21/7/11

BASES DO XXIV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2011

BASES DO XXIV PREMIO DE POESÍA

EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2011

1. O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, manifestación sobranceira da nosa literatura, convoca a XXIV edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.

2. Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.

3. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. No momento do fallo do certame, non poderán estar presentados a ningún outro concurso.

4. Os participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ó seguinte enderezo:

"XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón"

Concello de Dodro

Tallós, 32

15981 Dodro- A Coruña

5. As obras concursantes deberán ostentar o título e un lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.

6. O prazo de presentación das obras remata o día 13 de novembro do ano 2011.

7.A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade dos libros presentados, o premio poderá ser declarado deserto.

8.O xurado será designado polo Concello de Dodro. Formarano o presidente e o secretario –este, con voz e sen voto-, ambos membros da Corporación Municipal, e catro especialistas vencellados á poesía e/ou á crítica literaria. A composición do xurado farase pública cando remate o prazo de admisión de orixinais.

9. O fallo será dado a coñecer nun acto que se celebrará na Casa da Cultura do Concello de Dodro o día 10 de decembro de 2011. A entrega do premio realizarase o día 18 do mencionado mes. As obras non premiadas serán devoltas aos autores que as soliciten no prazo dun mes a contar do día do fallo.

  1. A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" da Editorial Sotelo Blanco, que se reserva os dereitos de edición. A contía do premio será considerada como un adianto dos dereitos de autoría. O autor ou autora recibirá gratuitamente 25 exemplares.

  1. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases e a interpretación que delas faga o xurado, non admitíndose recurso contra a decisión que este nas suas funcións adopte.”

14/7/11

PLENO ORDINARIO MAÑAN ÁS 13,15 H

MAÑAN ÁS 13,15 H PLENO ORDINARIO NO CONCELLO


ORDE DO DIA:

A. Parte dispositiva

1- Toma de posesión do concelleiro don José Luis Fernández Reboiras
2- Aprobación se procede, das actas das sesións consultiva do día 11 de xuño e extraordinarias dos días 17 e 21 de xullo de 2.011
3- Resolucións da Alcaldía
4- Proposta da Alcaldía: renumeración de ordenanzas fiscais
5 - Dación en conta ao Pleno dos informes de morosidade de Intervención, Ref.D/03/2011 e de Tesourería, Ref. 01/2011.
6- Mocións do PsdeG-PSOE

B. Parte de control dos órganos de goberno

7- Asuntos de urxencia sometidos ao abeiro dos artigos 82.3 e 91.4 do Real Decreto 2568/1986.
8- Rogos e Preguntas



6/7/11

RECEPCIÓN NO CONCELLO A RUBEN GÓMEZ



A corporación municipal do Concello de Dodro recibeu hoxe a Ruben Gómez, campeón do mundo de piragüismo na categoría C1 Junior á que acudiron varios medios de comunicación.


¡FELICIDADES CAMPEÓN !

RECEPCIÓN DUNHA NENA SAHARAUI NO CONCELLO DE DODRO





O alcalde do Concello de Dodro, Valentín Alfonsín acompañado pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Marisol Boga Grela e a concelleira de Xuventude e Familia María del Carmen Fernández Chavéz déronlle a benvida no Concello a Monina Chej e á súa familia de acollida o pasado martes día 5 de xullo.

Monina é a única nena saharaui que residirá durante os dous meses de verán no Concello a través do programa “Vacacións en Paz”.

Pese á mala situación económica pola que atravesa o Concello, o Equipo de Goberno non quixo renunciar a esta actividade solidaria e cumpriu co convenio asinado coa asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui” que permite traer a Monina a gozar do seu último verán en Galicia.

A nena recibiu un pequeno agasallo de benvida e comentou que de “Dodro lle gusta todo menos ter que ir ao médico”.
www.concellodedodro.org

5/7/11

GRAN ÉXITO DA XIV FESTA DO CARNEIRO EN DODRO






A xornada da XIV Festa do Carneiro tivo lugar onte día 3 de xullo cun grande éxito de acollida no que se deron cita 687 veciños. A asistencia dos moitos veciños que se achegaron á Fonte Primeiral e que ateigaron ata o 100% a carpa desposta, serve para ratificar as sensacións do equipo de goberno que valora a xornada deste domingo con dobre satisfacción: tanto por confirmar a necesidade da recuperación desta Festa do Carneiro, como pola alegría de gozar con todos e todas os veciños e veciñas duns momentos de concordia, sentíndonos en todo momento como unha FAMILIA UNIDA.
O Concello agradécelle particularmente a súa presenza nesta nosa Festa a todas as persoas que se achegaron de tódalas Parroquias de Dodro, tamén dende lugares próximos (como A Pobra, Vilagarcía, Rianxo, Ribeira,..) así como dende Asturias, Tenerife e Arxentina.
Non podemos deixar pasar a ocasión de agradecer tamén a colaboración de voluntariado na campaña de publicidade e o arroupamento prestados por alcaldes de outros Concellos, ó grupo de Protección Civil de Boqueixón e ao párroco D. Manuel que oficiou a misa cantada.
Dende o Concello sentiuse tamén un gran orgullo por ter a oportunidade de felicitar, nesta xuntanza multitudinaria, ao campión do mundo de maratón en kaiak, na súa categoría, Rubén Gómez Rial. Máis alá do detalle do que se lle fixo entrega, o mellor que lle puidemos ofrecer foi un cerrado aplauso de recoñemento por parte de todos os veciños alí reunidos, mostrando gratitude e agradecemento a Rubén por facernos partícipes dos seus numerosos éxitos.
Dende o Concello, cabe tamén destacar a ausencia das dúas agrupacións políticas da oposición, posto que a FESTA DO CARNEIRO supón a unión e o orgullo do Concello, sen diferencias nin exclusións de ningún tipo, xa que é unha Festa por e para os Veciños de Dodro.
A nosa gratitude Dodro.


4/7/11

EXCURSIÓN ÁS CÍES



Un numeroso grupo de veciños de Dodro disfrutaron o sabado día 2 da excursión as maravilosas Illas Cíes.
www.concellodedodro.org

30/6/11

NOVAS DA FESTA DO CARNEIRO DE DODRO

O PRÓXIMO DOMINGO 3 DE XULLO CELEBRASE EN DODRO A "FESTA DO CARNEIRO" NA FONTE PRIMEIRAL.


TODO O QUE QUEIRA ASISTIR PODERÁ ADQUIRIR AS ENTRADAS O DÍA DA FESTA NUN STAND HABILITADO Á VENTA DAS ENTRADAS.


NA FESTA FARASE UN RECOÑECEMENTO PÚBLICO A RUBEN GÓMEZ DE TEAIO, CAMPIÓN DO MUNDO DE PIRAGÜISMO NA CATEGORÍA C1 JUNIOR E FARASELLE ENTREGA POR PARTE DO CONCELLO DUN AGALLASO EN RECOÑECEMENTO Ó SEU TRABALLO.

29/6/11

¡ FELICIDADES CAMPEÓN !

RUBEN GÓMEZ


(Veciño de Teaio - Dodro)




O pasado fin de semán en Roma proclamouse

CAMPEÓN DO MUNDO EN PIRAGÜISMO NA CATEGORÍA C1 XUVENIL




¡ MOITAS FELICIDADES CAMPEÓN !







24/6/11

XIV FESTA DO CARNEIRO





PRECIO POR PERSOA 10 €



PODEN RETIRAR OS TICKES NO CONCELLO DE 9H a 14H ATA O DÍA 30 DE XUÑO


PODERÁN TAMÉN RETIRAR O TICKE O DÍA DA FESTA NUN STAND HABILITADO Ó EFECTO

(OS NENOS MENORES DE 10 ANOS NON PAGAN)



PROGRAMA:



13h - Misa Solemne



14h - Comida



Entregarase un prato conmemorativo



22/6/11

El PP cifra la deuda de Dodro en algo más de 677.000 €



La cuenta de 2009, aprobada ayer por el exbipartito, tiene saldo negativo de 198.000 €
CRISTINA BOTRÁN DODRO

El alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín
FOTO: Fernando Blanco
El ejecutivo de Dodro hacía ayer un primer balance de la contabilidad del Ayuntamiento, recalcando que la deuda acumulada en los últimos dos años "asfixia" la arcas municipales. En este sentido, el alcalde, el popular Valentín Alfonsín, explica que se han encontrado con grandes pufos "contraídos por el bipartito".
A la deuda que el Concello tiene contraída con Gas Natural-Fenosa, unos 89.000 € hasta 31 de enero de 2011, hay que sumarle, según el ejecutivo popular dos facturas que reclama el Consorcio Galego derivados de la gestión de la escuela infantil, una de 56.862 € de 2009 y otra factura del mismo ente por 13.657 euros correspondiente a 2008. Además, el Consorcio Galego de Benestar también le reclama al Concello otra factura por importe de 73.053 € correspondiente al ejercicio de 2009 por los gastos derivados del mantenimiento del centro de día.
El regidor manifiesta que ninguna de estas facturas aparecen reconocidas en la contabilidad, con excepción de la de Fenosa, que amenazó en abril pasado con cortar el suministro al Concello si no se le abonaba la deuda. En base a esto, el exbipartito acordó suscribir un convenio para amortizar los pagos, con un primero de 40.000 € y el resto en abonos de 8.000 € hasta agotar la deuda. "Pero no se están pagando las facturas a mes vencido, sino sólo la deuda eléctrica acumulada. Además, a esto hay que sumar las mismas cuantías que reclama el Consorcio para las anualidades de 2010 y 2011, unos 130.000 €/año", dice el alcalde, quien sostiene que "nos esperábamos una situación económica mala, pero no hasta este extremo, ya que la deuda contraída te deja las manos atadas".
En este sentido, el mandatario también explica que a lo que reclaman los proveedores hay que añadirle el remanente negativo de la cuenta de 2009, aprobada ayer sólo con los votos del exbipartito (BNG y PSOE), y la abstención del PP. Dicho remanente es de - 198.000 €, "que sumado a todo lo demás nos da una cifra de 677.000 € de deuda". El presupuesto del Concello (que está prorrogado) es de 1,5 millones. "Lo más grave de todo es que estas facturas no están contempladas y que del presupuesto no queda nada. Tampoco sabemos a cuánto asciende el remanente de la cuenta de 2010. Nos imaginamos que también será negativo".
Valentín Alfonsín señala que su prioridad ahora se centrará en tratar de renegociar esta deuda así como los convenios. También incidirá en la reducción de gastos superfluos.
Por su parte, la portavoz del BNG, Victoria Rei, denunció la contradicción del grupo de gobierno al llevar a pleno unas cuentas que no apoyaron "e as que non fixeron reparo algún nos días de prazo legal". También critica al regidor por el hecho de que en vez de hablar de la cuenta de 2009 "fale de facturas aparecidas o día que se incorporaron ao goberno". En concreto, menciona las del Consorcio. Sobre este particular, el BNG indica que "para nós é unha sorpresa que a Xunta se adique agora a pasar estas facturas ao Concello cando éste xa se fixo cargo de pagar o mantemento como se acordara no convenio".
Finalmente, Rei acusa al gobierno local de no permitir al BNG tener copia de una llave del local destinado a los partidos políticos.



(El Correo Gallego 22-6-11)




EL GOBIERNO DE DODRO “HEREDA” UNA DEUDA QUE NO PUEDE ASUMIR



alcalde negociará con la Xunta y proveedores un «plan de pagos»
uxía lópez
padrón / la voz
22/6/2011
El pleno del Concello de Dodro aprobó ayer con los tres votos a favor del BNG y uno del PSOE las cuentas del ejercicio del 2009, en las que el equipo de gobierno del PP se abstuvo. La sesión extraordinaria le valió al alcalde Valentín Alfonsín para hacer pública la situación económica del Ayuntamiento que, según dice, «é moi, moi complicada», mucho más de lo que se temía este grupo cuando estaba en la oposición, según explicó.
Así, Valentín Alfonsín hizo públicas ayer varias facturas que el Consorcio Galego le reclama a este Concello por gastos derivados del funcionamiento de la escuela infantil y del centro de día y que solo en el año 2009 rondan los 130.000 euros. El alcalde se teme que el Concello tendrá que abonar esa misma cantidad por ambos servicios en los años 2010 y 2011. De ser así, la deuda que tendría el Concello sobre la mesa superaría los 670.000 euros, según los primeros cálculos del nuevo gobierno.
Factura de la luz
En esa suma se incluyen los 13.600 euros que le reclama el Consorcio por gastos de la guardería correspondientes al 2008, año en el que se inauguró en octubre. Con documentos en la mano, el alcalde habla, además, del dinero que le reclama Fenosa al Concello -a 31 de enero pasado era de casi 87.000 euros- y cuyo pago fue fraccionado, o los 198.000 euros que quedaron de desfase en el 2009. Valentín Alfonsín no escondió ayer que el Ayuntamiento «non puede asumir esa débeda nunha soa anualidade» aunque lo peor es, según afirma, que no puede elaborar el presupuesto de este ejercicio porque, a día de hoy, desconoce cuál es la situación económica que arrastra del año 2010.
Por ello, el alcalde de Dodro anuncia que reducirá al «máximo posible» todos aquellos gastos que no estén cubiertos «ao cen por cen» por subvenciones. Asimismo, tratará de negociar con la Xunta y con los proveedores «un plan de pagos» que permita al Concello «facer fronte a débeda nos próximos anos», para poder «manter servizos básicos» como son los sociales y las «obras máis imprescindibles».
Deuda: 670.000 €
Facturas pendientes
Esa es la cifra que suma el alcalde Valentín Alfonsín en los primeros cálculos realizados.
Coste: 130.000 €
Guardería y centro de día
Solo del año 2009, el Consorcio le reclama al Concello unos 130.000 euros.

En cuanto a la deuda por la escuela infantil y el centro de día, el alcalde asegura que el coste de dichos servicios para el Concello figura recogido en el convenio que firmó el anterior gobierno bipartito y que establece que el Ayuntamiento debe asumir un tercio de los gastos anuales, algo que en su opinión fue «irresponsable» aceptar.
Por ello, Valentín Alfonsín quiere reunirse con el secretario territorial para negociar unas nuevas condiciones para Dodro, teniendo en cuenta que fueron los comuneros de monte de dos parroquias los que financiaron ambas infraestructuras y, por tanto, su coste para el Concello no puede ser el mismo que en otros ayuntamientos ni tampoco para los vecinos. El alcalde pidió una relación de usuarios al centro de día de modo que, por ejemplo, en el 2009 de los 23 usuarios que tuvo solo 5 eran de Dodro, pese a que el Concello tiene que pagar por ese ejercicio más de 73.000 euros.
Sorpresa
Desde el BNG, Vitoria Rei, ex-concejal de Benestar, asegura que es una «sorpresa» que la Xunta gobernada por el PP «se dedique agora a pasarlle facturas ao Concello, en concreto habla de las del 2009, cuando el Ayuntamiento «xa se fixo cargo de pagar o mantemento tal e como se acordara no convenio». A este respecto, el BNG emitirá un comunicado a nivel nacional.
(Voz de Galicia 22-6-11)

18/6/11

O NOVO GOBERNO DE DODRO

Hoxe 17 de xuño queda constituido o novo goberno de Dodro da seguinte forma:
Valentín Alfonsín Somoza - Alcalde.
Asumirá as áreas de Persoal, Economía, Facenda, Educación e Infraestructuras.

Mª Soledad Boga Grela - Tenente de alcalde e Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade
Maximino Rodriguez Borrazás - Concelleiro de Obras
Mª del Carmen Fernández Chaves - Concelleira de Xuventude e Familia
Jose Nuñez Rubines - Concelleiro de Deportes
Mª Cristina Codesido Fernández - Concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo

15/6/11

PLENO EXTRAORDINARIO - CONSTITUCIÓN DO NOVO GOBERNO

O próximo venres día 17 de xuño
celebrase no Salón de Plenos do Concello Pleno Extraordinario coa constitución do novo Goberno de Dodro ás 9 h.

2/6/11

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO GOBERNO

A TOMA DE POSESIÓN DO NOVO GOBERNO SERÁ O PRÓXIMO SABADO DÍA 11 ÁS 12 DA MAÑAN NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.

É UN ACTO PÚBLICO POLO QUE PODERÁN ASISTIR TODOS OS VECIÑOS.

23/5/11

MAIORÍA ABSOLUTA DO PP EN DODRO

¡ ACADAMOS A MAIORÍA ABSOLUTA !


PP 1.052 votos


PSOE 358 votos


BNG 699 votos

¡GRACIAS A TODOS OS VECIÑOS POR DEPOSITAR A SÚA CONFIANZA EN NÓS!


GAÑARON OS VECIÑOS DE DODRO

20/5/11

POR LA IGUALDAD - VOTA PARTIDO POPULAR

GRAN FESTA PECHE DE CAMPAÑA

HOXE AS 21h MITIN EN TEAIO E

GRAN FESTA PECHE DE CAMPAÑA

ESTADES INVITADOS TODOS OS VECIÑOS

VOTA VALENTIN ALFONSÍN

VOTA PARTIDO POPULAR DE DODRO

VOTA PARTIDO POPULAR