16/4/08

¡¡ NOS DEIXARON FORA DO PXOM !!

¡NON CONTAN CON NOS PARA FACER O PXOM!

O Partido Popular de Dodro desexa por de manifesto o evidente retraso que o equipo de goberno de Dodro leva acumulado na tramitación do PXOM do Concello e que o único que conleva é un maior retraso na sua aprobación definitiva por parte da Xunta.
O informe inicial da Consellería de Obras Públicas foi remitido en Outubro de 2007 e dende esa data ó Partido Popular só se lle invitou a unha reunión efectiva no mês de marzo e que sirveu para que as propostas de modificación do PXOM aportadas polo Partido Popular relativas á aldea de Lestrove foran asumidas tanto polo PSG como polo BNG.
Dende o mes de marzo o goberno bipartito exclueu ó Partido Popular de calquer tipo de reunión de traballo para analizar e propoñer as modificacións necesarias, contrariamente ó que o goberno bipartito plantexou dende un principio, e facendo crer ós veciños que estaban a participar tóda-las forzas políticas, cando A REALIDADE É QUE O PARTIDO POPULAR FOI APARTADO SIN NINGÚN TIPO DE EXPLICACIÓN OU MOTIVO, o que queremos trasladar a todos os veciños para que teñan coñecemento.
O oscurantismo co que se está a traballar no PXOM por parte do goberno bipartito, fai pensar que o que se pretende é favorecer posibles intereses personais por riba dos intereses xerais dos veciños.
O Partido Popular xa manifestou na única reunión efectiva que se produxo cas tres forzas políticas, que non estaba disposto a apoiar modificacións que supusexen tratos discriminatorios entre os veciños, e que estes debían ser tratados coa máxima igualdade e consideración, dacordo ca normativa urbanística.
En opinión do Partido Popular a total falla de información sobre as posibles modificacións do PXOM o único que persegue é que os veciños teñan o mínimo coñecemento das modificacións que se propoñan e reducir así as posibles alegacións que se poideran facer.
Unha vez máis o goberno bipartito fai gala do seu verdadeiro talante, que nada ten que ver coa transparencia e valores democráticos máis básicos.

No hay comentarios: