27/3/10

ACTUACIÓN DO GOBERNO PSOE-BNG NO DESLINDE CO CONCELLO DE PADRÓN

O Partido Popular de Dodro quere manifestar o seu total rexeitamento á actuación do goberno PSOE-BNG dos últimos días na zona de deslinde co Concello de Padrón. O único que conqueriron PSOE e BNG foi avergonzar ós nosos veciños que non se merecen uns representantes como o sr. Díaz e o sr. Franco.

Durante anos tanto o Concello de Dodro como o de Padrón se moveron con un deslinde “aproximado” baseado en planos de concentración que non se correspondía co real e que dou pé á ocupación dos terreos de Dodro durante a Pascua. O Partido Popular en novembro de 2007 xa fixo unha proposta para delimitar a línea de deslinde pero tanto o PSOE como o BNG a rexeitaron o que permitiu que esta situación continuase.

Fai escasos meses o Instituto Xeográfico Nacional remitiu a documentación do deslinde tal e como se delimitou no ano 1931, e o Partido Popular voltou a presentar unha nova proposta para chegar a un acordo co concello de Padrón e usar os terreos de Dodro para outros usos alternativos durante a Pascua. Pero novamente PSOE e BNG coa súa prepotencia habitual rexeitaron a proposta, preocupados por non dar razón ó Partido Popular sen importarlle os intereses dos veciños a quenes representan.

O tempo non fai senón dar a razón ás propostas do Partido Popular, e agora temos que asistir a un espectáculo bochornoso, propio dun circo de feira, onde os representantes do PSOE e BNG de Dodro, intentan arranxar o problema a última hora e empregando a forza, para ó final, encartar a orella e deixar aínda máis avergonzados a todos os veciños de Dodro.

Resulta lamentable que agora, despois de case tres anos dende a proposta do Partido Popular, o goberno PSOE-BNG malgaste os cartos do Concello de Dodro nunha obra que faga de fronteira física (e non en todo o deslinde) co Concello de Padrón por causa da súa ineptitude e incapacidade para ofrecer e chegar a acordos que permitan a convivencia normal e que sempre existiu entre veciños de Dodro e Padrón.

23/3/10

¡ O EQUIPO DE GOBERNO SE DURME !

O Partido Popular de Dodro quere comunicar que despois de transcurrir máis de mes e medio dende a presentación do Plan do Litoral, o equipo de goberno aínda non tomou ningunha iniciativa ó respecto, o que na nosa opinión supón unha grave irresponsabilidade.
Segundo puido comprobar o Partido Popular despois de varias consultas e reunións informales con representantes da Consellería de Medio Ambiente, nin o PSOE nin o BNG aportaron ningunha indicación sobre os prexuizos que podería causar ós veciños de Dodro a aplicación do Plan do Litoral dacordo co documento exposto a través da web da Consellería.
A aplicación sen modificacións do Plan do Litoral afectaría gravemente ós núcleos de Bexo, Imo, Tallós e A Igrexa, de tal xeito que deixaría a estes núcleos prácticamente sen posibilidades de desenrolo urbanístico.
Neste senso, o Partido Popular quere recordar que no pleno do 17 de outubro de 2008, xa apuntou a necesidade de que o novo PXOM estivera consensuado coa Xunta de Galicia no que ó Plan do Litoral se refería, de forma que a afectación deste Plan non fora superior á afectación marcada polo deslinde de Costas. Pero visto o resultado, é evidente que en ningún momento o equipo de goberno se preocupou de conquerir un consenso que evitase unha maior afectación de terrenos e propiedades impedindo a edificación de vivendas nos mesmos.
Novamente, o equipo de goberno PSOE-BNG está a actuar de costas ós intereses dos veciños de Dodro.
Resulta sorprendente que despois de dous anos que se iniciou o Plan do Litoral tanto o sr. Díaz, alcalde de Dodro, como o tenente-alcalde do BNG, sr. Franco non amosasen o máis mínimo interés pola afectación do Plan do Litoral ó Concello de Dodro, máis aínda cando este Plan foi realizado co goberno bipartito PSOE-BNG na Xunta de Galicia.
De non ter perdido tanto tempo na modificación do PXOM que agora se pretende aprobar, a afectación do Plan do Litoral prácticamente sería nula, pero tendo en conta que o PXOM aínda non está aprobado definitivamente, a influencia do Plan do Litoral podería dar ó traste cos obxectivos de desenrolo urbanístico de Dodro.
As posibles consecuencias non serían outras que modificar novamente o PXOM, co retraso que eso implicaría, e a imposibilidade de crecemento de núcleos importantes de Dodro.

22/3/10

15 NOVOS CONTENEDORES DE BASURA PARA DODRO

Representantes da Delegación de Coruña da Xunta de Galicia puideron confirmar definitivamente o Partido Popular de Dodro, tras a reunión mantida en días pasados, que ó Concello de Dodro se lle asignarán 15 novos contenedores de basura, o que supón un incremento notable sobre o inicialmente previsto, dadas as necesidades do resto de Concellos de A Coruña.

12/2/10

¡ O ALCALDE DE DODRO CONDEADO POR LESIONS !

SENTENCIA
Audiencia Provincial da Coruña
En Santiago de Compostela a 30 de diciembre de 2.009

"FALLO: Condeno a Arturo Día Díaz como autor de una falta de lesiones prevista en el artículo 617.1 del Código Penal a la pena de 45 días de multa a razón de 10 euros diarios, con responsabilidad de un día de privación de libertad por cada dos cuotas impagadas, lo que supone un total de 450 euros.
Asimismo Arturo Díaz Díaz indemnizará a Alfonso Fernandez Dominguez en la cantidad de 420 euros, por los perjuicios causados.

Contra la presente resolución no cabe recurso ordinario alguno."

26/12/09

30/11/09

O PARTIDO POPULAR DE DODRO REUNIUSE CA PRESIDENTA DE AUGAS DE GALICIA ETHEL VÁZQUEZ

O pasado martes o Partido Popular de Dodro mantivo unha reunión ca Presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez. Ao longo da reunión tratáronse os principais temas que afectan ó Concello de Dodro, e relacionados con este organismo, como os regatos e a posible instalación dunha depuradora en Teaio.
Dacordo ca información recibida, Augas de Galicia ten pensado destinar unha cantidade de fondos aínda sen determinar para a limpeza do rego de Manselle a pesar das restriccións orzamentarias ás que teñen que facer frente; nembargantes, para o Río San Lufo non lle foi solicitada ningunha inversión concreta, a pesar de que este río desborda con frecuencia ó longo do inverno, o que non deixou de sorprender ó Partido Popular.
En relación coa instalación dunha EDAR na aldea de Teaio, o Partido Popular lle solicitou que se axilizase o máis posible a concesión da autorización necesaria, dada a importancia da obra para os veciños afectados e que o Partido Popular xa incluira no seu programa electoral.
Nembargantes, a autorización necesaria depende en gran medida da documentación aportada polo Concello, e nalgún caso non se corresponde correctamente ca esixida por Augas de Galicia.

O Partido Popular quere denunciar a PESIMA XESTIÓN DO GOBERNO BIPARTITO QUE PON EN PERIGO A REALIZACIÓN DUNHA IMPORTANTE OBRA E QUE EN DOUS ANOS E MEDIO NON FOI QUEN DE CONQUERIR A AUTORIZACIÓN NECESARIA PARA LEVALA A CABO.

25/11/09

DECLARACIÓN DO PARTIDO POPULAR DE DODRO NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe 25 de novembro celebrase unha vez máis, en todo o mundo, o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, momento no que de xeito conxunto expresamos a nosa condena máis enérxica a todas as formas nas que se manifesta este grave problema da nosa sociedade. Erradicar a violencia contra as mulleres é unha obriga das institucións na que se precisa a colaboración de toda a cidadanía, e só desde o compromiso e a concienciación de todas as persoas poderemos conseguir unha sociedade na que os dereitos humanos se respecten.

O compromiso da sociedade galega coa eliminación da violencia contra as mulleres manifestouse a través da aprobación, no Parlamento galego, dunha lei propia, a lei 11/2007, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. O desenvolvemento desta lei, xunto co resto das modificacións lexislativas a nivel estatal, deu lugar a un incremento no número de denuncias, o cal redunda nunha maior garantía xurídica e nunha máis eficaz atención ás vítimas.

Pero queda aínda moito por facer, e desde o Partido Popular de Dodro, manifestamos o noso compromiso coa prevención da violencia, a través do máis enérxico rexeitamento ás manifestacións da violencia e á figura dos maltratadores, para os que esiximos tolerancia cero, seguindo as recentes recomendacións do Dictame sobre as actuacións prioritarias dos entes locais e rexionais para previr a violencia cara as mulleres e mellorar a atención das vítimas, aprobado polo Comité Europeo das Rexións. Así mesmo queremos lembrar a todas as administracións públicas a necesidade de colaborar, para que, no marco das súas respectivas competencias, traballen para mellorar as diferentes medidas e recursos postos en marcha para a eliminación da violencia contra as mulleres. Instamos á Xunta de Galicia, e particularmente á Secretaría Xeral da Igualdade, a promover actuacións de coordinación, de formación e de concienciación a todos os niveis, pero particularmente entre a poboación máis nova, co obxectivo de contribuír á educación na igualdade das xeracións máis novas, piares do futuro da sociedade galega.

Invitamos a toda a cidadanía a unirse a nós na expresión da súa condena á violencia contra as mulleres e do seu apoio ás vítimas, para devolver a dignidade e a xustiza á nosa sociedade.

21/9/09

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA

¿Que axudas proporciona a Consellería de Educación para libros e material escolar?
Os importes das axudas son os seguintes:
- 180 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 € per cápita (5.400 € por cada un dos membros da unidade familiar).
- 104 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 9.000 € per cápita (é dicir, 9.000 € por cada un dos membros da familia).
- 250 € para cada neno de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar.
- Se nas familias hai membros con discapacidade superior ao 33%, ese membro conta por dous á hora de calcular as axudas.
Para calcular o importe da axuda só hai que dividir os ingresos totais do fogar entre o número de membros, é dicir, sumando os importes dos recadros 455 e 465 das declaracións da Renda do ano 2008 e dividindo esta cifra entre o número de membros da familia.
¿Que idades ou cursos son os posibles beneficiarios desas axudas?
A bolsa é para alumnos de 1º, 2º, 5º ou 6º de primaria con determinado nivel de renda, e para todos os alumnos de Educación Especial en centros ordinarios.
Non se refire a alumnos matriculados en primaria aínda que teñan adaptación curricular ou algún tipo de reforzo educativo.
Este ano non están incluídos nas axudas os alumnos de 3º e 4º de primaria, nin os que cursen a ESO, pois terán os libros no seu centro, en réxime de préstamo, tal e como viña sucedendo en anos anteriores.
¿Qué requisitos teñen que cumprir as familias beneficiarias desas axudas?
Estar dentro dos umbrais da renda especificados na primeira pregunta.
No caso de alumnado de Educación Especial, todos os rapaces levan 250 €, independentemente da renda anual familiar.
As axudas hai que solicitalas do 1 ao 30 de setembro, cunha fotocopia dos DNI dos pais, unha fotocopia do libro de familia, o volante/certificado de empadroamento (só será necesario cando sexa preciso acreditar algunha circunstancia non recollida no Libro de Familia), unha certificación bancaria dun número de conta corrente e o formulario cumprimentado. O formulario poderase recoller no centro escolar, nas sedes da Xunta ou baixar da web.
(Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria)

3/9/09

CONCELLEIROS DO PP DE DODRO SE REUNIRON COA DIRECTORA XERAL DE INFRAESTRUCTURAS DA XUNTA DE GALICIA

O pasado mes concelleiros do Partido Popular de Dodro, mantiveron unha reunión coa Directora Xeral de Infraestructuras dona Isabel Vila Barbosa.
O principal motivo desta reunión era trasladarlle á Directora xeral a preocupación existente entre os veciños do Concello de Dodro das obras pendentes de executar na Autovía do Barbanza ao seu paso por Dodro e a necesidade de executalas á maior brevidade antes de que cheguen as chuvias e con iso males peores.
No transcurso da reunión tratáronse, comentaron e valoraron a maioría das obras maiores pendentes, entre elas o acceso a Manselle, o carril de servizo entre Imo e Castro, o cuentón da veiga de Lestrove, e o de desaugadoiro en Bexo, con compromiso de executalas á maior brevidade, indicando que a grande maioría delas se comezarían a principios do mes de setembro.
Os concelleiros do Partido Popular insistiron na necesidade de acometer canto antes estas obras, e especialmente aquelas que por efecto das chuvias prexudican gravemente aos veciños, como acontece nos lugares de Lestrove e Bexo. Pola súa banda, a Directora Xeral mantívose absolutamente receptiva ás propostas dos concelleiros manifestándoos que cando menos, estas obras deberan estar finalizadas antes de comezar o inverno con algunhas modificacións de acordo con diversas solicitudes de afectados nalgunha obra en concreto.
Respecto á construción do carril de servizo entre Imo e Castro a falta de concretar datas de inicio e remate, todo apunta a que as obras se iniciarán no mes de setembro, co que os veciños deberan contar cun vial de servizo antes de finalizar o ano poñendo deste modo fin a unha situación absolutamente caótica e gravosa.
En relación co acceso de Manselle e tal como os representantes do Partido Popular de Dodro lle xa solicitaran o Delegado Provincial da Xunta de Galicia en diversas reunións, será bidireccional con anchura abonda para dous carrís, co que espera conseguir un acceso que permita o paso de todo tipo de vehículos.

10/6/09

A NOVA ORDENANZA DE AXUDA NO FOGAR

O CONCELLO DE DODRO APROBA "GRACIAS A VICTORIA REY" UNHA NOVA ORDENANZA DE AXUDA NO FOGAR PARA COBRARLLES OS NOSOS MAIORES
Van a instalar un sistema de cobro da axuda no fogar en Dodro que ata agora non se cobrou nunca !!!
Fai 17 anos que en Dodro existe a axuda no fogar.
A ordenanza que temos agora mesmo do ano 2.004 derrogou unha anterior do ano noventa e pico.
Daquela, fíxose unha nova ordenanza para introducir cambios importantes, concretamente para subir os límites económicos e abaratar o servicio.
Contémplanse as situacións familiares. Distínguese entre persoas que viven soas e persoas que viven acompañadas da súa familia.E gracias a todo esto practicamente non paga ningún usuario por este servicio.
¿Agora qué queren cambiar?
Queren ter en conta soamente a situación económica persoal do dependente.
Queren que un maior dependente que cobra de pensión 530€ teña que pagar 30, 40 ou 50€ por ese servicio.
Esa persoa maior do noso Concello con 530 € de pensión ten que pagar luz, telefono, auga, ten que vestir e ten que comer ... e agora terá tamén que pagar por un SERVICIO BASICO.
¿Cómo son capaes de impoñer vostedes unhas cotas á xente mais necesitada do Concello?
Dende logo en ningún caso nos faríamos algo así! En ningún caso poríamos un límite tan baixo para poder estar exentos do pago.
O límite para o copago é excesivo. Este tipo de servicio é tan básico que non se debería cobrar nestes termos.
A maioría das persoas dependentes do noso Concello son unidades familiares unipersoais, persoas maiores que viven soas, persoas que NECESITAN ese servicio!
Esta é a xestión dos Fondos Públicos. Este é o cambio “progre” do PSOE-BNG,... facer pagar ós que menos teñen o que antes lles saía gratis!!!!
Dende logo hai un antes e un despois da aprobación de esta ordenanza, dende logo que si!
Se nos estamos equivocando nas nosas interpretacións ou dicindo algunha mentira,.... RETAMOS Á CONCELLEIRA para que dentro de 6 meses nos expoña no Pleno unha comparativa das cotas que estaban pagando os mesmos usuarios antes e despois de aprobar esta ordenanza.

9/6/09

¡ CONDEAN Ó ALCALDE DE DODRO POR AGRESIÓN !

O XULGADO Nº 2 DE PADRON ACABA DE CONDEAR Ó ALCALDE DE DODRO, ARTURO DÍAZ, POR UNHA FALTA DE LESIÓNS TIPIFICADA COMO DELITO PENAL, COMETIDA CONTRA O EX MONITOR DEPORTIVO DO CONCELLO ALFONSO FERNÁNDEZ

A sentenza fixa unha multa para o alcalde de 450 € e unha indemnización para o técnico de 420 € polos perxuicios causados, aparte de ter que facerse cargo das costas.
De acordo cos “hechos probados” na sentenza, ese incidente rematou cando “Arturo Díaz le propinó un puñetazo a Alfonso Fernández”.
En relación con esta sentencia, o Partido Popular de Dodro quere manifestar que é tal a rotundidade dos feitos probados que non cabe a menor dúbida sobre a xustiza desta sentencia condenatoria do sr. Díaz.
Para nós, este feito constituie un agravio para toda a vecindade do noso Concello, e pon de manifesto a razón da crítica do goberno bipartito PSOE-BNG absolutamente dictatorial e que en ningún momento mostrou o máis mínimo sentido da responsabilidade que debe manter. Con esta sentencia, ponse de relieve a escasa prudencia do sr. Díaz nas súas declaracións de días pasados onde acusaba de ser denunciado sen fundamento algún, e a absoluta prepotencia ca que actúa, apoiado polos seus concelleiros ós que non parece importar nada máis que manter o seu cargo a costa do que sexa.
Por primeira vez, un alcalde de Dodro é condenado por un delito penal, o que debería supor de inmediato no só a súa dimisión senon daqueles que se comprometeron a apoialo. Porque non hai que olvidar que a estas alturas da lexislatura, transcurridos xa 2 anos, se o sr. Díaz está a desempeñar o cargo de Alcalde é única e exclusivamente porque o seu cómplice, o sr. Franco do BNG, o está a permitir.
Para o BNG o sr. Díaz constituie a marioneta perfecta ca que xogan dende o cinismo máis absoluto, e co que se poden permitir toda clase de abusos e corruptelas. O BNG está a usar ó sr. Díaz para o seu propio interés.
Neste senso, recordar que os concelleiros do BNG sr. Franco e sra. Rey usaron indebidamente fondos públicos, apoiaron o despido improcedente do exmonitor deportivo, e seguiron apoiando ó Sr. Díaz aínda despois de ter demostrado a utilización de facturas falsas para o pagamento de parte do salario do exmonitor deportivo.
A cambio, o Sr. Franco está a contratar a persoal ó seu antoxo, contrata de forma absolutamente irracional proxectos por cantidades totalmente desproporcionadas á xente do seu entorno político, sen importarlle o máis mínimo o interés dos veciños, e nada máis que busca o seu propio protagonismo.
Resulta vergoñento que tanto o sr. Franco como a sra. Rey que se autoproclaman ultradefensores contra a violencia de xénero, nembargantes sí apoien sen ningún tipo de escrúpulos a violencia de todo tipo contra o exmonitor deportivo por parte do seu amigo e compañeiro de goberno o sr. Arturo Díaz.
Recordar que o goberno bipartito con esta xa acumula 3 sentencias condenatorias: 1 na que se lle obrigou a repetir un pleno, outra na que resultou condenado por despido improcedente e esta última, na que o sr. Díaz resultou condenado por agresión física.

4/6/09

AGORA SOLUCIÓNS

¡¡ AGORA SOLUCIÓNS !!

O 7 DE XUÑO VOTA PARTIDO POPULAR

28/4/09

ORZAMENTOS ANO 2.009 APROBADOS EN ABRIL

Primeiramente quixeramos destacar que someter a aprobación dos orzamentos anuais no mes de abril, é tanto como decir que non se queren acometer as inversión no ano corrente, senón máis ben no ano próximo. É decir, que o que eiquí se trae a debate son as inversións que o equipo de goberno BNG-PSOE pretende levar a cabo no vindeiro ano 2010.
Tamén resulta sorprendente que despois dun retraso de 4 meses na presentación dos orzamentos, esta se faga restrinxindo documentación relevante ó grupo da oposición, como expedientes relativos a obras contempladas no capítulo 6 e que ata o día de hoxe non temos ningunha información. En resumen, preséntanse os orzamentos da mesma forma que ven gobernando o BNG e o PSOE: DE XEITO ESCURO E CON PRÁCTICAS CACIQUILES E SECTARIAS. ESTA CLARO QUE ESTO DA DEMOCRACIA A VOSTEDES LLES SOBRA E MAIS QUE NECESITALA E MANTELA, PARECE QUE LLES MOLESTA.
Dende o Partido Popular, entendemos que este non é o camino que se debe seguir dende un goberno, e o único que demostra é a incapacidade a xestionar de forma áxil os orzamentos e a capacidade inversora do Concello, e que esta redunde prontamente en beneficio dos cidadáns.
No capítulo de inversión sobresale sen ningún xénero de dúbida o importe correspondente ó Fondo Estatal de Inversión Local, 540.000 euros, aínda que como xa se manifestou noutros plenos anteriores, a distribución desde fondo na consideramos a máis axeitada. E moito menos, unha vez vista a adxudicación das obras, nas que se puso de manifestó que había marxe suficiente para empregar uha importante cantidade noutros proxectos.
Pero tamén chama a atención o escaso peso das aportacións da Xunta de Galicia nos orzamentos, e que se pode cifrar en torno a un 12 %. Ademáis, está centrado en 2 proxectos: un que subvenciona AGADER e outro que se corresponde co PEIM, pero que neste momento descoñecemos en qué consisten eses proxectos; e temos que decir que tal descoñecemento non é pola nosa vontade senon máis polo oscurantismo co que lle gusta traballar ó BNG e PSOE.
En resumen, estes orzamentos están sustentados polos plans provinciais da Deputación de A Coruña, que por outra banda e ó igual que o Fondo Estatal de Inversión Local, distribuiese dacordo con criterios xa fixados e equitativos entre todos os concellos. Deste xeito, non existe ningunha aportación singular que nos permita dar un salto inversor e polo tanto, unha mellora destacable dos nosos servizos públicos máis alá do mesmo que teñen o resto dos concellos.

Incluso está refrexado no mesmo informe económico-financieiro, ó suliñar que descontada a aportación do Fondo Estatal de Inversión Local, a inversión prevista rondaría os 600.000 euros.
As inversións entendemos que son do gusto do BNG e dende o Partido Popular lóxicamente así o respetamos como tamén o fai o PSOE, pois por algo lle deixou ó sr. Franco o despacho da Alcaldía, aínda que dende o noso punto de vista non son as máis axeitadas para o noso Concello e no momento actual.
Por último, non acabamos de entender que non se incorporen ós orzamentos o Pac-1 e Pac-2, recentemente aprobados pola Deputación, e que suponen unha cantidade certamente relevante e que podería destinarse a novas inversións.
Xa no aspecto do persoal, destaca que o BNG e o PSOE fagan desaparecer a praza de monitor deportivo que ata fai escasos meses proporcionou un excelente servizo ós vecinos de Dodro. E esto aínda é máis grave si cabe, se temos en conta que con esa decisión o BNG e o PSOE están renunciando a unha subvención da Deputación de 7.500 euros que suporía máis do 50 % do custe desa praza.
En cambio, o BNG e o PSOE optaron por gastar case o dobre, 13.400 euros na contratación dunha empresa para coordinar as actividades deportivas do Concello. No ano 2009, o BNG e o PSOE van pagar en 6 meses 13.400 euros, é decir, máis do que se pagaba nos anos anteriores a un monitor deportivo por todo un ano. Características que lle son propias a esto goberno do BNG apoiado polo PSOE: SECTARISMO E DESPILFARRO.
E aínda hai máis. Porque nos orzamentos do ano 2008 incluíase unha cantidade de 17.281,76 euros para os funcionarios do Concello en concepto de productividade que agora no ano 2009 pasa a ser de 19.053,70 euros pero non en concepto de productividade senon para o pagamento de gratificacións. Que si ben poidera considerarse como algo moi similar e de escasa trascendencia, é todo o contrario. I é todo o contrario porque o pagamento da productividade exixe de exposición pública, namentras que o pagamento de gratificacións non é necesario este trámite. É decir, que o BNG e o PSOE introducen nos orzamentos nada menos que 19.000 euros para pagar a aqueles funcionarios que eles queiran e sen necesidade de facelo público. Esto é OSCURANTISMO E CACIQUISMO EN ESTADO PURO.
E como exemplo, non hai máis que ver cómo se reparteu a productividade entre os empregados no ano 2008, de tal xeito que un funcionario do corpo técnico e outro do corpo de xestión, non percibino nin un sólo euro en concepto de productividade. Así, mentras uns funcionarios recibían case que 3.000 euros en concepto de productividade, outros non percibino nin un solo céntimo. SECTARISMO, RÉXIMEN DICTATORIAL, ETC., ETC., ETC.,

Tamén neste apartado debemos referirnos á creación dunha nova praza de auxiliar-administrativo. Fai tan só 3 meses para o sr. Alcalde e o secretario, era máis que suficiente un secretario, unha técnico, unha administrativa e 2 auxiliares-administrativas,para facer incluso máis traballo do que ten o Concello de Dodro. E agora, 3 meses despois, ó parecer é necesario un novo auxiliar-administrativo. A verdade é que a creación desta praza parece que non teña nada que ver coas necesidades do noso Concello. Outra vez, sectarismo e despilfarro a raudales.
Xa para rematar, aínda que sexa unha mera anécdota. Volven vostedes a incluir nos orzamentos unha asignación anual para os grupos políticos. Outro xesto “para-democrático” que non chega a consumarse. A día de hoxe, 24 de abril, o Partido Popular aínda non recibeu a asignación do ano 2008. Outra vez, brilando con luz propia, o sectarismo, e o caciquismo dos nosos gobernantes.

22/4/09

NOVA ESTRUTURA DA XUNTA DE GALICIA


PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Secretaria Xeral da Presidencia
Secretaria Xeral de Medios
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Asesoria Xuridica Xeral
Secretaria Xeral da Emigración
Servicio Galego de Igualdade do Home e a Muller
Secretaria Xeral para O Deporte
Director Xeral do Gabinete da Presidencia
Dirección Xeral de comunicación

Presidencia Administracions Públicas e Xustiza
Secretaria Xeral
Xustiza
Administración Local
D.Xeral de Relacions Institucionais e Parlamentarias
Emerxencias e Interior
Relacions exteriores e con a U.E.
Avaliación e Reforma Administrativa

Facenda
Secretaria Xeral e do Patrimonio
Intervención Xeral
Orzamentos
Tributos
Planificación e Fondos
Función Publica
Politica Financeira

Medio ambiente, territorio e infraestructuras
Secretaria Xeral
Infraestructuras
Mobilidade
Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Secretaria Xeral de Calidade e Evaluación Ambiental
Sustentabilidade e Paisaxe

MAR
Secretaria Xeral
Competitividade e Innovación Tecnolóxica
Ordenación e xestión dos recursos Mariños
Desenvolvemento Pesqueiro

Medio Rural
Secretaria Xeral
Producción Agropecuaria
Desenvolvemento rural
Innovación e industrias agrarias e forestais
Montes
Conservación da Natureza

Economía e Industria
Secretaria Xeral
Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Comercio
Industria, Enerxia e Minas
Promoción sector audiovisual e Contidos Digitais

Cultura y Turismo
Secretaria Xeral
Patrimonio Cultural
Promoción e Difusión da Cultura
S. X. para o Turismo

Educación e Ordenación universitaria
Secretaria Xeral
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Secretaria Xeral de Universidades
Secretaria Xeral de Politica Lingüística
Centros e Recursos Humanos
Traballo e Benestar
Secretaria Xeral
Relacions Laborais
Formación e Colocación
Promoción do Emprego
Secretaria Xeral de Familia e Benestar
D.X. da Dependencia e Autonomía persoal
Xuventude e Voluntariado
Sanidade
Secretaria Xeral
Saude Pública e Planificación

20/4/09

ALBERTO NUÑEZ FEIJÓO TOMA POSESIÓN COMO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

ALBERTO NUÑEZ FEIJÓO, NOVO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA





28/3/09

PARÁLISE NO CONCELLO E NOVAMENTE IRREGULARIDADES

PARÁLISE NO CONCELLO DE DODRO E NOVAS IRREGULARIDADES EN CONTRATACIÓNS DE PERSOAL
O Partido Popular de Dodro quere manifestar publicamente a grave situación de parálise que está a vivir o Concello de Dodro pola absoluta falla de responsabilidade do Sr. Díaz e o Sr. Franco, máximos responsables do PSOE e o BNG respectivamente.
A día de hoxe, e xa cando levamos transcorridos practicamente 3 meses do ano 2009,
aínda non se aprobaron os orzamentos e nin sequera foron presentados.
Esto conleva que non se poda facer inversión algunha e o que é peor, constitúe un claro sinal da escasa importancia que lle merecen as necesidades dos veciños en Dodro.
Durante o ano 2008, dos 813.000 euros de inversión prometida polo Sr. Franco, non chegou a iniciarse ningunha das obras prometidas, destacando os 495.000 euros que ía a destinar a facer vivendas de aluguer e das que nunca máis se soubo, a pesar de ser anunciadas a bombo e platillo.
Na situación actual, cos orzamentos supostamente prorrogados, o actual goberno PSOE-BNG poidera estar incurrindo en graves irregularidades por facer pagamentos non contemplados nos orzamentos de 2008, e para os que non existe partida orzamentaria algunha.
Por outra banda, o Partido Popular quere denunciar as graves irregularidades cometidas nos procesos de selección para ocupar postos de traballo que están baixo a dirección do BNG.
Así, pódese constatar que antes de ter publicado no BOP a lista de admitidos á selección para ocupar a praza de animador cultural, o tribunal de selección xa rematara o proceso selectivo; e incluso o mesmo día en que era publicada a lista de admitidos o propio sr. Alcalde nomeaba á persoa que ía a ocupar dita praza.
Noutro proceso de selección, a oferta remitida ó Servizo de Emprego por parte do Concello restrinxía de xeito sospeitoso as titulacións marcadas pola Consellería de Traballo, solicitando soamente 3 tipos de titulación de 1ª ciclo universitario, cando a remuneración corresponde a titulados de 2º ciclo, e cando na propia orde da Consellería de Traballo recollíase que os aspirantes serían aqueles que tiveran superado o primeiro ou segundo ciclo universitario, sen fixar ningún tipo de titulación concreta.
Na nosa opinión, unha vez máis as formas seguidas polo BNG nos procesos de selección veñen cargadas de irregularidades e poñen en entredito como mínimo a claridade e limpeza que deben primar en calquera proceso de selección de persoal.

5/3/09

O PARTIDO POPULAR EN DODRO TAMÉN ACADA A MAIORÍA ABSOLUTA

MAIORÍA ABSOLUTA DO PARTIDO POPULAR EN DODRO
Partido Popular 988 votos - 6 concelleiros
PSOE 484 votos - 2 concelleiros
BNG 57 votos - 3 concelleiros
¡ GRACIAS A TODOS OS VECIÑOS POLO SEU APOIO !
SEGUIREMOS TRABALLANDO PORA TODOS E POLO NOSO CONCELLO

2/3/09

¡ O PARTIDO POPULAR ARRASA EN GALICIA !

¡ MAIORÍA ABSOLUTA EN GALICIA !
¡ FEIJOO ARRASA !
PP 39 escaños
PSOE 24 escaños
BNG 12 escaños