15/5/11

¡AFLUENCIA MASIVA DE VECIÑOS Ó MITIN NA PAXAREIRA COA PRESENCIA DE BEATRIZ MATO, CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR !






Mais de 250 veciños acudiron ó mitin do Partido Popular onte día 14 na Paxareira. Contamos coa presencia da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen coñece a Valentín dende fai 20 anos. Dixo de él que se distingue por ser moi traballador e sensato e que é o alcalde que Dodro necesita. Alabou o noso programa electoral e comprometeuse a apoiar as propostas que en materia de servizos sociais queremos levar a cabo. Rematou a súa intervención pedindo o voto para o seu amigo Valentín Alfonsín, o candidato que dará futuro a Dodro.
Tamén contamos coa presencia do Delegado Provincial e Secretario Provincial do Partido, Diego Calvo, quen destacou sobre todo o gran equipo que forma a nosa candidatura liderada por Valentín Alfonsín e o programa electoral que nos propoñemos levar a cabo, destacando que é un dos mellores programas que veu ata o momento.
Gracias a todos os veciños por vir escoitarnos.
Vota Valentín Alfonsín
Vota Partido Popular de Dodro

No hay comentarios: