7/5/13

AS BEIRARRÚAS DE IMO ARRANXADAS

A semana pasada remataron por fin as obras de acondicionamento das beirarrúas da estrada AC-305 en Imo. Dende fai 5 anos diversos propietarios levan reclamando o arranxo das beirarrúas porque lle impedían o acceso normal aos seus garaxes cos vehículos. O goberno actual do Concello iniciou as xestións fai un ano e medio e a pesar de non supoñer unha elevada inversión, foron numerosas as dificultades que se atopou, pois a obra foi recepcionada polo anterior goberno sin que este tivera feito ningún tipo de reclamación, a pesar das queixas dos vecinos.
Finalmente, e tras diversas reunións mantidas coa Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, e grazas tamén á colaboración da empresa SERCOYSA, as obras de arranxo das beirarrúas poideron ser levadas a cabo, rematando así un auténtico calvario para as familias afectadas.