
2/5/11
28/4/11
O ALCALDE DE DODRO IMPUTADO POLO JUZGADO Nº 1 DE PADRON
En opinión do Partido Popular se ben o responsable directo destas irregularidades é o Sr. Díaz, non é menos certo que non se poderían ter feito sen o consentimento do BNG que xa apoiou ó alcalde cando foi condenado por agresión.
Unha vez máis ponse de manifesto a existencia de irregularidades na xestión do Concello de Dodro co goberno BNG-PSOE que levaron a unha situación financieira crítica, cunha parálise nas obras pola absoluta falta de fondos.
MITIN DO PARTIDO POPULAR - "CENTRADOS EN TI"
13/4/11
AS CONTAS DO CONCELLO NO ANO 2.009
11/4/11
¡ PORQUE ESCOITARTE É IMPORTANTE !
MARTES 12 abril ás 19,30h nas aldeas de VIGO e IGREXA (na praza do Souto)
MÉRCORES 13 abril ás 19,30h nas aldeas de REVIXÓS, SUSAVILA, DODRIÑO E CANCELA ABREA (na praza do cruceiro en Revixós)
VENRES 15 abril ás 20h na aldea de LESTROVE (no campo da escola)
¡ ESPERAMOTE !
3/4/11
1/4/11
¡ O CONCELLEIRO DE CULTURA DISCRIMINA ÓS DISCAPACITADOS !
No Pleno ordinario do venres día 25 de marzo o grupo municipal do Partido Popular de Dodro presentou unha pregunta por escrito para saber onde estaba a rampa de acceso a minusválidos do Centro de Artes Escénicas, centro no que se están organizando actos dende fai días. Ante a “sorpresa” deste grupo municipal o Concelleiro de Cultura Abel Tarrio respostou que “non hai rampa de acceso para persoas con discapacidade porque queremos que sexa un lugar accesible para todos”. Este grupo municipal no turno de preguntas orais preguntoulle ó concelleiro si era coñecedor de que por Lei debería haber acceso a minusválidos nun local público ó que optou non respostar. ¿Acaso para o Concelleiro de Cultura de Dodro os minusválidos non entran dentro do termino “accesible para todos”? ¿Acaso non teñen dereito a disfrutar dos actos que se celebren no Concello?
Para o Partido Popular de Dodro esta DISCRIMINACIÓN dun sector da nosa sociedade poñen de novo de manifesto a INCOMPETENCIA dos Concelleiros do noso Concello e do equipo de goberno PSOE-BNG.
23/3/11
¡ CATRO ANOS DE "DESGOBERNO" !
Ninguén podía esperar que o goberno PSOE-BNG ía destacar pola continuas e repetidas ilegalidades, polas profundas discrepancias entre ambos os dous partidos e por unha serie de accións absolutamente contrarias aos intereses e demandas dos veciños.
No primeiro apartado, cabe recordar as seleccións de persoal realizadas polo PSOE vulnerando os principios legais máis evidentes, creando prazas que en principio terían unha duración de meses e prolongáronse ata o día de hoxe. Xa máis próximo, cabe sinalar a imputación do Alcalde Arturo Díaz Díaz polo pagamento de 200 euros a un funcionario utilizando presuntas facturas falsas, e o informe da APLU sinalando o incumprimento das normas urbanísticas da obra do Centro de Artes Escénicas promovida polo BNG tras gastarse máis de 150.000 euros.
A iso habería que sumar a condena xudicial ao alcalde por agresión a unha persoa no propio edificio do Concello, e tras o cal, o BNG "imperturbable" mantivo o seu apoio máis absoluto nun caso sen precedentes. Apoio que volveu poñerse de manifesto máis recentemente tras descubrirse o acoso laboral ao que foron sometidas dúas funcionarias do concello e a pesar de que segundo a tenente-alcalde do BNG, Sra. Rey Mariño, a política laboral do Sr. Díaz era "arbitraria e incoherente".
A submisión do PSOE ao BNG foi absoluta durante estes últimos catro anos, usurpando o BNG de forma clara áreas do goberno que en principio lle corresponderían ao PSOE. O afán de protagonismo do BNG e da seu tenente-alcalde Sra. Rei Mariño acantou durante esta lexislatura o PSOE que se viu totalmente desbordado e incapaz para facer fronte minimamente ás necesidades do noso concello.
A iso súmase a absoluta incompetencia para vixiar a execución das obras que o goberno BNG-PSOE contratou, e que crearon graves problemas aos veciños como o pavimentado da aldea de Imo e Revixós, o souto de Manselle ou a rede de sumidoiros de Bexo que non pode ser utilizada por estar mal executado.
E todo iso causando un grave prexuízo económico ao Concello e aos seus veciños, pois tal e como o propio BNG-PSOE recoñeceu, o concello de Dodro deixou de percibir 178.000 euros de subvencións xa concedidas a causa da súa pésima xestión.
A absoluta desidia coa que o BNG actuou na aldea de Teaio provocando que Telefónica desistise de instalar un repetidor de telefonía móbil constitúe un claro exemplo da enorme distancia que mediou entre goberno municipal e os veciños durante estes últimos anos, así como as beirarrúas construídas recentemente na Devesa de Lestrove ou a instalación de aseos portátiles que a Sra. Rey Mariño defendeu recentemente en pleno.
Pero quizais o que mellor resume a actuación do goberno PSOE-BNG durante estes últimos anos é que o concello de Dodro é coñecido por ter un alcalde "pegón" e por unha tenente-alcalde do BNG que promove obras públicas ilegais e que ante o acoso ao que foron sometidas dúas mulleres funcionarias recolle a súa pancarta de apoio e defensa das mulleres, e a garda nun caixón.
Pola contra, dende o Partido Popular durante estes últimos catro anos tratamos de presentar propostas para solucionar os problemas que afectaban aos veciños, e que todos podiamos prever salvo os membros do goberno PSOE-BNG. Incomodados polas iniciativas do Partido Popular, negaron o seu apoio sistematicamente a estas propostas, intentando xerar un rexeitamento por parte dos veciños, en lugar de solucionar os seus problemas. O resultado é unha lexislatura na que se desbordou unha enorme cantidade de recursos públicos e das comunidades de montes sen que o concello de Dodro e os seus veciños se visen beneficiados en idéntica proporción.
Sempre que tivemos oportunidade loitamos por conseguir o mellor para o noso concello, e aí están a xeito de exemplo a construcción de beirarrúas na estrada AC-305 ao seu paso por Lestrove, o retellado da casa de Dodro e as xestións realizadas ante a Xunta de Galicia para que o PXOM fose aprobado antes do Plan do Litoral co conseguinte beneficio para o noso concello, así como as numerosas xestións en favor de veciños do noso concello.
LINEAS XENERAIS DO NOSO PROGRAMA
Todos os indicios apuntan a que a situación económica actual do concello de Dodro é considerablemente peor á que hai 4 anos recibiron o PSOE-BNG e iso a pesar dos 483.000 euros que recibiron das comunidades de montes, é dicir, do patrimonio dos propios veciños. A iso súmase, a difícil situación pola que atravesa o noso país, con considerables reduccións nos ingresos de todas as administracións.
No noso programa electoral para a próxima lexislatura, no apartado de obras, o Partido Popular centrarase en reparar as obras mal executadas do goberno PSOE-BNG e en atender estrictamente as necesidades que os veciños nos veñen demandando.
15/3/11
A IRRESPONSABILIDADE DO GOBERNO PSOE-BNG DE DODRO
Na nosa opinión, a realización de actos que deberan ser culturais e sen ningún trasfondo partidista, vanse converter de feito en actos de apoio ó BNG e a súa candidata Sra. Rey Mariño, que sen ningún reparo, vai tentar utilizar a persoas alleas á política para os seus propios intereses de cara á campaña electoral.
A Sra. Rey Mariño está actuando con absoluto desprezo cara os resultados da inspección urbanística, confundindo claramente a valentía política ca ousadía más ignorante, e sen ten en conta o máis mínimo a prudencia e respecto á legalidade que debe primar no exercicio de todo cargo público.
É absolutamente irresponsable utilizar a persoas que puideran descoñecer a ilegalidade da obra da Casa do Regadío como respaldo persoal ó BNG, pois o único que vai a conquerir a Sra. Rey Mariño é convertelas nos seus cómplices involuntarios para vergonza de todo o Concello de Dodro.
13/3/11
5/3/11
O PP DE DODRO PRESENTA A SÚA CANDIDATURA
O venres 4 de marzo cerca de 500 persoas arrouparon o Partido Popular de Dodro na presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais.
Acto no que tamén estivo arroupado pola cúpula do PP de Galicia entre os que se encontraban Diego Calvo Secretario Provincial, Jose Manuel Alvarez Campana Secretario de organización e Presidente de Portos de Galicia, a senadora Mª Jesus Sainz, o senador e alcalde de Ribeira Jose Luis Torres Colomer, as deputadas Paula Prado e Maria Seoane, os alcaldes de Rois, Lousame e O Pino e os alcaldables de Padron, Rianxo, Ames, Brion, Vedra e Teo entre outros.
O equipo está encabezado por Valentín Alfonsín ao que lle sigue Marisol Boga, Maximino Rodriguez, Maria Fernandez, Jose Nuñez, Cristina Codesido, Jose Baleiron, Graciela Carou, Angel Jamardo, Adriana Soñora, Pablo Rial, Maria Calvo e Jose Manuel Rodriguez Alvarez.
Un equipo no que están representadas as tres parroquias do Concello. Un equipo unido, con ganas de traballar, de loitar polos intereses de Dodro e disposto a escoitar ós veciños. Persoas que traballan e traballaran por Dodro. Persoas que dende a humildade demostrarán a súa capacidade de xestión e sentido común.
Abriu o acto Marisol Boga falando do traballo, capacidade de xestión e do equipo que esa tarde presentaron, e finalizou agradecendo a presencia dos veciños e membros da cúpula do PP de Galicia.
Continuou Alvarez Campana agradecendo o traballo de Fernando Vila Brion e abogou por retirar “o carneiro” que se instalou no Concello fai catro anos.
Diego Calvo na súa intervención defineu a Valentín Alfonsín como “modelo de esforzo continuo” e “como a alternativa a un goberno local desgastado e sen ideas”. Explicou ós veciños a nova Lei de Augas, e votou por terra as mentiras que o BNG de Dodro está a facer circular entre os veciños.
Pechou o acto Valentín Alfonsín facendo un repaso da xestión do bipartito cunha presentación de diapositivas, poñendo de manifesto o fracaso e ineficacia do goberno actual á hora de executar obras e as innumerables promesas electorais do PSOE e o BNG incumpridas.
Fixo mención especial aos cartos que os comuneiros de Dodro aportaron ó goberno actual e ás subvencións perdidas debido a súa pésima xestión.
Criticou especialmente a Victoria Rey por “apropiarse” de méritos que non lle corresponden como a creación da escola infantil de Dodro ou o Centro de Día.
Pechou o acto presentando a candidatura e recordando aos homes que iniciaron a andadura de Dodro creando a escola de Tallos.
Os numerosos veciños que enchían o salón do Pazo de Lestrove romperon nun aplauso unísono durante varios minutos.
¡POR VOS E PARA VOS.... CONTINUAMOS TRABALLANDO!
GRACIAS VECIÑOS DE DODRO
24/2/11
21/2/11
10 VERDADES SOBRE A LEI DE AGUAS DE GALICIA
1. A Lei de Augas non crea novos tributos. O canon da auga substituirá ao actual
canon de saneamento.
2. Os pozos particulares non pagarán o canon da auga.
3. Tamén quedan exentos do pagamento do canon os usos agrarios, gandeiros e
forestais.
4. As comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación.
5. A lei non obriga á instalación de contadores. Quen non dispoña deles poderá
acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva.
6. Resolverá un problema municipal.O canon irá destinado exclusivamente a financiar
a mellora do abastecemento, saneamento e depuración da auga dos concellos de Galicia.
7. Implanta a tarifa social para usos domésticos. A tarifa seguirá o principio de
quen máis consume máis paga. As familias numerosas gozarán dunha bonificación do 50%.
8. Garante o subministro de auga en calidade e cantidade á cidadanía, atendendo
a un uso racional e sostible, e a un consumo responsable.
9. Coa nova Lei Galicia cumpre a normativa europea tendo en conta a realidade
do noso territorio e da nosa poboación.
10. O canon galego será o 2º máis barato de España. É o mesmo tipo de canon
que o da maioría das CC.AA. entre as que se atopan Asturias, Cataluña, Cantabria, País Vasco,
Navarra, Aragón, Baleares, Valencia e A Rioxa.
- Unha Lei para garantir a calidade da auga aos galegos de hoxe e de mañá
A Lei de Augas de Galicia garante a dispoñibilidade e a calidade presente e futura da auga, fronte ao perigo do aumento da contaminación que supón o crecemento da poboación e as malas prácticas no uso do elemento esencial.
- O actual Goberno galego asumiu con decisión a tarefa que outros deixaron sen facer, dando resposta ao reto de mellorar a xestión dos recursos hídricos de Galicia.
- O PSOE presentou varias emendas á nova Lei de Augas que deixan ben clara a dobre faciana dos socialistas e demostran que non son un partido de fiar.
- Emenda 142 do Partido Socialista. Propón multas de até 30.000 euros por "incumprimento de instalar un contador homologado”.
É dicir, os socialistas pretendían introducir un artigo que sancionaba aos que non tivesen contador. A Lei de Augas aprobada establece que a carencia de contador non será sancionable nos supostos de estimación obxectiva, como é o caso dos pozos particulares.
- Emenda 109 do Partido Socialista. Propón "incorporar progresivamente á rede pública as traídas de augas veciñais". Os que critican que se cobre o canon ás traídas veciñais son os
mesmos que propugnan, na práctica, a súa desaparición.
- En moitos concellos de Galicia o abastecemento de auga é deficitario, as depuradoras non funcionan e as redes de saneamento non chegan a todos. O canon da auga destinarase
só ao ciclo integral da auga: financiar obras de abastecemento e
saneamento, e máis a explotación de depuradoras.
- O canon da auga substitúe ao canon de saneamento. Unha boa parte da poboación pagará menos con este novo tributo. Fomentarase o uso racional e aplicarase o principio “quen contamina máis paga máis”.
11/2/11
31/1/11
¡ INCREIBLE ! VICTORIA REY CHAMALLE A ATENCIÓN A UN XORNAL POR PUBLICAR UNHA NOTA DE PRENSA DO PP
O Partido Popular de Dodro ten por costume remitir as súas notas de prensa a todos os xornais.
O día 20 de xaneiro o Xornal Certo publicou na súa web unha nota de prensa remitida por nos: http://certo.posterous.com/dodro-o-pp-asegura-que-o-concello-perdeu-9500
Neste xornal dixital os lectores poden deixar comentarios e... ¿de quen pensan que é o primeiro comentario? Pois de Victoria Rey! Se ve que non lle gustou a noticia e intentou "reprender" ó xornal,.. aínda que saleu "escaldada".
Transcribimos literalmente os comentarios sobre a nota de prensa, e tamén poden velos en: http://certo.posterous.com/dodro-o-pp-asegura-que-o-concello-perdeu-9500
Jan 22, 2011
Victoria said... Xente como esta do PP, que minte por sistema, hoxe sí e mañán tamén, son os que fan que a política perda credibilidade. Señores e señoras de Certo, que fan tan ben o seu traballo, teñan tamén o rigor de contrastar as noticias, por favor.
Jan 22, 2011
Xornal Certo said... Victoria, como xa lle explicamos nunha ocasión, as declaracións políticas non se contrastan -teríamos que ser concelleiros ou estar na comisión de goberno para facelo, e só somos mensaxeiros, non parte interesada-. É vostede a que ten que dicir que é falso. O outro día ocorreu o mesmo coas pancartas dos veciños: uns enviaron a noticia e outro dixo que era falso, aquí nos comentarios. Para iso están. E se quere outra nova replicando, en Certo nunca tivo problemas para publicar o que quixera, non é certo?
Jan 22, 2011
Veciño de Bexo said... Como se nota que están preto as eleccións, Victoria fai calquera cousa por tentar manter as súas ESCASAS (o BNG é actualmente a 3ª forza política do concello) posibilidades de facerse coa alcaldía tralas eleccións. Por eso segue negando a responsabilidade do BNG, e a que poida ter ela, na non execución da obra de arranxo dos camiños de Bexo, e segue chamando mentirosos ós do PP por dicir a verdade.Máis verdade e resposabilidade e menos ambición política.
Jan 25, 2011
Abel Tarrio Abuin said... tes a leccion ben aprendida e veciño de bexo,desprestixiar a vitoria e o bng,pero xa coñecemos a maneira que ten o pp de facer oposicion,calumniar ,desprestixiar ,insultar...o que "vos" molesta e que a xente se de conta de que o pp dalle a espalda a aldea de bexo e os seus veciños.e para os de certo decir que se forades concelleiros poderiades contrastar a noticia¿de que partido?
Jan 25, 2011
Xornal Certo said... O Partido Certiano, por suposto. Sigan tirando ao mensaxeiro, estamos acostumados (vivimos en España, é gaxe do oficio)
Jan 26, 2011
Veciño de Bexo said... Deixade de mentir oh, e de paso de votar merda sobre outros partidos por erros que comentestes vós. A maioría de veciños de Bexo sabemos o que pasa realemnte e non nos imos deixar enganar polas falacias de determinado partido político.





