24/4/12

SOBRE A LEI DE MONTES

En referencia á xuntanza en Dodro convocada polo BNG de Dodro e o sindicato labrego galego sobre a Lei de Montes o Partido Popular informa do seguinte:

1. O proxecto de Lei de Montes de Galiza está en trámite parlamentario.

• Efectivamente, chega ao trámite parlamentario o primeiro proxecto de lei que regulará este importante espazo territorial galego e o seu aproveitamento → deixamos un borrador en 2005 e eles non a tramitaron ata que en 2009 presentaron o seu → catro anos de parón.


• É unha lei debatida e redactada da man do sector:


o Mantivéronse máis de 30 xuntanzas con 20 organizacións do Consello Forestal de Galicia
o Recibíronse 345 achegas de 37 organizacións/persoas no período de exposición pública → máis do 75% dos artigos (170) sufriron modificacións


2. Se están preparando os montes para que os xestionen as empresas.
Tratan de terxiversar a realidade → este proxecto de lei fomenta a unión dos pequenos propietarios e a xestión do monte:


o Consolidando a figura xurídica das agrupacións de propietarios forestais (SOFOR) →


 permite unha explotación económica organizada do monte sen perder a propiedade
 virán a ser un xeito de “cooperativas de propietarios” (sempre voluntarias) que funcionarán conforme a unha explotación empresarial do monte (sen perder a propiedade).


3. A nova Lei de Montes fomenta:
a. A xestión privada


o Non menten → o 98% do monte galego é de propietarios privados → ten todo o sentido que cada propietario xestione o seu, en solitario ou mediante formas asociadas (SOFOR).


b. A forestación de terras agrarias


o Menten → non leron os artigos 58 a 62 do proxecto de lei → en especial o artigo 61, que regula o paso de usos agrarios a forestais → Soamente os terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto abandono e que estivesen adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento semellante, por un período de polo menos dous anos, se poderán forestar logo de comunicarllo á Administración.


c. Converte o noso territorio en pasto para os lumes.


o Menten → precisamente fai especial fincapé en reformular diversos aspectos difusos e inconcretos da Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.


o Son estes mesmos os que nos falan de incendios cando:


 Reducimos, en 2009-2010, a cifra de hectáreas queimadas nun 75% respecto ao bienio 2006-2007.
 A superficie media queimada por incendio reduciuse nun 58% en 2011 respecto de 2006.


o Son estes os que nos acusan de non facer prevención e reducir os medios contra os lumes forestais cando:


 Desde 2009 en adiante aumentamos nunha media do 28% a cifra de hectáreas sobre as que se realizan tarefas de prevención contra o lume.
 Non reducimos nada aínda a pesar da crise → eles en 2006 reduciron os medios humanos e os helicópteros en máis dun 30% e cancelaban o convenio polo que o Exército actuaba nas tarefas de prevención e loita contra o lume.




















23/4/12

INFORMACIÓN SOBRE O COBRO DO CANON DA AUGA


En referencia á información que facilita o BNG de Dodro no seu facebook:


FACEBOOK BNG DODRO 19-4-2012

O SÁBADO ÁS 5 DA TARDE NA PAXAREIRA:
Augas de Galicia xa comezou a cobrar o
canon da auga a traídas veciñais.
Dende a entrada en vigor da Lei de Augas, a
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia
comezou a emitir os cobros a comunidades de
usuarios despois de ter declarado que non ían
aplicar o canon a traídas veciñais nin a pozos
particulares.
CHARLA INFORMATIVA CON CARME FREIRE, SECRETARIA XERAL DO SINDICATO LABREGO GALEGO

O Partido Popular de Dodro quere informar do seguinte:
 
Na actualidade non se está a cobrar o canon da auga. É unha mentira afirmar iso.

Como se ten reiterado –e así se lle trasladou aos sindicatos agrarios e á representación da asociación de traídas veciñaios por parte da Xunta- o tratamento dos comuneiros no consumo de auga é equivalente ao de calquera usuario doméstico con captacións propias(pozo, manancial, etc) para os que existe un desconto do 90%, deste xeito o importe que procedería esixir por un consumo básico de auga para vivenda estaría por debaixo do límite establecido para considerar unha débeda como antieconómica e, por tanto, na práctica non se esixirá. É dicir, os consumos básicos domésticos de auga procedente de comunidades ou de captacións propias non terán que pagar polo canon da auga.

A Xunta de Galicia está a cumprir co compromiso acadado a ese respecto coa representación da asociación de traídas veciñais COXAPO, conforme ao acordo asinado no seu día (do que se achega copia).