O día 4 de decembro de 2007 foi solicitado polo Partido Popular a copia do expediente relativo á contratación dun conserxe para o pavillón polideportivo municipal.
Transcorridos 22 días sen que por parte do equipo de goberno se lle dera acceso a esa información, o 26 de decembro foi solicitado novamente, dándoselle vista para o 8 de xaneiro de 2008, 35 días máis tarde do prazo legal.
No pleno do 30 de novembro de 2007 pregúntouselle ó sr. Alcalde sobre as bases para acceder a esa praza, contestando a sra. Mene que as bases estaban contidas no bando da convocatoria.
Dito bando decía así: " Convócase a provisión temporal a tempo parcial dun posto de conserxe do pavillón polideportivo municipal para persoas con discapacidade. Os candidatos deberán ser desempregados cun grao de minusvalía igual ou superior ó 33 %".
É decir, que os que pretenderan acceder a dita praza non tiñan nin a máis remota idea de qué criterios se iban a seguir para a selección. Se iban a ter en conta os méritos de cada un, os seus curriculums, ou simplemente, qué probas serían as que servisen para establecer qué persoa sería a máis idónea para cubrir esa praza.
As persoas que se presentaron para acceder á praza de conserxe, foron citadas para unha entrevista o día 2 de novembro, sin máis información acerca de cáles eran os temas sobre os que se lles iba a preguntar.
É decir, iban a cegas sen saber en qué consistían as probas, negándolle calqueira posibilidade de prepararse de xeito adecuado.
Pero ó sr. Díaz, 2 días antes, foille comunicado pola secretaria-interventora deste Concello dos posibles incumprimentos legais nos que podía incurrir, sen que en ningún momento o sr. Díaz aportase informe algún que poidese contradecir, aínda que só fora en parte o informe da secretaría.
En consecuencia, o sr. Díaz era coñecedor antes de realizar as entrevistas dos aspirantes, de que estaba incurrindo no incumprimento das normas legais, e aínda así, sigueu co procedemento.
Nomeou o tribunal, autoproclamouse él mesmo presidente dese tribunal, e en 50 minutos despachou a selección de persoal para ocupar a praza de conserxe.
No expediente correspondente, non consta nin siquera as notas de cada aspirante, nin o sistema de puntuación seguido para calificar ós aspirantes, resultando unha situación verdadeiramente esperpéntica.
En resumen, os aspirantes a dita praza descoñecían qué tipo de proba debían superar, cómo iban a ser calificados, e qué tipo de méritos eran necesarios contraer para acceder ó posto de traballo.
Sr. Díaz, incumpreu vostede a Constitución Española ó discriminar para o acceso a dita praza a todos aquelas persoas que non cumprían as condicións señaladas no bando.
Sr. Díaz, incumpreu vostede a sabendas o artigo 103 da lei 7/1985 ó non respetar o principio de igualdade de oportunidades de cántos reúnen os requisitos exixidos.
Sr. Díaz, incumpreu vostede de forma flagrante o articulado da lei 7/2007 do estatuto básico do empregado público:
- Non existiron bases para a selección
- Non existeu transparencia na selección
- Non existeu imparcialidade dos membros do tribunal.
Eliminou vostede calquera tipo de probas selectivas co fin de adxudicar a praza a quen vostede quería.
E quizáis o máis importante, vostede sabían con antelación suficiente que según o artigo
60.2 da lei 7/2007, "o persoal de elección ou de designación política... non poderá formar parte dos órganos de selección".
Sr. Díaz, ou vostede non sabe aínda agora o cargo que ocupa, ou ben sabía que non podía formar parte do tribunal, e aínda así, autonomeouse presidente dese tribunal.
Sr. Díaz, vostede usou o seu cargo para dar ese posto de traballo a quen vostede quería.
Sr. Díaz, vostede faltou ás obrigas do seu cargo.
Sr. Díaz, vostede cometeu prevaricación.
E o máis grave, coa súa actuación puxo en tela de xuicio a capacidade da persoa que agora desempeña ese posto, e que moi posiblemente de terse desenrolado o procedemento legalmente, tería acceso igualmente a esa praza.
Sr. Díaz, con esta actuación demostra vostede unha vez máis, e xa van unhas cuantas, a súa total incapacidade moral e intelectual para seguir representando ós veciños de Dodro.
20/1/08
¡ IRREGULARIDADES LEGAIS COMETIDAS POLO ALCALDE E O SEU EQUIPO DE GOBERNO !
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario