28/4/11

O ALCALDE DE DODRO IMPUTADO POLO JUZGADO Nº 1 DE PADRON

Segundo a información á que tivo acceso o Partido Popular de Dodro, o próximo 5 de maio o actual alcalde Arturo Díaz Díaz terá que declarar como imputado polo pagamento a empregados do concello utilizando para eso facturas falsas.

Dacordo co que consta nas dilixencias practicadas polo Xulgado de Instrucción, son evidentes as contradiccións das declaracións realizadas pola concelleira de deportes e o representante da empresa que emiteu a factura falsa. Ante esas evidencias, o xuiz decideu tomar declaración en calidade de imputado ó Sr.Díaz, ó mesmo tempo que reclamou toda a documentación do pleno no que o Partido Popular denunciou os feitos.
En opinión do Partido Popular se ben o responsable directo destas irregularidades é o Sr. Díaz, non é menos certo que non se poderían ter feito sen o consentimento do BNG que xa apoiou ó alcalde cando foi condenado por agresión.
Unha vez máis ponse de manifesto a existencia de irregularidades na xestión do Concello de Dodro co goberno BNG-PSOE que levaron a unha situación financieira crítica, cunha parálise nas obras pola absoluta falta de fondos.

De feito, o Concello de Dodro aínda non ten presentado o orzamento previsto para o ano 2011, de modo que os veciños non poden coñecer cáles son as disponibilidades cas que conta o seu concello para atender as suas necesidades.

No hay comentarios: