21/9/09

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA

¿Que axudas proporciona a Consellería de Educación para libros e material escolar?
Os importes das axudas son os seguintes:
- 180 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 € per cápita (5.400 € por cada un dos membros da unidade familiar).
- 104 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 9.000 € per cápita (é dicir, 9.000 € por cada un dos membros da familia).
- 250 € para cada neno de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar.
- Se nas familias hai membros con discapacidade superior ao 33%, ese membro conta por dous á hora de calcular as axudas.
Para calcular o importe da axuda só hai que dividir os ingresos totais do fogar entre o número de membros, é dicir, sumando os importes dos recadros 455 e 465 das declaracións da Renda do ano 2008 e dividindo esta cifra entre o número de membros da familia.
¿Que idades ou cursos son os posibles beneficiarios desas axudas?
A bolsa é para alumnos de 1º, 2º, 5º ou 6º de primaria con determinado nivel de renda, e para todos os alumnos de Educación Especial en centros ordinarios.
Non se refire a alumnos matriculados en primaria aínda que teñan adaptación curricular ou algún tipo de reforzo educativo.
Este ano non están incluídos nas axudas os alumnos de 3º e 4º de primaria, nin os que cursen a ESO, pois terán os libros no seu centro, en réxime de préstamo, tal e como viña sucedendo en anos anteriores.
¿Qué requisitos teñen que cumprir as familias beneficiarias desas axudas?
Estar dentro dos umbrais da renda especificados na primeira pregunta.
No caso de alumnado de Educación Especial, todos os rapaces levan 250 €, independentemente da renda anual familiar.
As axudas hai que solicitalas do 1 ao 30 de setembro, cunha fotocopia dos DNI dos pais, unha fotocopia do libro de familia, o volante/certificado de empadroamento (só será necesario cando sexa preciso acreditar algunha circunstancia non recollida no Libro de Familia), unha certificación bancaria dun número de conta corrente e o formulario cumprimentado. O formulario poderase recoller no centro escolar, nas sedes da Xunta ou baixar da web.
(Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria)