Abriu o mitin o alcalde de Dodro Valentin Alfonsín dando as gracias ós veciños asistentes e recordando a grave crise por a que atravesa España.
A continuación interveu a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas quen explicou as políticas de sanidade en aforro e novas inversións. Políticas que despois de ser criticadas e recorridas polo goberno central, agora se acaban de implantar copiando o modelo de Galicia.
Marta González, ex Secretaria xeral de igualdade e candidata ó Congreso recordou os 5 millóns de parados e a nefasta xestión do goberno do PSOE ante a crise que está a atravesar España. Alabou a boa xestión en Galicia e a capacidade de traballo de Alberto Nuñez Feijoo e o seu equipo, modelo que continuará no goberno central a partir do día 21 de novembro si Mariano Rajoy obtén a maioría absoluta nas eleccións xerais.
Rematou o mitin o Presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo, quen dixo que non se ían facer promesas imposibles pero que se empezará a traballar dende o primeiro día para sacar a España adiante, saír da crise, xerar emprego e poñer a España no lugar que lle pertence na Unión Europea. Prometeu traballo, traballo e máis traballo.
Todos pediron o voto para Mariano Rajoy, para ter en España un presidente galego, responsable e con compromiso.
O salón de actos da Paxareira abarrotado de veciños quedouse pequeno, rompendo en aplausos en numerosas ocasións durante as intervencións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario