28/3/11
23/3/11
¡ CATRO ANOS DE "DESGOBERNO" !
Ninguén podía esperar que o goberno PSOE-BNG ía destacar pola continuas e repetidas ilegalidades, polas profundas discrepancias entre ambos os dous partidos e por unha serie de accións absolutamente contrarias aos intereses e demandas dos veciños.
No primeiro apartado, cabe recordar as seleccións de persoal realizadas polo PSOE vulnerando os principios legais máis evidentes, creando prazas que en principio terían unha duración de meses e prolongáronse ata o día de hoxe. Xa máis próximo, cabe sinalar a imputación do Alcalde Arturo Díaz Díaz polo pagamento de 200 euros a un funcionario utilizando presuntas facturas falsas, e o informe da APLU sinalando o incumprimento das normas urbanísticas da obra do Centro de Artes Escénicas promovida polo BNG tras gastarse máis de 150.000 euros.
A iso habería que sumar a condena xudicial ao alcalde por agresión a unha persoa no propio edificio do Concello, e tras o cal, o BNG "imperturbable" mantivo o seu apoio máis absoluto nun caso sen precedentes. Apoio que volveu poñerse de manifesto máis recentemente tras descubrirse o acoso laboral ao que foron sometidas dúas funcionarias do concello e a pesar de que segundo a tenente-alcalde do BNG, Sra. Rey Mariño, a política laboral do Sr. Díaz era "arbitraria e incoherente".
A submisión do PSOE ao BNG foi absoluta durante estes últimos catro anos, usurpando o BNG de forma clara áreas do goberno que en principio lle corresponderían ao PSOE. O afán de protagonismo do BNG e da seu tenente-alcalde Sra. Rei Mariño acantou durante esta lexislatura o PSOE que se viu totalmente desbordado e incapaz para facer fronte minimamente ás necesidades do noso concello.
A iso súmase a absoluta incompetencia para vixiar a execución das obras que o goberno BNG-PSOE contratou, e que crearon graves problemas aos veciños como o pavimentado da aldea de Imo e Revixós, o souto de Manselle ou a rede de sumidoiros de Bexo que non pode ser utilizada por estar mal executado.
E todo iso causando un grave prexuízo económico ao Concello e aos seus veciños, pois tal e como o propio BNG-PSOE recoñeceu, o concello de Dodro deixou de percibir 178.000 euros de subvencións xa concedidas a causa da súa pésima xestión.
A absoluta desidia coa que o BNG actuou na aldea de Teaio provocando que Telefónica desistise de instalar un repetidor de telefonía móbil constitúe un claro exemplo da enorme distancia que mediou entre goberno municipal e os veciños durante estes últimos anos, así como as beirarrúas construídas recentemente na Devesa de Lestrove ou a instalación de aseos portátiles que a Sra. Rey Mariño defendeu recentemente en pleno.
Pero quizais o que mellor resume a actuación do goberno PSOE-BNG durante estes últimos anos é que o concello de Dodro é coñecido por ter un alcalde "pegón" e por unha tenente-alcalde do BNG que promove obras públicas ilegais e que ante o acoso ao que foron sometidas dúas mulleres funcionarias recolle a súa pancarta de apoio e defensa das mulleres, e a garda nun caixón.
Pola contra, dende o Partido Popular durante estes últimos catro anos tratamos de presentar propostas para solucionar os problemas que afectaban aos veciños, e que todos podiamos prever salvo os membros do goberno PSOE-BNG. Incomodados polas iniciativas do Partido Popular, negaron o seu apoio sistematicamente a estas propostas, intentando xerar un rexeitamento por parte dos veciños, en lugar de solucionar os seus problemas. O resultado é unha lexislatura na que se desbordou unha enorme cantidade de recursos públicos e das comunidades de montes sen que o concello de Dodro e os seus veciños se visen beneficiados en idéntica proporción.
Sempre que tivemos oportunidade loitamos por conseguir o mellor para o noso concello, e aí están a xeito de exemplo a construcción de beirarrúas na estrada AC-305 ao seu paso por Lestrove, o retellado da casa de Dodro e as xestións realizadas ante a Xunta de Galicia para que o PXOM fose aprobado antes do Plan do Litoral co conseguinte beneficio para o noso concello, así como as numerosas xestións en favor de veciños do noso concello.
LINEAS XENERAIS DO NOSO PROGRAMA
Todos os indicios apuntan a que a situación económica actual do concello de Dodro é considerablemente peor á que hai 4 anos recibiron o PSOE-BNG e iso a pesar dos 483.000 euros que recibiron das comunidades de montes, é dicir, do patrimonio dos propios veciños. A iso súmase, a difícil situación pola que atravesa o noso país, con considerables reduccións nos ingresos de todas as administracións.
No noso programa electoral para a próxima lexislatura, no apartado de obras, o Partido Popular centrarase en reparar as obras mal executadas do goberno PSOE-BNG e en atender estrictamente as necesidades que os veciños nos veñen demandando.
15/3/11
A IRRESPONSABILIDADE DO GOBERNO PSOE-BNG DE DODRO
Na nosa opinión, a realización de actos que deberan ser culturais e sen ningún trasfondo partidista, vanse converter de feito en actos de apoio ó BNG e a súa candidata Sra. Rey Mariño, que sen ningún reparo, vai tentar utilizar a persoas alleas á política para os seus propios intereses de cara á campaña electoral.
A Sra. Rey Mariño está actuando con absoluto desprezo cara os resultados da inspección urbanística, confundindo claramente a valentía política ca ousadía más ignorante, e sen ten en conta o máis mínimo a prudencia e respecto á legalidade que debe primar no exercicio de todo cargo público.
É absolutamente irresponsable utilizar a persoas que puideran descoñecer a ilegalidade da obra da Casa do Regadío como respaldo persoal ó BNG, pois o único que vai a conquerir a Sra. Rey Mariño é convertelas nos seus cómplices involuntarios para vergonza de todo o Concello de Dodro.
13/3/11
5/3/11
O PP DE DODRO PRESENTA A SÚA CANDIDATURA
O venres 4 de marzo cerca de 500 persoas arrouparon o Partido Popular de Dodro na presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais.
Acto no que tamén estivo arroupado pola cúpula do PP de Galicia entre os que se encontraban Diego Calvo Secretario Provincial, Jose Manuel Alvarez Campana Secretario de organización e Presidente de Portos de Galicia, a senadora Mª Jesus Sainz, o senador e alcalde de Ribeira Jose Luis Torres Colomer, as deputadas Paula Prado e Maria Seoane, os alcaldes de Rois, Lousame e O Pino e os alcaldables de Padron, Rianxo, Ames, Brion, Vedra e Teo entre outros.
O equipo está encabezado por Valentín Alfonsín ao que lle sigue Marisol Boga, Maximino Rodriguez, Maria Fernandez, Jose Nuñez, Cristina Codesido, Jose Baleiron, Graciela Carou, Angel Jamardo, Adriana Soñora, Pablo Rial, Maria Calvo e Jose Manuel Rodriguez Alvarez.
Un equipo no que están representadas as tres parroquias do Concello. Un equipo unido, con ganas de traballar, de loitar polos intereses de Dodro e disposto a escoitar ós veciños. Persoas que traballan e traballaran por Dodro. Persoas que dende a humildade demostrarán a súa capacidade de xestión e sentido común.
Abriu o acto Marisol Boga falando do traballo, capacidade de xestión e do equipo que esa tarde presentaron, e finalizou agradecendo a presencia dos veciños e membros da cúpula do PP de Galicia.
Continuou Alvarez Campana agradecendo o traballo de Fernando Vila Brion e abogou por retirar “o carneiro” que se instalou no Concello fai catro anos.
Diego Calvo na súa intervención defineu a Valentín Alfonsín como “modelo de esforzo continuo” e “como a alternativa a un goberno local desgastado e sen ideas”. Explicou ós veciños a nova Lei de Augas, e votou por terra as mentiras que o BNG de Dodro está a facer circular entre os veciños.
Pechou o acto Valentín Alfonsín facendo un repaso da xestión do bipartito cunha presentación de diapositivas, poñendo de manifesto o fracaso e ineficacia do goberno actual á hora de executar obras e as innumerables promesas electorais do PSOE e o BNG incumpridas.
Fixo mención especial aos cartos que os comuneiros de Dodro aportaron ó goberno actual e ás subvencións perdidas debido a súa pésima xestión.
Criticou especialmente a Victoria Rey por “apropiarse” de méritos que non lle corresponden como a creación da escola infantil de Dodro ou o Centro de Día.
Pechou o acto presentando a candidatura e recordando aos homes que iniciaron a andadura de Dodro creando a escola de Tallos.
Os numerosos veciños que enchían o salón do Pazo de Lestrove romperon nun aplauso unísono durante varios minutos.
¡POR VOS E PARA VOS.... CONTINUAMOS TRABALLANDO!
GRACIAS VECIÑOS DE DODRO