19/1/09

AGRESIÓN DO ALCALDE ARTURO DÍAZ Ó EX MONITOR DEPORTIVO

No día de hoxe, e tras a inauguración do Centro de Día, o sr. Díaz, alcalde de Dodro, agredeu dun puñetazo ó ex-monitor deportivo do Concello de Dodro, Alfonso Fernández. Tiveron que ser os concelleiros do Partido Popular quenes asistisen ó ex-monitor e o acompañasen ó Centro de Saúde de Padrón, onde se comprobou o alcance da lesión e se levantou o corrrespondente parte de lesións. Segundo as propias declaracións feitas polo sr. Fernández, este acudira ó Concello a solicitar o uso do polideportivo para un grupo de rapaces de Dodro, ó que lle respondeu o sr. Díaz, chamándolle cínico e posteriormente propinándolle un puñetazo que lle provocou danos no oído esquerdo.

Tanto o resto dos concelleiros do PSG como os do BNG, en ningún momento se puxeron en contacto co ex-monitor para interesarse polo seu estado, o que pon de manifesto unha vez máis o carácter totalmente dictatorial e autoritario do goberno bipartito do Concello de Dodro.

O Partido Popular solicitará de inmediato a dimisión do Sr. Díaz como alcalde de Dodro, así como a do tenente-alcalde, sr. Franco, convertido no “gran consentidor” de todos os abusos cometidos polo alcalde socialista, co único fin de preservar a súa parcela de poder a toda costa e seguir desenrolando a súa política totalmente sectarista.

O sectarismo e autoritarismo que ven caracterizando ó goberno PSG-BNG, acadou hoxe de forma vergoñenta para todos os cidadáns de Dodro a súa máxima expresión e dende o Partido Popular vanse levar a cabo todas as accións políticas posibles para que esta vergonza remate dunha vez en Dodro.

No hay comentarios: