11/12/10

ACOSO LABORAL NO CONCELLO

O Partido Popular de Dodro presentou na mañá do venres 10 de decembro unha moción urxente por rexistro no Concello para ser debatida no Pleno dese día ás 8 da tarde.
Ante o numeroso público asistente ó Pleno para apoiar ás funcionarias, o equipo de goberno non lle permitiú o PP ler a moción presentada, votando en contra da urxencia.
Por este motivo o PP de Dodro optou por facer preguntas orais ó alcalde e os concelleiros ás que non se dignaron a contestar.
Dentro duns días poderedes escoitar a grabación íntegra do Pleno neste blog, cedida por un medio de comunicación a este grupo municipal.
O Partido Popular quere denunciar o acoso laboral existente no Concello contra dúas funcionarias por parte do equipo de goberno e doutro persoal do Concello. Acoso laboral que rematou en baixas laborais.
O PARTIDO POPULAR NON QUERE SER CÓMPLICE DESTES FEITOS, e despois de 3 anos calados,... XA ESTÁ BEN!
Transcribimos literal a moción presentada á que o equipo de goberno fixo caso omiso:

O PLENO DO CONCELLO DE DODRO.


MOCIÓN:
Defínese o acoso laboral como tanto a acción dun hostigador ou hostigadores conducente a producir medo ou terror no traballador afectado cara o seu lugar de traballo, como o efecto ou a enfermidade que produce no traballador. Esta persoa ou grupo de persoas reciben unha violencia sicolóxica inxustificada a través de actos negativos e hostís no traballo por parte dos seus compañeiros, dos seus subalternos ou dos seus superiores. Dita violencia sicolóxica prodúcese de xeito sistemático e recurrente durante un periodo de tempo prolongado, ó longo de semanas, meses e incluso anos, e á mesma en ocasións se añaden accidentes fortuitos, e ata agresións físicas nos casos máis graves.
O que se pretende en último término con este hostigamento, intimidación ou perturbación (ou normalmente a conxugación de todas elas) é o abandono do traballo por parte da víctima, a cal é considerada polos seus agresores como unha molestia ou ameaza para os seus intereses persoais.

Desgraciadamente a pasada semana, producíronse nas oficiñas deste concello uns feitos que poderían chegar a constituir o resultado dunha acción de acoso laboral que se vería mantendo contra dúas funcionarias, concretamente, a sra. Zúñiga e a sra. Fondevila, administrativa e secretaria respectivamente deste Concello. O estado de ansiedade que acadou a sra. Zúñiga foi de tal envergadura que inmediatamente debeu de ser levada a un centro médico para ser atendida, sen que ata o momento, e por prescripción médica poda incorporarse ó seu posto de traballo.

Segundo se desprende dos feitos ocorridos, é posible imaxinar que dende fai varios meses, poderíanse estar cometendo accións dirixidas a socavar o estado sicolóxico destas dúas persoas co único fin de que deixaran o seu posto de traballo. E poderíase decir a estas alturas, que o obxectivo estaría cumprido, pois desde esta mesma semana, tanto a sra. Zúñiga como a sra. Fondevila, víronse obrigadas a aceptar a baixa médica a causa do estado de enorme ansiedade no que se atopaban.

Un estado de ansiedade que podería estar causado pola negación de xeito inxustificado das súas funcións que pola súa categoría laboral lle corresponden. A sra. Zúñiga, a pesar de ser a administrativa con maior antigüedade (23 anos) no noso Concello obrígaselle a facer traballos que corresponderían a unha categoría laboral inferior, namentras que á sra. Fondevila, secretaria do Concello tamén cunha antigüedade de 23 anos, nin siquera lle permiten ter acceso ó correo electrónico, en pleno século XXI. Un caso claro, que pon de manifesto de ata qué punto se lle intenta vaciar de contido as súas funcións o constituie o feito de que o informe xurídico que debera acompañar o expediente da construcción do Centro de Artes Escénicas non foi elaborado pola secretaria do Concello de Dodro como sería o natural, senón por unha terceira persoa que non ten nin siquera vinculación laboral con este Concello.

Poderíamos contar tamén a absoluta desconsideración mantida ca sra. Zúñiga cando se lle negaron nun principio días de permiso ós que tiña dereito, para atender a sua nai gravemente enferma, e houbo de recurrir a un procedemento extraordinario para facer valer os seus dereitos, non só como funcionaria, senón mesmo como persoa.

Outro caso evidente en sí mesmo. Ante a ausencia temporal da secretaria a sra. Fondevila, o alcalde non tivo maior reparo en nomear temporalmente como secretario ó exalguacil, e agora auxiliar administrativo, en lugar de seguir o escalafón normal de categorías laborales, de tal xeito que tería que ser a sra. Zúñiga a nomeada como secretaria temporal.

Pero o ocorrido esta semana pasada, contou cunha testemuña excepcional, a sra. Rey Mariño, concelleira de Benestar Social e segundo ela mesmo se declara, firme defensora das mulleres acosadas.

A sra. Rey se quixera podería explicar perfectamente qué ocorreu nas oficinas deste Concello e a qué se debeu. A sra. Rey, a que di que hai que loitar contra a violencia machista, a que lles di ás mulleres que deben denunciar os acosos ós que se ven sometidas, a que denuncia as graves consecuencias sicolóxicas que a violencia expresada a través das súas múltiples variantes pode causar ás mulleres.

Ten hoxe, sra. Rey, unha excelente oportunidade de demostrar a solidez dos seus principios, e ata qué punto eses principios están por riba da súa ambición política.

Esta é unha excelente oportunidade de demostrar, sra. Rey, ata onde chega o seu verdadeiro compromiso coa defensa das mulleres e en contra de calquer abuso cometido contra as mulleres.

Esta é unha excelente oportunidade de demostrar, sra. Rey, ata onde chega o seu pacto co PSOE.

Porque non debemos olvidar que o máximo responsable dos funcionarios que traballan no Concello é o seu alcalde, neste caso, o sr.Díaz. E resulta moi preocupante que dúas funcionarias, con máis de 20 anos de experiencia, e cunha traxectoria profesional e personal ata agora sen mácula, e que están ás órdenes exclusivamente do sr. Díaz, cheguen a alcanzar un estado de ansiedade que pon en grave risco a súa propia saúde. Porque do que eiquí estamos a falar, non é únicamente dunha cuestión laboral, senon que trascende este ámbito para meterse de cheo no plano estrictamente persoal cunhas consecuencias que poderían ser moi graves.

Dende o Partido Popular decidimos denunciar esta situación, que na nosa opinión podería chegar a convertirse claramente nunha acción de acoso laboral, porque non facelo só nos convertiría en meros cómplices dunha situación absolutamente rexeitábel, máxime cando se está a cometer nunha institución como o Concello, que representa a todos os veciños e debe constituir exemplo para todos. Non somos fiscais para exixir posibles responsabilidades delictivas, pero cando menos, sí que debemos exixir responsabilidades políticas a quenes as teñen.

E o que non imos permitir é que esta situación se manteña, refuxiándose no medo provocado e nas ameazas que tanto a sra. Zúñiga como a sra. Fondevila poderían ter recibido. Esperamos non chegar demasiado tarde e que os danos feitos se poidan reparar, aínda que somos conscientes de que algún dos danos cometidos terá difícil reparación pola súa excepcional gravidade.



Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular de Dodro propón ao Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

1.- Crear de xeito inmediato unha comisión composta por representantes das tres forzas políticas para investigar as causas da baixas forzadas da sra. Zúñiga e a sra. Fondevila, funcionarias deste Concello, e no seu caso, delimitar as posibles responsabilidades políticas a que dera lugar.

En Dodro, a 10 de Decembro de 2010.


No hay comentarios: