O goberno do Concello de
Dodro presentou no pleno do venres 15 de marzo a liquidación do orzamento de
2012.
O resultado orzamentario
obtido foi un resultado positivo de 701.658 euros, o cal contrasta
notablemente co resultados dos anos anteriores, con presupostos do goberno bipartito E QUE
LEVARON Ó CONCELLO DE DODRO A CONVERTIRSE NUN DOS TRES CONCELLOS CON PEOR
RESULTADO ORZAMENTARIO NA PROVINCIA DE A CORUÑA, EN CONCELLOS DE ATA
3.000 HABITANTES.
2011: -224.564 euros.
2010: -256.709 euros.
2009: -98.360 euros
2008: -135.310 euros.
En termos absolutos a DIFERENCIA
ENTRE O RESULTADO DE 2012 E 2011 É DE NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 925.000 EUROS,
o que pon de manifesto as notables diferenzas na xestión entre o
goberno do PP e o goberno bipartito PSOE-BNG A PESAR DAS DIFICULTADES
ORIXINADAS POLA CRISE ECONÓMICA.
Pero máis importante é si
cabe a evolución do REMANENTE DE TESORERÍA, E QUE MIDE REALMENTE A CAPACIDADE
ECONÓMICA DO CONCELLO. NO ANO 2010, O CONCELLO DE DODRO CHEGOU A TER -469.199
EUROS, E NO 2011 A
CIFRA CHEGARÍA ATA A CANTIDADE DE -413.732 EUROS, OCUPANDO O ÚLTIMO LUGAR ENTRE
TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA.
NO ANO 2012, POR PRIMEIRA VEZ NOS ÚLTIMOS 5 ANOS, O
CONCELLO DE DODRO ACADOU UN REMANENTE DE TESORERÍA DE 91.429 EUROS,
SUPERANDO NOTABLEMENTE TODAS AS PREVISIÓNS.
2008: -29.995 EUROS.
2009: -198.574 EUROS.
2010: -469.199 EUROS.
2011: -413.732 EUROS.
O alcalde Valentín Alfonsín
quere por en valor os excelentes resultados obtidos tendo en conta as
dificultades económicas que se atopou cando tomou posesión, e agradecer a
colaboración da veciñanza, dos empregados e os membros do goberno municipal que
foi decisiva para sacar ao concello da situación de quebra, e poder manter os
servizos básicos tan importantes na situación actual. Decir que
cando o Alcalde Valentín Alfonsín tomou posesión, tivo que facer fronte ao pago
urxente de enerxía eléctrica para evitar o corte de lús mesmo nas oficinas
xerais, e a día de hoxe, o Concello de Dodro está pagando as facturas antes dos
60 días.
Deste xeito, o actual
goberno de Dodro demostra ben ás claras que como sempre veu denunciando dende a
oposición, existe unha forma responsable de xestionar e gobernar, mantendo os
servizos realmente importantes do Concello sen que por iso se teña que por en
perigo a supervivencia económica do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario