Mañá, martes 17 de xaneiro, pola tarde terá lugar o enterramento de D. Manuel Fraga Iribarne. Por expreso desexo da súa familia celebrase na intimidade, e salvo cambio de última hora, non se recibirá duelo con anterioridade.
Quen desexe testemuñar a súa condolencia polo pasamento do noso Presidente Fundador poderá asistir ao funeral que este próximo sábado 21 de xaneiro terá lugar ás 12 horas da mañá na catedral de Santiago de Compostela e na que contaremos coa asistencia do Presidente Nacional do PP, Mariano Rajoy Brey.
Co obxecto de respectar a vontade da familia e de darlle a axeitada transcendencia, pregámosvos que todos os actos relixiosos ou civís que se queiran celebrar para honrar ao Presidente Fraga se fagan con posterioridade ao funeral do próximo sábado 21.
Só está previsto que con carácter previo a esta data, e de xeito excepcional, a Fundación Manuel Fraga lle tribute unha homenaxe en Vilalba. Este acto terá lugar o mércores 18 de xaneiro e contará coa asistencia do Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.