O pasado venres 22 de novembro o Pleno do Concello de Dodro aprobou os presupostos para o 2.014.
O equipo de goberno destaca deste orzamento:
Este equipo de goberno presenta novamente os presupostos en prazo para que
entren en vigor o 1 de xaneiro cuns ingresos por importe de 1.903.163,81 €,
aumentando os ingresos con respecto ao ano 2013 casi nun 20 %.
Compútanse ingresos reais, transferencias correntes e subvencións que se
perciben todos os anos, polo que os ingresos por subvencións e outros conceptos
que se perciban ao longo do ano 2014 iranse incorporando ao presuposto ao longo
do exercicio con xerancións de crédito.
Cabe destacar do orzamento:
-
A
ampliación a xornada completa a 4 dos 6 traballadores que se lles tivo que
reducir a xornada laboral por mor da situación económica encontrada no concello
cando este equipo de goberno tomou posesión.
-
O
incremento da dotación orzamentaria do SAF dependencia en case un 10%
-
O
incremento de máis dun 28% nas axudas de emerxencia social e subvencións na
área de servizos sociais, aumentando esta partida en máis de 37.000 €.
-
O
incremento de 21.000 € nas áreas de cultura e deporte.
-
As
inversións por máis de 200.000 € en infraestruturas e saneamento que coa
previsión do arranxo do polideportivo e a senda peonil en Bexo superan os
400.000 €.
Con este orzamento vese o compromiso de este goberno de continuar cunhas
contas municipais saneadas, mellorando e ampliando a calidade dos servizos
municipais e que permitirán unha xestión eficaz do gasto público sen esquecer
as accións destinadas a servizos e actividades de solidariedade social
prestados polo Concello en beneficio do interés xeral e do conxunto dos veciños
de Dodro.
Continúase coa senda iniciada co presuposto do exercicio 2012 logrando unha
situación de equilibrio orzamentario, capacidade de financiamento e aforro neto
positivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario