26/11/13

O CONCELLO INAUGURA UNHA ESCULTURA NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Reunímonos no Día Internacional en contra da violencia de xénero para conmemorar e render homenaxe a todas as mulleres que sofren violencia machista.
700 mulleres asasinadas en España na última década por violencia machista. 600.000 mulleres maltratadas cada ano. Este ano, 42 mulleres perderon a vida en mans de homes que exercen violencia en contra delas. 42 razóns para unirnos hoxe aquí para rechazar este tipo de agresións.
Cada vez que unha muller sofre este tipo de violencia arrebátase un proxecto de vida. Se nos vai  unha amiga, unha nai, unha irmá ou unha filla... o que supón un fracaso de toda a sociedade.
Negar ou infravalorar este tipo de violencia dificulta a súa loita, por iso concienciar e sensibilizar ás persoas sobre a gravidade de esta lacra, contribúe a combatela.
 A violencia machista é un problema social que debe ser abordado de maneira integral e constante. Avanzamos con pequenos pasos pero sempre convencidas e decididas a que a nosa sociedade camiñe a unha convivencia máis xusta e igualitaria, onde homes e mulleres sexamos respetados por igual.
A igualdade é un dereito a un mesmo trato de oportunidades, po iso a violencia de xénero non pode nin debe formar parte da nosa vida.
Cada persoa ten a responsabilidade e o deber de actuar, comprometéndose de forma individual e colectiva  a facer todo o posible  por promover e protexer os dereitos das mulleres e que poidan vivir libres de violencia e discriminación.
Reiteramos hoxe a nosa repulsa á violencia machista e o noso apoio e cercanía ás mulleres que a sofren.
 
Esta escultura que inauguramos hoxe en Dodro será un recordatorio constante de que aínda queda moito traballo por facer.
E cada día que pasemos por diante dela, recordemos e nos empeñemos aínda máis, en alcanzar os nosos obxetivos para erradicar de unha vez por todas esta lacra social.
MEDRAR EN IGUALDADE
É COUSA NOSA

 
 
 
 

O CONCELLO APROBA O PRESUPOSTO PARA O 2.014 COS VOTOS DO PARTIDO POPULAR


O pasado venres 22 de novembro o Pleno do Concello de Dodro aprobou os presupostos para o 2.014.
 
O equipo de goberno destaca deste orzamento:
Este equipo de goberno presenta novamente os presupostos en prazo para que entren en vigor o 1 de xaneiro cuns ingresos por importe de 1.903.163,81 €, aumentando os ingresos con respecto ao ano 2013 casi nun 20 %.
 
 Un presuposto equilibrado orzamentariamente, estable, sostible e que cumpre coa regla do gasto.
 
Compútanse ingresos reais, transferencias correntes e subvencións que se perciben todos os anos, polo que os ingresos por subvencións e outros conceptos que se perciban ao longo do ano 2014 iranse incorporando ao presuposto ao longo do exercicio con xerancións de crédito.

 
Cabe destacar do orzamento:
-          A ampliación a xornada completa a 4 dos 6 traballadores que se lles tivo que reducir a xornada laboral por mor da situación económica encontrada no concello cando este equipo de goberno tomou posesión.
-          O incremento da dotación orzamentaria do SAF dependencia en case un 10%
-          O incremento de máis dun 28% nas axudas de emerxencia social e subvencións na área de servizos sociais, aumentando esta partida en máis de 37.000 €.
-          O incremento de 21.000 € nas áreas de cultura e deporte.
-          As inversións por máis de 200.000 € en infraestruturas e saneamento que coa previsión do arranxo do polideportivo e a senda peonil en Bexo superan os 400.000 €.

 
Con este orzamento vese o compromiso de este goberno de continuar cunhas contas municipais saneadas, mellorando e ampliando a calidade dos servizos municipais e que permitirán unha xestión eficaz do gasto público sen esquecer as accións destinadas a servizos e actividades de solidariedade social prestados polo Concello en beneficio do interés xeral e do conxunto dos veciños de Dodro.

 
Continúase coa senda iniciada co presuposto do exercicio 2012 logrando unha situación de equilibrio orzamentario, capacidade de financiamento e aforro neto positivo.