O GRUPO POPULAR DE DODRO INTERPUSO UN RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA UNHA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DATA 28-1-08 NA QUE DENEGABA A REPETICIÓN DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 24 DE XANEIRO POR NON SOMETER A VOTACIÓN OS TEMAS PROPOSTOS POLO PP
O 24 de xaneiro do 2.008 celebrouse un Pleno Extraordinario solicitado polo PP de Dodro no que propoñiamos a elaboración por un técnico dun proxecto para a mellora dos accesos a Manselle e que contara co apoio veciñal, e a elaboración dun informe sobre a legalidade das obras particulares sen autorización que se estaban realizando no Concello.
Os dous puntos propostos polo Partido Popular non foron sometidos a votación e advertindo ó secretario deste feito o finalizar a sesión.
O día 26 de xaneiro presentamos escrito no Concello solicitando que se convocase novamente o pleno para reanudalo no momento da votación, a cal foi denegada polo alcalde por medio de resolución de data 28 de xaneiro, obrigando ó Partido Popular a acudir os tribunais.
O Juzgado Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago, con data 11 de decembro, danos a razón e condea ó Concello de Dodro a reanudar a sesión plenaria e someter a votación os asuntos devatidos na sesión.
O 26 de decembro convocase novamente pleno extraordinario en cumprimento da sentencia, a cal remata en tan só 4 minutos e para sorpresa de todos os presentes o equipo de goberno vota a favor das dúas propostas do Partido Popular.
A "pataleta" do alcalde de Dodro non ten sentido. Invita ó Partido Popular a acudir os tribunales para que cando o condean votar a favor.
E moi triste que por unha cabezonería do Alcalde tiberamos que acudir os tribunales para que nos deixen votar. ¿Esto é democracia? ¿E agora os concelleiros do equipo de goberno van cobrar a asistencia as dúas sesións plenarias por unha cabezonería deles? ¡ Vergoñento !
No hay comentarios:
Publicar un comentario