de Lei de Montes de Galiza está en trámite parlamentario.
• Efectivamente, chega ao trámite parlamentario o primeiro proxecto de lei que regulará este importante espazo territorial galego e o seu aproveitamento → deixamos un borrador en 2005 e eles non a tramitaron ata que en 2009 presentaron o seu → catro anos de parón.
• É unha lei debatida e redactada da man do sector:
o Mantivéronse máis de 30 xuntanzas con 20 organizacións do Consello Forestal de Galicia
o Recibíronse 345 achegas de 37 organizacións/persoas no período de exposición pública → máis do 75% dos artigos (170) sufriron modificacións
2. Se están preparando os montes para que os xestionen as empresas.
• Tratan de terxiversar a realidade → este proxecto de lei fomenta a unión dos pequenos propietarios e a xestión do monte:
o Consolidando a figura xurídica das agrupacións de propietarios forestais (SOFOR) →
permite unha explotación económica organizada do monte sen perder a propiedade
virán a ser un xeito de “cooperativas de propietarios” (sempre voluntarias) que funcionarán conforme a unha explotación empresarial do monte (sen perder a propiedade).
3. A nova Lei de Montes fomenta:
a. A xestión privada
o Non menten → o 98% do monte galego é de propietarios privados → ten todo o sentido que cada propietario xestione o seu, en solitario ou mediante formas asociadas (SOFOR).
b. A forestación de terras agrarias
o Menten → non leron os artigos 58 a 62 do proxecto de lei → en especial o artigo 61, que regula o paso de usos agrarios a forestais → Soamente os terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto abandono e que estivesen adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento semellante, por un período de polo menos dous anos, se poderán forestar logo de comunicarllo á Administración.
c. Converte o noso territorio en pasto para os lumes.
o Menten → precisamente fai especial fincapé en reformular diversos aspectos difusos e inconcretos da Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.
o Son estes mesmos os que nos falan de incendios cando:
Reducimos, en 2009-2010, a cifra de hectáreas queimadas nun 75% respecto ao bienio 2006-2007.
A superficie media queimada por incendio reduciuse nun 58% en 2011 respecto de 2006.
o Son estes os que nos acusan de non facer prevención e reducir os medios contra os lumes forestais cando:
Desde 2009 en adiante aumentamos nunha media do 28% a cifra de hectáreas sobre as que se realizan tarefas de prevención contra o lume.
Non reducimos nada aínda a pesar da crise → eles en 2006 reduciron os medios humanos e os helicópteros en máis dun 30% e cancelaban o convenio polo que o Exército actuaba nas tarefas de prevención e loita contra o lume.