Terras de Iria é un dos 247 expositores de Turexpo Galicia 2013 que se celebra en Silleda do 22 ao 24 de febreiro.
Co lema "Onde nace o Camiño" os concellos de Padrón, Rois e Dodro
queren dar a coñecer os tres municipios e promocionalos turísticamente.
O Stand está situado no pabillón 1, stand D12.
Os alcaldes dos tres concellos estiveron presentes hoxe na inauguración
que estivo a cargo de Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta
de Galicia e Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario