2/6/11

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO GOBERNO

A TOMA DE POSESIÓN DO NOVO GOBERNO SERÁ O PRÓXIMO SABADO DÍA 11 ÁS 12 DA MAÑAN NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.

É UN ACTO PÚBLICO POLO QUE PODERÁN ASISTIR TODOS OS VECIÑOS.

23/5/11

MAIORÍA ABSOLUTA DO PP EN DODRO

¡ ACADAMOS A MAIORÍA ABSOLUTA !


PP 1.052 votos


PSOE 358 votos


BNG 699 votos

¡GRACIAS A TODOS OS VECIÑOS POR DEPOSITAR A SÚA CONFIANZA EN NÓS!


GAÑARON OS VECIÑOS DE DODRO

20/5/11

POR LA IGUALDAD - VOTA PARTIDO POPULAR

GRAN FESTA PECHE DE CAMPAÑA

HOXE AS 21h MITIN EN TEAIO E

GRAN FESTA PECHE DE CAMPAÑA

ESTADES INVITADOS TODOS OS VECIÑOS

VOTA VALENTIN ALFONSÍN

VOTA PARTIDO POPULAR DE DODRO

VOTA PARTIDO POPULAR




18/5/11

PRÓXIMOS MITINES

O MÉRCORES 18 ESTAREMOS EN IMO AS 21H NA LAVANDEIRA ONDE EXPOÑEREMOS O NOSO PROGRAMA ELECTORAL.
O VENRES DÍA 20 GRAN PECHE DE CAMPAÑA AS 21H EN TEAIO. ESPERAMOVOS A TODOS OS VECIÑOS.
POR UN DODRO MELLOR ESTAMOS
CENTRADOS EN TI
VOTA VALENTÍN ALFONSÍN
O CANDIDATO QUE DODRO MERECE
VOTA PARTIDO POPULAR EN DODRO

15/5/11

¡AFLUENCIA MASIVA DE VECIÑOS Ó MITIN NA PAXAREIRA COA PRESENCIA DE BEATRIZ MATO, CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR !






Mais de 250 veciños acudiron ó mitin do Partido Popular onte día 14 na Paxareira. Contamos coa presencia da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen coñece a Valentín dende fai 20 anos. Dixo de él que se distingue por ser moi traballador e sensato e que é o alcalde que Dodro necesita. Alabou o noso programa electoral e comprometeuse a apoiar as propostas que en materia de servizos sociais queremos levar a cabo. Rematou a súa intervención pedindo o voto para o seu amigo Valentín Alfonsín, o candidato que dará futuro a Dodro.
Tamén contamos coa presencia do Delegado Provincial e Secretario Provincial do Partido, Diego Calvo, quen destacou sobre todo o gran equipo que forma a nosa candidatura liderada por Valentín Alfonsín e o programa electoral que nos propoñemos levar a cabo, destacando que é un dos mellores programas que veu ata o momento.
Gracias a todos os veciños por vir escoitarnos.
Vota Valentín Alfonsín
Vota Partido Popular de Dodro

12/5/11

O NOSO PROGRAMA ELECTORAL

Programa Electoral

DENUNCIA POR ACOSO MORAL CONTRA O REGIDOR DE DODRO

O xornal El Correo Gallego publica hoxe:
Admitida a trámite una denuncia por acoso moral contra el regidor de Dodro


Dodro. La secretaria-interventora titular del Concello de Dodro acaba de interponer un recurso contencioso-administrativo por acoso moral del citado Ayuntamiento sobre su persona, "a través de su alcalde y de la técnico económico-contable, por vulneración del derecho fundamental a la integridad moral, al honor, a la intimidad personal y a la propia imagen", afirma el abogado de la trabajadora.
Y el Juzgado de lo Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, mediante Decreto de 19-04-2011, acordó seguir las actuaciones por el trámite del Procedimiento Especial para la Protección de los Derechos Fundamentales de la Persona. "Como consecuencia del referido acoso moral, la titular de la Secretaría de ese Concello sufre notables daños", según apuntaba su abogado.


EN OPINIÓN:

JUZGADOS Acude, el regidor de Dodro, el socialista Arturo Díaz, con tanta frecuencia a los juzgados, que ese va a acabar siendo su espacio de particular querencia. Lo malo es que todas esas visitas se realizan desde la condición de imputado -y en algún caso, condenado-. Ahora es por el supuesto acoso moral a una funcionaria, tema demasiado grave como para tomarlo a humo de pajas. Cabe preguntarse cómo es posible, con estos antecedentes, que el partido le haya renovado su confianza para los comicios del 22-M.


¡Unha vergonza que o noso concello sexa coñecido por este tipo de cousas!

11/5/11

¡MAIS DE 500 VECIÑOS NO MITIN DO PARTIDO POPULAR O DOMINGO NO MURONOVO!









Mais de 500 veciños arrouparon ó Partido Popular no mitin do domingo día 8 no Muronovo.


O Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda e o Presidente de Portos de Galicia Jose Manuel Alvarez Campana arrouparon o equipo do Partido Popular de Dodro, alabaron ó noso candidato Valentín Alfonsín e falaron distendidamente con todos os veciños. Comprometeronse a traballar por Dodro e a atender as nosas propostas.


Gracias a todos por compartir ese día con nós.

VOTA VALENTÍN ALFONSÍN


8/5/11

OS VECIÑOS DE DODRO NO COLISEUM DE A CORUÑA









4 autobuses saíron o sabado día 7 con 180 veciños de Dodro para acudir ó mitin do Partido Popular no Coliseum de a Coruña onde nos xuntamos 12.000 persoas.


Moitas gracias a todos por compartir ese día con nós

Partido Popular de Dodro


VOTA Valentín Alfonsín

28/4/11

O ALCALDE DE DODRO IMPUTADO POLO JUZGADO Nº 1 DE PADRON

Segundo a información á que tivo acceso o Partido Popular de Dodro, o próximo 5 de maio o actual alcalde Arturo Díaz Díaz terá que declarar como imputado polo pagamento a empregados do concello utilizando para eso facturas falsas.

Dacordo co que consta nas dilixencias practicadas polo Xulgado de Instrucción, son evidentes as contradiccións das declaracións realizadas pola concelleira de deportes e o representante da empresa que emiteu a factura falsa. Ante esas evidencias, o xuiz decideu tomar declaración en calidade de imputado ó Sr.Díaz, ó mesmo tempo que reclamou toda a documentación do pleno no que o Partido Popular denunciou os feitos.
En opinión do Partido Popular se ben o responsable directo destas irregularidades é o Sr. Díaz, non é menos certo que non se poderían ter feito sen o consentimento do BNG que xa apoiou ó alcalde cando foi condenado por agresión.
Unha vez máis ponse de manifesto a existencia de irregularidades na xestión do Concello de Dodro co goberno BNG-PSOE que levaron a unha situación financieira crítica, cunha parálise nas obras pola absoluta falta de fondos.

De feito, o Concello de Dodro aínda non ten presentado o orzamento previsto para o ano 2011, de modo que os veciños non poden coñecer cáles son as disponibilidades cas que conta o seu concello para atender as suas necesidades.

MITIN DO PARTIDO POPULAR - "CENTRADOS EN TI"

MITIN DO PARTIDO POPULAR


SABADO 7 DE MAIO

no Coliseum de A Coruña

Intervirá:


ALBERTO NUÑEZ FEIJOO

Apúntate nos teléfonos:

609 864 388 e 616 986 793


Haberá servizo de autobúses gratuito

Saídas de Teaio ás 16:15h e do Concello ás 16:30h

¡¡¡ESTADES TODOS INVITADOS!!!

Partido Popular de Dodro

CENTRADOS EN TI


13/4/11

AS CONTAS DO CONCELLO NO ANO 2.009

O pasado día 1 de abril celebrouse no Concello de Dodro a sesión da comisión de contas para aprobar as contas do ano 2009.

Unha vez máis o alcalde socialista Sr. Arturo Díaz e a tenente-alcalde do bloque Sra. Victoria Rey, coa colaboración do secretario substituto, ocultaron toda a información posible ós concelleiros do Partido Popular.

Se ben a lei marca claramente que a información das contas do Concello deben estar a disposición dos concelleiros 15 días antes, os representantes do Partido Popular a recibiron tan só 10 minutos antes de dar comenzo a reunión da comisión.

Tanto a Sra. Rey Mariño como o Sr. Arturo Díaz deron por boa a reunión a pesar de pisotear unha vez máis os elementais dereitos á información, e todo iso ca intención de esconder a dramática situación financeira pola que está a pasar o Concello de Dodro, tal e como ven denunciando o Partido Popular.

Así, se ben no ano 2008 o déficit foi de -135.000 euros, no ano 2009 o desfase orzamentario foi de -157.000 euros segundo a información facilitada polo propio goberno PSOE-BNG aínda que o Partido Popular ten sospeitas de que en realidade é moi superior. Pero é que ademáis o remanente de tesourería refrexa un déficit de -198.000 euros, o que significa que existe un desfase entre os gastos comprometidos e a financiación de máis de 500.000 euros como mínimo. A situación aínda é máis preocupante, si se ten en conta que os saldos en contas correntes do Concello de Dodro descenderon en máis de 250.000 euros en tan só un ano, e a pesar de que segundo a Sra. Rey Mariño o noso concello recibira moitas subvencións.

O máis grave é que estes datos refírense ó ano 2009, e aínda falta por coñecer a realidade do ano 2010 no que as subvencións e axudas víronse reducidas por causa da crise económica mentres os gastos do goberno PSOE-BNG non deixaron de medrar. O desfase económico a día de hoxe podería acadar o medio millón de euros o que equivale á capacidade de inversión do Concello durante ano e medio.

Tal e como xa fixo o goberno TOURIÑO –QUINTANA na Xunta de Galicia, o goberno DÍAZ-REY MARIÑO volve a facer o mesmo sen importarlle o máis mínimo os intereses dos nosos veciños e están conducindo o noso concello a unha situación que requirirá dun enorme sacrificio para poder saír adiante.

11/4/11

¡ PORQUE ESCOITARTE É IMPORTANTE !

Porque escoitarte é importante, VEN FALAR CON NÓS

MARTES 12 abril ás 19,30h nas aldeas de VIGO e IGREXA (na praza do Souto)

MÉRCORES 13 abril ás 19,30h nas aldeas de REVIXÓS, SUSAVILA, DODRIÑO E CANCELA ABREA (na praza do cruceiro en Revixós)

VENRES 15 abril ás 20h na aldea de LESTROVE (no campo da escola)

¡ ESPERAMOTE !