20/9/14

O QUE PENSAMOS TODOS DE VICTORIA REY

Un concejal de la oposición de Dodro se «avergüenza» en pleno de una compañera

Jacobo Tanoira dice que le «aterra» el «cinismo y la maldad» de Vitoria Rei, a quien le pide que haga una labor «productiva»

         
Tras un intenso debate, el pleno ordinario de ayer en el Concello de Dodro acabó de forma inesperada para políticos y público, a excepción del concejal del PSOE Jacobo Tanoira que, en su única intervención más allá de las votaciones, tomó la palabra para pedir a la secretaria que constara en acta su declaración dirigida a la portavoz del Colectivo Nacionalista por Dodro, Vitoria Rei.
Tanoira le dijo:
«Me avergüenzo terriblemente de tenerte como compañera de oposición y me aterra el cinismo y la maldad que muestras en tus palabras, intervenciones y preguntas» que realiza en el pleno.
Por ello, le rogó que «hagas una oposición más productiva y dejes de echar tanta paja por la boca para llenar tus intervenciones en el pleno y arañar votos. ¡Eres vergonzosa!, concluyó el edil socialista ante el pasmo del resto de concejales y del propio público.
Vitoria Rei solo acertó a preguntarle si lo que había dicho se lo había «escrito Marisol» en alusión a la teniente de alcalde y, con la sesión ya levantada, el regidor Valentín Alfonsín se acercó a Jacobo Tanoira para darle las gracias. Por su parte, varios vecinos de Dodro le llamaron la atención al edil del PSOE cuando abandonó el salón de plenos.

ADVERTISEMENT
Jacobo Tanoira y Victoria Rei eran ayer los dos únicos concejales de la oposición presentes en el pleno. La agrupación socialista de Dodro se desmarca de las declaraciones de su concejal y las enmarca en una opinión «personal» de Jacobo Tanoira que, desde hace tiempo, viene mostrando criterio propio a la hora de pronunciarse en los plenos del Concello, lo que a menudo le lleva a votar de forma distinta a su compañera de partido, Paula Blanco, e incluso del otro grupo de la oposición, para apoyar en ocasiones al gobierno local.
Por lo demás, el pleno ordinario deparó ayer mucho debate y, de forma excepcional, mucha unanimidad a la hora de votar aunque hay temas en los que el gobierno municipal sigue sin encontrar el apoyo de la oposición.

24/3/14

D. ADOLFO SUAREZ... ¡GRACIAS!

Un símbolo de democracia e unidade. A nosa admiración e respeto por D. Adolfo Suárez que o dou todo pola Democracia. Gracias Presidente. DEP.

15/3/14

CONGRESO DO PARTIDO POPULAR DE DODRO

Hoxe pola mañá celebrouse o Congreso do Partido Popular de Dodro coa asistencia dos afiliados e simpatizantes do partido popular de Dodro que exerceron o seu dereito a voto.

Presentouse no prazo establecido no regulamento e cos avais necesarios unha soa candidatura encabezada por Valentín Alfonsín Somoza.

O comité organizador do congreso nomeou aos membros da mesa electoral que quedou constituída da seguinte forma:
Presidente: Fernando Vila Brión
Secretaria: Mª Soledad Boga Grela
Vocal: Jose Baleirón Rey

O candidato estivo arroupado durante o congreso por Beatriz Mato vicepresidenta  do PP Coruña, Paula Prado portavoz do PP no Parlamento, Jose Manuel Alvarez Campana secretario do PP Coruña, Torres Colomer senador, Ramón Tojo deputado pola Coruña e alcalde de Rois, Manuel Ruiz Rivas alcalde de Ribeira, Isaac Maceiras alcalde da Pobra, e Antonio Fernández alcalde de Padrón.


Despois da votación e escrutinio saíu proclamado presidente do PP de Dodro por unanimidade Valentín Alfonsín Somoza.





8/3/14

DODRO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CUNHA HOMENAXE ÁS MULLERES DE DODRO

O Concello de Dodro celebrou onte o Día Internacional da Muller no acto "Mulleres de Dodro".


A loita pola igualdade da muller en España ten máis de 100 anos de historia gracias a mulleres como as nosas avoas, nais ou mestras que fixeron posible que as nosas fillas e fillos crezan hoxe nun país máis xusto, máis libre e máis igualitario.


No acto "Mulleres de Dodro" presentouse a composición realizada con máis de 140 fotografías de mulleres de Dodro. A todas elas darlles as gracias e tamén ás 1.345 mulleres de Dodro, porque esta homenaxe é para todas elas.


10/2/14

CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE DODRO O 15 DE MARZO DE 2.014

O COMITÉ ORGANIZADOR DO CONGRESO ESTÁ FORMADO POR:


Presidente:
Fernando Vila Brión
Secretaria:
Mª Soledad Boga Grela
Voais:
Maximino Rodríguez Borrazas
Mª del Carmen Fernández Chaves
Jose Baleirón Rey


REGULAMENTO PARA O CONGRESO

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º
De conformidade cos vixentes Estatutos e Regulamento de Organización do Partido Popular e segundo acordo do Comité Executivo Provincial de data de 28 de Xaneiro  de 2014, convócase o Congreso Extraordinario do Partido Popular de Dodro, a celebrar o día 15 de Marzo de 2014 no Auditorio da Paxareira en Dodro a partir das 11:30 h. 
Artigo 2º
Encoméndase á Comisión Organizadora nomeada polo Comité Executivo Provincial, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso.
A Comisión Organizadora, estará integrada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e dous Vocais.
A Comisión Organizadora do Congreso debaterá e aprobará, se procede, a programación concreta e cantos outros acordos cumpran para o desenvolvemento do presente Regulamento, aclarar, concretar e, en definitiva, asegurar a adecuada preparación e celebración do Congreso.
Os seus acordos deberán ser adoptados por maioría e das súas reunións levantaranse as correspondentes actas de cuxo contido se dará traslado aos órganos do Partido. 
Artigo 3º
En consecuencia todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso rexerase polo presente Regulamento, e os acordos do Comité Organizador adoptados en desenvolvemento do mesmo.
Durante a celebración do Congreso, ditas competencias serán asumidas polo presidente, que dará conta á Mesa do Congreso. 
TÍTULO PRIMEIRO 
COMPETENCIAS E COMPOSICIÓN DO CONGRESO 
Artigo 4º
De conformidade ao establecido nos Estatutos, o Congreso é o órgano supremo do Partido en Dodro, define os principios, fixa os programas e estratexias e elixe os representantes nos órganos de dirección do partido. 
Artigo 5º
As competencias do Congreso son as que se determinan nos Estatutos do Partido.
Artigo 6º
Serán compromisarios todos os afiliados ao Partido no concello de Dodro que asistan ao Congreso e que, tendo a condición plena de afiliado, de acordo co sinalado no artigo 4º dos Estatutos do Partido, non se atopen suspendidos de militancia, ou teñan restrinxidos os seus dereitos por algunha outra causa.
 
TÍTULO SEGUNDO 
FUNCIONAMENTO DO CONGRESO 
Artigo 7º
A Comisión Organizadora declarará validamente constituído o Congreso na hora, data e lugar da súa convocatoria, independentemente do número de afiliados presentes, seguíndose, a partires dese momento o programa que fose aprobado polo Comité Organizador. 
Artigo 8º
No acto inaugural do Congreso, a Comisión Organizadora propoñerá ao Pleno a composición da Mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple. Se non se aceptase a proposta, abrirase un prazo de 30 minutos, durante os que se poderán presentar candidaturas completas para a Mesa, avaladas por un 15% dos asistentes como mínimo, non podendo avalarse por cada asistente máis de unha candidatura. Será elixida a candidatura que obteña máis votos. 
Artigo 9º
A Mesa estará composta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e dous Vocais, todos eles afiliados. 
Artigo 10º
Constituída a Mesa do Congreso, esta deberá anunciar o oportuno acordo de aprobación do Regulamento, dando lectura ás disposicións que terán que rexer os traballos do mesmo. 
Artigo 11º
A Mesa do Congreso dirixirá, moderará e ordenará os debates, velando en todo momento pola boa marcha do Congreso.
As decisións da Mesa adoptaranse por maioría simple, tendo o Presidente, en caso de empate, voto de calidade.
Corresponde á Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretando en casos de dúbida e suplilos nos de omisión. 
Artigo 12º
Corresponde ao Presidente, no nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión; autorizar o uso da palabra e fixar, á vista das peticións de intervención, o número máximo de intervencións e a duración das mesmas.
 
TÍTULO TERCEIRO 
O ÓRGANO DIRECTIVO E A SÚA ELECCIÓN 
Artigo 13º
O Congreso elixirá en lista cerrada ao Presidente e ós vocais do Comité Executivo, en número mínimo de vintedous, mediante sistema de voto maioritario a unha soa volta.
Ningún afiliado poderá figurar en dúas ou máis candidatura, nin avalar coa súa firma máis de unha.  
Artigo 14º
Poderán ser elixidos membros do Comité Executivo Local aqueles afiliados ao Partido Popular que figuren no Censo do Partido. 
Artigo 15º
A elección do Comité Executivo farase mediante lista pechada e votación secreta, utilizando listados e furnas facilitadas pola Comisión Organizadora. 
Artigo 16º
O prazo máximo para a presentación de candidaturas será o 13 de Marzo ás 21:30 horas no local do Partido Popular de Dodro. 
Artigo 17º
As candidaturas gardarán a forma recollida polos Estatutos e estarán avaladas por, alomenos, 15 sinaturas de afiliados.
A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval. O impreso para a recollida de avais seralle facilitado ao representante de cada candidatura, sendo necesario para a expedición do referido impreso que o dito representante preinscriba diante da Comisión Organizadora unha candidatura composta, alomenos por un candidato a Presidente e vintedous vocais, candidatura que será pública e accesible ao coñecemento de todos os posibles avalistas, a data para a preinscribir a candidatura e polo tanto solicitalos impresos de avais ábrese a partir do día 28 de Febrero, tendo que facerse no Local do PP de Dodro  no seu horario ordinario. Os integrantes de cada candidatura deberán firmar a mesma e acompañar copia do DNI. Antes de proceder a expedición do impreso de avais, a Comisión Organizadora comprobará que os integrantes de  cada candidatura cumpren cos requisitos correspondentes. Non se admitirán avais que non figuren no modelo oficial aprobado pola Comisión. 
Artigo 18º
Os/as candidatos/ das candidaturas presentadas en tempo e forma, farán unha exposición previa á votación do seu programa, do seu plan de actuación e da súa candidatura, durante o tempo fixado pola Mesa do Congreso, que determinará a orde de intervención. 
Artigo 19º
Para a votación constituirase unha Mesa Electoral, que estará formada por un Presidente e un Secretario, nomeados pola Comisión Organizadora do Congreso e ás que se poderá incorporar un interventor por cada candidatura proclamada. 
Artigo 20º
Queda prohibido facer campaña ou distribuír papeletas sinaladas no interior do recinto no que se celebren as votacións.
Aquelas persoas ou grupos de persoa que incumpran o disposto no parágrafo anterior poderán ser obxecto do procedemento disciplinario recollido nos Estatutos do Partido. 
Artigo 21º
Os asistentes, no momento de depositar o seu voto, acreditarán a súa identidade, mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais. 
Artigo 22º
Unha vez finalizada a votación as Mesas Electorais farán os correspondentes escrutinios que serán remitidos á Mesa do Congreso, que anunciará os resultados e proclamará a candidatura que obteña máis votos válidos. No caso de que só se presente unha candidatura, o Presidente da Mesa poderá solicitar da Asemblea a súa proclamación por aclamación, non efectuándose, neste caso, votación algunha. 
TÍTULO CATRO 
IMPUGNACIÓNS 
Artigo 23º
Para as impugnacións que afecten ao desenvolvemento do Congreso, será competente o Comité de Dereitos e Garantías de Galicia. Estas impugnacións presentaranse nun prazo máximo de corenta e oito horas desde a finalización do Congreso. 
Artigo 24º
O procedemento para realizar as impugnacións será o seguinte: as impugnacións serán presentadas diante da Mesa, que resolverá durante a celebración do Congreso, incluíndo na Acta as modificacións nas que se fundamenta a súa resolución. A resolución da Mesa será apelable diante do Comité de Dereitos e Garantías de Galicia, no prazo máximo de corenta e oito horas, despois da celebración do Congreso.


23/12/13

26/11/13

O CONCELLO INAUGURA UNHA ESCULTURA NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Reunímonos no Día Internacional en contra da violencia de xénero para conmemorar e render homenaxe a todas as mulleres que sofren violencia machista.
700 mulleres asasinadas en España na última década por violencia machista. 600.000 mulleres maltratadas cada ano. Este ano, 42 mulleres perderon a vida en mans de homes que exercen violencia en contra delas. 42 razóns para unirnos hoxe aquí para rechazar este tipo de agresións.
Cada vez que unha muller sofre este tipo de violencia arrebátase un proxecto de vida. Se nos vai  unha amiga, unha nai, unha irmá ou unha filla... o que supón un fracaso de toda a sociedade.
Negar ou infravalorar este tipo de violencia dificulta a súa loita, por iso concienciar e sensibilizar ás persoas sobre a gravidade de esta lacra, contribúe a combatela.
 A violencia machista é un problema social que debe ser abordado de maneira integral e constante. Avanzamos con pequenos pasos pero sempre convencidas e decididas a que a nosa sociedade camiñe a unha convivencia máis xusta e igualitaria, onde homes e mulleres sexamos respetados por igual.
A igualdade é un dereito a un mesmo trato de oportunidades, po iso a violencia de xénero non pode nin debe formar parte da nosa vida.
Cada persoa ten a responsabilidade e o deber de actuar, comprometéndose de forma individual e colectiva  a facer todo o posible  por promover e protexer os dereitos das mulleres e que poidan vivir libres de violencia e discriminación.
Reiteramos hoxe a nosa repulsa á violencia machista e o noso apoio e cercanía ás mulleres que a sofren.
 
Esta escultura que inauguramos hoxe en Dodro será un recordatorio constante de que aínda queda moito traballo por facer.
E cada día que pasemos por diante dela, recordemos e nos empeñemos aínda máis, en alcanzar os nosos obxetivos para erradicar de unha vez por todas esta lacra social.
MEDRAR EN IGUALDADE
É COUSA NOSA

 
 
 
 

O CONCELLO APROBA O PRESUPOSTO PARA O 2.014 COS VOTOS DO PARTIDO POPULAR


O pasado venres 22 de novembro o Pleno do Concello de Dodro aprobou os presupostos para o 2.014.
 
O equipo de goberno destaca deste orzamento:
Este equipo de goberno presenta novamente os presupostos en prazo para que entren en vigor o 1 de xaneiro cuns ingresos por importe de 1.903.163,81 €, aumentando os ingresos con respecto ao ano 2013 casi nun 20 %.
 
 Un presuposto equilibrado orzamentariamente, estable, sostible e que cumpre coa regla do gasto.
 
Compútanse ingresos reais, transferencias correntes e subvencións que se perciben todos os anos, polo que os ingresos por subvencións e outros conceptos que se perciban ao longo do ano 2014 iranse incorporando ao presuposto ao longo do exercicio con xerancións de crédito.

 
Cabe destacar do orzamento:
-          A ampliación a xornada completa a 4 dos 6 traballadores que se lles tivo que reducir a xornada laboral por mor da situación económica encontrada no concello cando este equipo de goberno tomou posesión.
-          O incremento da dotación orzamentaria do SAF dependencia en case un 10%
-          O incremento de máis dun 28% nas axudas de emerxencia social e subvencións na área de servizos sociais, aumentando esta partida en máis de 37.000 €.
-          O incremento de 21.000 € nas áreas de cultura e deporte.
-          As inversións por máis de 200.000 € en infraestruturas e saneamento que coa previsión do arranxo do polideportivo e a senda peonil en Bexo superan os 400.000 €.

 
Con este orzamento vese o compromiso de este goberno de continuar cunhas contas municipais saneadas, mellorando e ampliando a calidade dos servizos municipais e que permitirán unha xestión eficaz do gasto público sen esquecer as accións destinadas a servizos e actividades de solidariedade social prestados polo Concello en beneficio do interés xeral e do conxunto dos veciños de Dodro.

 
Continúase coa senda iniciada co presuposto do exercicio 2012 logrando unha situación de equilibrio orzamentario, capacidade de financiamento e aforro neto positivo.

20/7/13

A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR, ROSA QUINTANA, VISITOU DODRO ONTE POLA TARDE

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández, e polo director xeral de Agader, Antonio Crespo, reunironse co equipo de goberno no concello para tratar diversos temas de interés para Dodro e posteriormente visitaron as obras de pavimentación realizadas na praza pública da Casa da Cultura de Tallós.
 
Neste caso, os traballos consistiron no enlousado en pedra e granito deste espazo, así como a instalación dun panel informativo. 

O orzamento das obras superou os 35.000 euros, cunha achega da Xunta –a través das axudas para proxectos dinamizadores do medio rural– do 86,26% do total (algo máis de 31.000 euros).
 
No concello de Dodro están tamén previstas ou en execución outras obras de mellora de infraestruturas no rural financiadas polo departamento que dirixe Rosa Quintana, caso do acondicionamento e mellora da escola infantil, xa en execución  ou de mellora dos camiños na parroquia de Bexo cunha inversión de 90.000 €.

 

12/7/13

CONSELLO DE CONTAS - INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE DODRO DO EXERCICIO 2.009


O CONSELLO DE CONTAS INFORMA SOBRE AS CONTAS AUDITADAS DO EXERCICIO 2.009


O pasado día 28 de xuño o Pleno do Concello de Dodro tomou coñecemento do informe de fiscalización do Consello de Contas relativo ao ano 2009.

Con este informe ponse de manifiesto as numerosas irregularidades que acompañaron sempre ao goberno bipartito PSOE-BNG e durante a súa xestión ao frente do Concello.

Durante os 4 anos do bipartito tanto os orzamentos como as súas liquidacións fixéronse sempre fora do prazo regulamentariamente establecido (páx. 47).

Durante os 4 anos non se actualizou o inventario de bens de tal xeito que non coincidía en absoluto cas cifras que constan no balance (páx.12).

No apartado de persoal, o informe recolle expresamente a arbitrariedade ca que o bipartito aumentaba certos salarios e asignaba funcións que non correspondían aos traballadores afectados, sen que mediase xustificación (páx.17 e 21).

No apartado de selección de persoal, o Consello de Contas sinala claramente a vulneración da legalidade na convocatoria dunha praza de funcionario á que só era posible que optase unha persoa concreta, que xa era funcionario (páx.19), como así tamén se refire no mesmo sentido en relación á selección dun técnico sen cumplir os requisitos esixidos, e que recaen na mesma persoa que xa fora contratada o ano anterior.

 Pero o caso máis chamativo refírese ás remuneracións percibidas polo secretario en acumulación, que sendo secretario do Concello de Catoira, percibeu do Concello de Dodro importes como servizos de avogacía, e por outra banda, unha nómina como secretario, o cal está taxativamente prohibido pola normativa actual. Ata tal punto constitúe esto unha ilegalidade absoluta que o propio Consello de Contas fai indicación expresa ao Concello de Dodro para que proceda a esixir o reintegro das cantidades permitidas indebidamente (páx.20,21,24 e 48) que podrían superar os 30.000 euros.
 
No que se refire á contratación, o informe pon de manifesto a inexistencia do contrato de xestión de servizos para “Axuda no fogar”, a pesar de que polo seu importe existía a obriga de facelo.

Nas subvencións concedidas polo concello o informe revela a ausencia de criterios e xustificación para a súa concesión, o que constitúe un caso claro de arbitrariedade ca que eran concedidas.
 
Outro capítulo que merece especial atención é o relativo á contratación das obras. Segundo o Consello de Contas, as ofertas para as obras do Plan E incluso foron valoradas antes de que rematase o prazo de presentación , e nalgunha das adxudicacións se valoraron como máis ventaxosa a oferta que empregaba menos traballadores.

É revelador neste apartado a urxencia ca que se tramitano as contratacións co fin de rematar as obras, e nembargantes, estas despois foron rematadas 6 meses despois da prevista (“Area deportiva de Lestrobe”) (páx.31).

Pero resulta aínda máis sorprendente que se rexistrasen na contabilidade débedas ca empresa constructora dous meses antes de ter emitida a certificación da obra (páx.31).

Un exemplo claro, foi a obra “Pavimentación e saneamento en Imo”. O 30/12/2009 recóllese unha débeda de 16.775 euros, cando a factura é de 30/09/2010, e a obra foi pagada o 18/01/2012, é decir, pasados máis de 15 meses dende que se recollera en contabilidade (páx.34).

7/5/13

AS BEIRARRÚAS DE IMO ARRANXADAS

A semana pasada remataron por fin as obras de acondicionamento das beirarrúas da estrada AC-305 en Imo. Dende fai 5 anos diversos propietarios levan reclamando o arranxo das beirarrúas porque lle impedían o acceso normal aos seus garaxes cos vehículos. O goberno actual do Concello iniciou as xestións fai un ano e medio e a pesar de non supoñer unha elevada inversión, foron numerosas as dificultades que se atopou, pois a obra foi recepcionada polo anterior goberno sin que este tivera feito ningún tipo de reclamación, a pesar das queixas dos vecinos.
Finalmente, e tras diversas reunións mantidas coa Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, e grazas tamén á colaboración da empresa SERCOYSA, as obras de arranxo das beirarrúas poideron ser levadas a cabo, rematando así un auténtico calvario para as familias afectadas.
 

26/4/13

SOBRE LA UTILIDAD REAL DE BEIRAS - POR LUIS VENTOSO


"Su obra académica se ha quedado obsoleta, tiene 9 diputados (5 de IU) y en 40 años de carrera política jamás ha gestionado nada".

16/3/13

AS CONTAS DO 2.012 DO CONCELLO


O goberno do Concello de Dodro presentou no pleno do venres 15 de marzo a liquidación do orzamento de 2012.

O resultado orzamentario obtido foi un resultado positivo de 701.658 euros, o cal contrasta notablemente co resultados dos anos anteriores, con presupostos do goberno bipartito E QUE LEVARON Ó CONCELLO DE DODRO A CONVERTIRSE NUN DOS TRES CONCELLOS CON PEOR RESULTADO ORZAMENTARIO NA PROVINCIA DE A CORUÑA, EN CONCELLOS DE ATA 3.000 HABITANTES.

2011: -224.564 euros.

2010: -256.709 euros.

2009: -98.360 euros

2008: -135.310 euros.

En termos absolutos a DIFERENCIA ENTRE O RESULTADO DE 2012 E 2011 É DE NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 925.000 EUROS, o que pon de manifesto as notables diferenzas na xestión entre o goberno do PP e o goberno bipartito PSOE-BNG A PESAR DAS DIFICULTADES ORIXINADAS POLA CRISE ECONÓMICA.
 

Pero máis importante é si cabe a evolución do REMANENTE DE TESORERÍA, E QUE MIDE REALMENTE A CAPACIDADE ECONÓMICA DO CONCELLO. NO ANO 2010, O CONCELLO DE DODRO CHEGOU A TER -469.199 EUROS, E NO 2011 A CIFRA CHEGARÍA ATA A CANTIDADE DE -413.732 EUROS, OCUPANDO O ÚLTIMO LUGAR ENTRE TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA.

NO ANO 2012, POR PRIMEIRA VEZ NOS ÚLTIMOS 5 ANOS, O CONCELLO DE DODRO ACADOU UN REMANENTE DE TESORERÍA DE 91.429 EUROS, SUPERANDO NOTABLEMENTE TODAS AS PREVISIÓNS.

2008: -29.995 EUROS.

2009: -198.574 EUROS.

2010: -469.199 EUROS.

2011: -413.732 EUROS.

 
O alcalde Valentín Alfonsín quere por en valor os excelentes resultados obtidos tendo en conta as dificultades económicas que se atopou cando tomou posesión, e agradecer a colaboración da veciñanza, dos empregados e os membros do goberno municipal que foi decisiva para sacar ao concello da situación de quebra, e poder manter os servizos básicos tan importantes na situación actual. Decir que cando o Alcalde Valentín Alfonsín tomou posesión, tivo que facer fronte ao pago urxente de enerxía eléctrica para evitar o corte de lús mesmo nas oficinas xerais, e a día de hoxe, o Concello de Dodro está pagando as facturas antes dos 60 días.

Deste xeito, o actual goberno de Dodro demostra ben ás claras que como sempre veu denunciando dende a oposición, existe unha forma responsable de xestionar e gobernar, mantendo os servizos realmente importantes do Concello sen que por iso se teña que por en perigo a supervivencia económica do mesmo.

 

23/2/13

TERRAS DE IRIA EN TUREXPO 2.013

Terras de Iria é un dos 247 expositores de Turexpo Galicia 2013 que se celebra en Silleda do 22 ao 24 de febreiro.

Co lema "Onde nace o Camiño" os concellos de Padrón, Rois e Dodro queren dar a coñecer os tres municipios e promocionalos turísticamente.

O Stand está situado no pabillón 1, stand D12.

Os alcaldes dos tres concellos estiveron presentes hoxe na inauguración que estivo a cargo de Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia.
 

21/1/13

XV CONGRESO DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA - 2013

Alberto Núñez Feijóo
"Temos que renovar o partido, renovar a política e renovar Galicia"

19/1/13

Feijóo trasládalle a don Juan Carlos a aposta de Galicia pola internacionalización

 
  • Pide a Súa Maxestade, “como mellor embaixador que ten España”, que inclúa na súa axenda internacional os temas relativos ao naval
  • Resalta as dificultades que está a vivir o sector lácteo galego; “as dificultades que están pasando moitos gandeiros que non son capaces de que o leite se pague de acordo cos custes de produción”
  • Salienta os problemas que teñen neste momento cidadáns galegos que están atrapados polas preferentes e incide na arbitraxe como ferramenta que segue sendo válida para devolver a moitas familias “ese diñeiro que depositaron baixo o principio de confianza nas caixas e que descoñecían o alcance e contido deses produtos financeiros”
  • Transmite ao Xefe do Estado a lealdade de Galicia, a responsabilidade da comunidade e o compromiso co benestar, coa prosperidade e o crecemento económico

  • Madrid, 18 de xaneiro de 2013.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, transmitiulle hoxe a Don Juan Carlos a aposta de Galicia pola internacionalización e agradeceu o apoio e o interese da Casa Real polos temas que máis preocupan aos galegos, como o sector naval, o sector lácteo e o problema das preferentes.

    Feijóo, que foi recibido este mediodía pola Súa Maxestade El-Rei no Palacio de La Zarzuela, destacou no eido do naval a importancia que ten a Casa Real e concretamente o Xefe do Estado en posibles accións internacionais para conseguir carga de traballo nos estaleiros galegos. “Ter informado ao Xefe do Estado sobre as necesidades de barcos nas rías galegas e, en consecuencia, das nosas relacións en México, en Brasil, nos Países Árabes... é unha oportunidade que un presidente autonómico non debe desaproveitar. E, neste senso, pedinlle que na súa axenda internacional, e como mellor embaixador que ten España, inclúa os temas relativos ao sector naval; algo que me consta que está a facer xa”, aseverou.

    Así mesmo, Feijóo trasladou, durante o encontro, as dificultades que está a vivir o sector lácteo galego; “as dificultades que están pasando moitos gandeiros que non son capaces de que o leite se pague de acordo cos custes de produción”.

    O titula da Xunta informou, tamén, a Súa Maxestade dos problemas que teñen neste momento cidadáns galegos que están atrapados polas preferentes. “Moitos deles sen información suficiente cando formalizaron estes produtos financeiros”, salientou, logo de facer fincapé na arbitraxe como ferramenta que segue sendo válida para devolver a moitas familias “ese diñeiro que depositaron baixo o principio de confianza nas caixas e que descoñecían o alcance e contido deses produtos financeiros”.

    Nas súas declaracións, Feijóo valorou o especial interese de Don Juan Carlos polos problemas da comunidade: “falamos de Galicia, de como se ve desde Galicia o resto de España e dos problemas que nos afectan ao conxunto dos galegos”. E, neste sentido, transmitiu a Súa Maxestade a lealdade e responsabilidade da comunidade e o compromiso coa prosperidade e o crecemento.

    “Trasladeille a lealdade dunha comunidade co conxunto de España da que forma parte, xa que como españois preocúpanos todo o que ocorre en España; e a lealdade coa Constitución que prometemos cando asumimos o noso cargo. Así como a responsabilidade dunha comunidade que está ordenando as súas contas. Responsabilidade en ir diminuíndo as súas necesidades de endebedamento ata que, nesta lexislatura, podamos conseguir non emitir débeda e, en consecuencia, conseguir o déficit cero”.

    O presidente da Xunta subliñou que Galicia é, “e seguirá sendo”, unha autonomía solvente, cumpridora co déficit público e que paga aos provedores. E garantiu que vai seguir sendo unha autonomía comprometida co benestar e co crecemento económico: “a pesar da crise, imos seguir construíndo hospitais; imos crear 6.000 novas prazas públicas máis de garderías e de centros para maiores; e, imos seguir apostando pola educación e polas universidades”.

    22/12/12

    5/11/12

    INFORMACIÓN DE INTERES SOBRE A XESTIÓN DO PP NO CONCELLO

    En relación co comunicado do PSOE local, o equipo de goberno do Partido Popular de Dodroquere por de manifesto o seguinte:

    1. É notorio e evidente que o Concello de Dodro carece de persoal técnico cualificado, a diferenza do que ocorre noutros concellos.

    2. Esta insuficiencia de persoal, supón unha sobrecarga de traballo no persoal técnico que impide dar unha maior fluidez á tramitación dos expedientes administrativos.

    3. As vacacións do persoal durante os meses de verán, así como as recentes baixas por enfermidade, provocaron unha maior acumulación de tarefas que pon en perigo a contratación de obras con prazos fixados e a aceptación de subvencións que supoñen importantes inversións para o noso Concello.

    4. Ante esta situación, o goberno do Concello de Dodro optou pola contratación dunha asistencia técnica que permita tramitar os expedientes máis urxentes e así mesmo, tramitar a documentación necesaria para poder aprobar os orzamentos do 2013 de tal xeito que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2013, o que sucedería por primeira vez na historia do noso Concello, a pesar de contar con menos persoal.

    5. A retribución total da asistencia técnica (1.500 euros, IVE incluído)é inferior ó custo do auxiliar administrativo do Concello de Dodro, e si se considera a cantidade neta unha vez descontado o IVE e a seguridade social, esta se sitúa no mesmo nivel que o persoal de limpeza do concello, e un 70 % inferior ó que ven percibindo actualmente un funcionario do Concello do mesmo nivel.

    6. O anterior goberno PSOE-BNG PAGABA MENSUALMENTE ¿1.200 EUROS? POLO SERVICIO DE ASISTENCIA URBANÍSTICA, QUE COMPRENDÍA SÓ 5 HORAS Á SEMANA. ACTUALMENTE, O GOBERNO DE DODRO TEN CONTRATADA A UNHA ARQUITECTA POR 1.500 EUROS Ó MES, E 21 HORAS Á SEMANA.

    7. PARA A CONTRATACIÓN DA ARQUITECTA SIGUEUSE O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE ESTABLECIDO POLA LEI. A ABSOLUTA INEXISTENCIA NA LEI DE PROCEDEMENTOS ACORDADOS, PON DE MANIFESTO A ABSOLUTA IGNORANCIA DO PSOE, OU TAL VEZ, A SÚA COSTUME POR USAR PRÁCTICAS CACIQUÍS DURANTE OS SEUS CATRO ANOS DE GOBERNO.

    8. Así mesmo, o goberno do Concello de Dodro, quere manifestar o absoluto cinismo co que ven actuando o PSOE de Dodro, e que foi o principal culpable co sr. Arturo Díaz Díaz á cabeza, da situación económica que está a pasar o noso Concello e que supón entre outras cousas:

    • No primeiro ano e medio de goberno do Partido Popular, o Concello de Dodro ten que pagar máis de 100.000 euros por débedas anteriores ó ano 2007, e que se incrementaron en 12.000 euros por intereses, por non pagalas o goberno bipartito.

    • Neste último ano e medio o goberno do PP tivo que pagar 3.000 euros en sancións por incumprimentos de subvencións do goberno PSOE-BNG.

    • A débeda con provedores do goberno PSOE-BNG ascendeu a 500.000 euros, ó mesmo nivel que o Concello de Padrón, que triplica a Dodro en poboación, e que ten un presuposto catro veces superior.

    • O pago do préstamo para cancelar esa débeda, suporá unha cantidade anual de 90.000 euros, (no ano 2012 a pesar dos recortes, só se ten que pagar 15.000 euros de intereses)o que esixirá un enorme esforzo presupuestario para poder acometelo.

    • Nos catro anos de goberno PSOE-BNG os veciños de Dodro donaron máis de 460.000 euros a través das comunidades de montes para que o goberno fixera obras, e aínda así, o Concello de Dodro acabou cunha débeda de máis de 800.000 euros (800.000 euros se á débeda de provedores se suma a correspondente con administracións). É dicir, o goberno PSOE-BNG fixo perder en tan só catro anos máis de 1 millón de euros ós seus veciños.

    • Como mostra se pode comprobar isto nalgunhas das obras feitas :

    • Pista de volei-prai na veiga de Lestrove, totalmente inútil e inservible

    • Pista de baloncesto na veiga de Lestrove, inservible porque a pintura do chan se solta e mancha o calzado, de tal xeito que ninguén a utiliza.

    • Centro de Artes Escénicas, (máis de 180.000 euros invertidos) que non cumpre a normativa e non se pode utilizar.

    En resumen, o goberno actual, ademais de gobernar e xestionar o presente, ten que pagar todas as débedas dos catro anos de goberno PSOE-BNG. No ano 2007 o Concello de Dodro era un dos concellos máis saneados da provincia de A Coruña, namentres que no ano 2011, se converteu nun dos máis endebedados e con máis problemas económicos.