
4/11/11
27/10/11
COMIDA CON MARIANO RAJOY NA CORUÑA
25/10/11
22/10/11
1/10/11
EXPOSICIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO NO CONCELLO

Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
O CONCELLO PRESENTA "PREESCOLAR NA CASA" PARA 2011-2012

O obxectivo de este programa é contribuír á formación de pais con nenos entre 0 e 3 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria.
Esta actividade levase a cabo en colaboración coa Concellería de Traballo e Benestar e a Fundación Preescolar na Casa. Manterase a actividade como en anos anteriores sen minorar os días nin as horas.
Serán en Lestrobe os luns alternos de 16h a 18h e en Imo os martes alternos de 16,30h a 18,30h. O programa arranca o próximo luns día 3 de outubro.
18/9/11
REUNIÓN COMARCAL DO PARTIDO POPULAR EN DODRO
O lugar elixido en esta ocasión para a reunión comarcal do Partido Popular foi Dodro, a cal celebrouse esta semana no Pazo de Lestrove.
A reunión acudiron o Presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo e Jose Manuel Alvarez Campana.
Entre outros temas tratáronse os problemas económicos dos concellos alí reunidos e posibles solucións.
11/9/11
¡ MOITAS FELICIDADES UXÍO !
7/9/11
2/9/11
AMODIÑO.DODRO/2011
AMODIÑO.DODRO/2011
O programa consta de dúas partes diferenciadas:
Con este Programa preténdese por en marcha unha serie de saídas e actividades lúdicas para as persoas dependentes e os seus coidadores/as coa intención de facilitar ou facer posible que saian das súas casas e coñezan outros lugares, para que poidan disfrutar do sol, da natureza, do mar, de visitas guiadas... E isto paseniñamente..... ao seu ritmo.
Acompañados/as polas persoas que os coidan poderán participar nestas actividades todas as persoas dependentes valoradas nos graos I e II, e/ou aquelas outras que teñan á solicitude pendente de resolución.
Realizaremos algunhas actividades acompañados en todo momento por persoal especializado e contaremos con transporte adaptado en caso de ser necesario.
O custe das saídas, desprazamentos, monitores,... corre a cargo do concello é os participantes só deberán aboar o custe das comidas.
Comezamos o programa cunha Excursión ás Rias Baixas o vindeiro día 17 de setembro. A saída será ás 9h en dirección á praia de “Pedras Negras” en San Vicente do Mar, onde as persoas que así o desexen poderán realizar exercicios na auga acompañados/as por monitorizaxe especializado.
Ao rematar visitaremos a famosa illa de “A Toxa” e o pobo pesqueiro de “O Grove”. A comida será ás 14h, e pola tarde visitaremos Cambados para chegar a Dodro sobre as 8 da tarde.
O custo é de 12 € e as prazas son limitadas poidendo facer a inscricción ata o 12 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981 802 466.
Dentro do programa AMODIÑO.DODRO/2011 organizaremos tamén Xornadas de Respiro Terapéutico para os coidadores.
Comezamos cunha viaxe ó “Balneario de Cuntis” o venres 23 de setembro con saída ás 15h e regreso ás 20h.
Consideramos dunha gran importancia a atención os nosos maiores dependentes. Este programa nace co obxectivo de facilitarlle as saídas ás persoas dependentes e mellorar o seu entretenemento e ó mesmo tempo de facilitarlle ós coidadores algúns días de respiro.
28/8/11
AS CONTAS DO CONCELLO DE DODRO DO ANO 2.010
O goberno do Concello de Dodro manifesta a súa profunda preocupación polos datos obtidos ó remate do ano 2010 e que pon de manifesto a difícil situación económica das arcas municipais.
Dende o punto de vista orzamentario, o ano 2010 rematou cun desfase negativo de 258.870,27 euros, o que pon de manifesto que foron presupuestados ingresos que non se correspondían coa realidade, co que o único que se consigueu foi agravar a situación económica a pesar da crise económica coñecida por todos. Esta situación é máis grave se cabe, se temos en conta que xa no ano 2009 o desfase orzamentario foi de -157.000, o que pon de relieve que lonxe de tomar medidas para reducir o déficit, o único que fixo o goberno PSG-BNG foi incrementalo falseando a realidade e mantendo o engano ós veciños de Dodro.
Dende o punto de vista financieiro, e quizáis máis importante pola repercusión que elo conleva, o remanente de tesourería rematou no ano 2010 cunha cifra negativa de 469.199,60, cando no ano 2009 e segundo as contas presentadas polo goberno PSG-BNG xa fora negativo na cantidade de -198.000 euros. Dacordo ca legalidade, o presuposto para o vindeiro 2012 deberá facer fronte a esa diferencia de 469.000 euros, o que supón aproximadamente o 25 % de todo o presuposto. Esto significa que o Concello terá que reducir gastos por ese importe, ou ben, incrementar os ingresos nesa cantidade, o que da unha idea das graves dificultades nas que o novo goberno do Partido Popular terá que desenrolar a súa labor de goberno, así como o engano e falsedades que estivo a transmitir o goberno de Arturo Díaz e Victoria Rey Mariño ós veciños de Dodro.
Esta débeda que Arturo Díaz e Victoria Rey deixaron como “recordo” da súa estancia no goberno de Dodro, contrasta ca aportación de 480.000 euros feita polos veciños comuneiros de Dodro, e os máis de 250.000 euros que o Concello de Dodro perdeu en subvencións xa concedidas pola pésima xestión do goberno PSG-BNG.
Despois de recibir subvencións do Plan E por un importe superior ós 800.000 euros, despois de que os veciños comuneiros aportaran máis de 480.000 euros ó goberno de Dodro, despois de que o goberno PSG-BNG se permitira o luxo de “perder” nada máis e nada menos que 250.000 euros en subvencións, a sra. Rey Mariño e o PSG lle deixan como regalo 470.000 euros de débeda ós veciños de Dodro.
A ISTO DEBEMOS ENGADIR QUE ESTA CANTIDADE NON INCLUIE UNHA DÉBEDA DE 111.000 EUROS CON AUGAS DE GALICIA QUE NON FOI PAGADA POLO GOBERNO PSG-BNG NESTES ÚLTIMOS CATRO ANOS E NIN SIQUERA SE INCORPOROU Á CONTABILIDADE, A PESAR DE QUE ESTÁ RECLAMADA POR VÍA DE APREMIO E CUN RECARGO DE 12.000 EUROS. TENDO ESTO EN CONTA, A DÉBEDA REAL ASCENDERÍA A UN MÍNIMO DE 581.000 EUROS.
ASÍMESMO, TAMPOUCO SE RECOLLEU EN CONTABILIDADE A POSIBLE DÉBEDA POLO MANTENEMENTO DO CENTRO DE DÍA E A ESCOLA INFANTIL, FROITO DO ACORDO ASINADO POLO BNG, E QUE PODERÍAN CHEGAR A SUPOÑER UN NOVO INCREMENTO DE 250.000 EUROS CORRESPONDENTES ÁS ANUALIDADES DOS ANOS 2008, 2009 E 2010.
DE CHEGAR A CONFIRMARSE ESTO ÚLTIMO A DÉBEDA PODERÍA ACADAR OS 831.000 EUROS, O QUE SIGNIFICARÍA QUE PRÁCTICAMENTE O ORZAMENTO DO 2012 TERÍA QUE ADICARSE ÚNICAMENTE Ó PAGAMENTO DOS SALARIOS DOS EMPREGADOS DO CONCELLO DE DODRO.












