21/11/11

RESULTADOS ELECCIÓNS XERAIS 2.011




¡ GRACIAS A TODOS OS VECIÑOS!





PARTIDO POPULAR 1.170 votos





PSOE 466 votos





BNG 341 votos

12/11/11

A HERDANZA DO GOBERNO DA SRA. REI MARIÑO E O PSOE

REVISTA Nº 7 NOV2011

6/11/11

CHEO TOTAL NO MITIN DO PARTIDO POPULAR EN DODRO






Abriu o mitin o alcalde de Dodro Valentin Alfonsín dando as gracias ós veciños asistentes e recordando a grave crise por a que atravesa España.




A continuación interveu a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas quen explicou as políticas de sanidade en aforro e novas inversións. Políticas que despois de ser criticadas e recorridas polo goberno central, agora se acaban de implantar copiando o modelo de Galicia.




Marta González, ex Secretaria xeral de igualdade e candidata ó Congreso recordou os 5 millóns de parados e a nefasta xestión do goberno do PSOE ante a crise que está a atravesar España. Alabou a boa xestión en Galicia e a capacidade de traballo de Alberto Nuñez Feijoo e o seu equipo, modelo que continuará no goberno central a partir do día 21 de novembro si Mariano Rajoy obtén a maioría absoluta nas eleccións xerais.




Rematou o mitin o Presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo, quen dixo que non se ían facer promesas imposibles pero que se empezará a traballar dende o primeiro día para sacar a España adiante, saír da crise, xerar emprego e poñer a España no lugar que lle pertence na Unión Europea. Prometeu traballo, traballo e máis traballo.




Todos pediron o voto para Mariano Rajoy, para ter en España un presidente galego, responsable e con compromiso.




O salón de actos da Paxareira abarrotado de veciños quedouse pequeno, rompendo en aplausos en numerosas ocasións durante as intervencións.

27/10/11

COMIDA CON MARIANO RAJOY NA CORUÑA


O sabado 29 de outubro 100 veciños de Dodro acudirán á comida con Mariano Rajoy na cidade da Coruña.

10/10/11

O CICLO DA VIOLENCIA

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organiza un Videoforo sobre "O ciclo da Violencia"

TRABALLANDO A AUTOESTIMA

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do concello organiza uns obradoiros de autoestima:



1/10/11

EXPOSICIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO NO CONCELLO



Exposición «O Noso Mundo, O Noso Futuro, A Nosa Opción», estará aberta ao público no Concello desde o vindeiro luns, día 3 de outubro ata o 17 de outubro nos baixos da Casa do Concello.

Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

O CONCELLO PRESENTA "PREESCOLAR NA CASA" PARA 2011-2012



A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade presentou o día 29 de setembro ás familias o programa "Preescolar na Casa".

O obxectivo de este programa é contribuír á formación de pais con nenos entre 0 e 3 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria.

Esta actividade levase a cabo en colaboración coa Concellería de Traballo e Benestar e a Fundación Preescolar na Casa. Manterase a actividade como en anos anteriores sen minorar os días nin as horas.

Serán en Lestrobe os luns alternos de 16h a 18h e en Imo os martes alternos de 16,30h a 18,30h. O programa arranca o próximo luns día 3 de outubro.

18/9/11

REUNIÓN COMARCAL DO PARTIDO POPULAR EN DODRO


O lugar elixido en esta ocasión para a reunión comarcal do Partido Popular foi Dodro, a cal celebrouse esta semana no Pazo de Lestrove.

A reunión acudiron o Presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo e Jose Manuel Alvarez Campana.

Entre outros temas tratáronse os problemas económicos dos concellos alí reunidos e posibles solucións.

11/9/11

¡ MOITAS FELICIDADES UXÍO !


UXÍO ABUÍN PROCLAMOUSE HOXE MEDALLA DE BRONCE NO CAMPEONATO GALEGO DE TRIATLÓN CELEBRADO NA CORUÑA
¡ MOITAS FELICIDADES CAMPIÓN !

6/9/11