16/4/08

¡ OS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR ABANDOAN O PLENO !

O 25 de abril ás 8 do serán celebrouse no Concello o pleno ordinario correspondente a ese mes, e no transcurso do pleno ás 20:50 horas o secretario D. Manuel Quintáns invocou unha cuestión de orde para abandoar o pleno, manifestando que fixo delegación, por ter que acudir a outro no Concello de Catoira no que é secretario titular.
Nese momento pasou a actuar como secretaria a funcionaria María José Rodríguez Expósito, quen realiza as funcións de tesoreira no Concello.
O Partido Popular nese momento solicitamos copia do nombramento da funcionaria e da delegación, contestando o alcalde Sr. Díaz que tal delegación constaba no expediente do pleno que se había posto a disposición dos concelleiros. ESTO É MENTIRA.
No expediente do pleno ó cal tivemos vista o mércores día 23 non constaba tal documento, o cal lle fixemos saber ó alcalde nese mesmo intre, ao cal fixo caso omiso, ignorounos e daba o turno de palabra a unha concelleira do PSOE sobre outro tema.

Os concelleiros do Partido Popular non estábamos dispostos a soportar novamente a ignorancia e “pasotismo” do alcalde e demais concelleiros do equipo de goberno, polo que insistimos en ver a delegación á que non tivemos acceso sen deixar continuar o pleno.
O alguacil do Concello trae o expediente do pleno e a funcionaria exercendo de secretaria entrega a mencionada delegación ós concelleiros do Partido Popular.
O documento de delegación estaba feita polo secretario e sen firmar polo que en ese momento os concelleiros do Partido Popular, ante a mentira vertida do alcalde, deciden abandonar o salón de plenos. O secretario en funcións non ten potestade para delegar de xeito unipersonal a súa función. Esta delegación debe facela o alcalde.
Tamén temos que manifestar que a función de tesoreira que exerce no Concello a funcionaria María José Rodríguez é incompatible co cargo de secretario, debendo procederse en tal caso ó nomeamento dun tesoreiro sustituto, cousa que non se fixo tampouco.

Esta é a segunda vez que suceden estos feitos nun pleno, facendo o alcalde e demais concelleiros do equipo de goberno caso omiso ás nosas manifestacións.
O equipo de goberno quere facer ó seu antoxo pero deron con unha oposición que non está disposta a eso, e que pensa que POR ENCIMA DE TODO DEBE PREVALECER A LEGALIDADE en todas as actuacións, e por descontado non vai tolerar a MENTIRA.

No hay comentarios: