Na actualidade non se está a
cobrar o canon da auga. É unha mentira afirmar iso.
Como
se ten reiterado –e así se lle trasladou aos sindicatos agrarios e á
representación da asociación de traídas veciñaios por parte da Xunta- o
tratamento dos comuneiros no consumo de auga é equivalente ao de calquera
usuario doméstico con captacións propias(pozo, manancial, etc) para os que
existe un desconto do 90%, deste xeito o importe que procedería esixir por un
consumo básico de auga para vivenda estaría por debaixo do límite establecido
para considerar unha débeda como antieconómica e, por tanto, na práctica non se
esixirá. É dicir, os consumos básicos domésticos de auga procedente de
comunidades ou de captacións propias non terán que pagar polo canon da auga.
A Xunta de Galicia está a
cumprir co compromiso acadado a ese respecto coa representación da asociación
de traídas veciñais COXAPO, conforme ao acordo asinado no seu día (do que se
achega copia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario