20/1/08

PREGUNTAS DO PARTIDO POPULAR NOS PLENOS

Pleno 27 xullo 2.007
Formulados 3 Rogos e 10 Preguntas. Resume preguntas:

- ¿Tomaron algunha medida para ter cuberto o servizo de pediatría no centro de saúde de Dodro durante o período vacacional do pediatra? ¿Iniciaron algún trámite para poder ter pediatra todos os días da semana durante todo o ano e así ter cuberto o servizo?
Alcalde: “Os sanitarios non comunicaron a deficencia, se existe algunha gravidade remítese a pediatría de Padrón, donde o servizo é permanente, e non se fixeron xestións ante o Sergas porque ninguén expuso a necesidade, non obstante, investigarase.”

- ¿Cal é o motivo de que non se de coñecemento aos veciños e a este grupo político do pacto de goberno firmado polo PSG-PSOE e o BNG?
Alcalde: “ Daráselle publicidade ó pacto, un proxecto con visos de futuro necesita maduración, e entregarase, incluso a domicilio, o antes posible”.


Pleno 31 agosto 2.007
Formulados 2 Rogos e 10 Preguntas. Resume preguntas:

- Tendo en conta as numerosas obras incluidas no programa PRODER II polo anterior equipo de goberno e a importancia de cada unha delas ¿Foron iniciadas? ¿En que fase están?
Alcalde: “Faranse nun prazo, pero a medida que se poida. Hai un prazo de 18 meses, e os encargados do asesoramento son os técnicos de Estudio Técnico Gallego”.

- ¿Qué medidas pensa tomar o sr. Alcalde para evitar que ós veciños de Tallós se lle cobre a auga do manantial?
Alcalde: “E algo que herdamos e agora surde o problema, os veciños servíanse desas augas, e facía os arranxos necesarios o operario municipal, era porque antes non tiñan outra alternativa, non é tan sangrante se esa auga non se pode inxertar na rede xeral de subministro; O Concello non pode facerse cargo dunha segunda traída.”

- Obras iniciadas tras as eleccións municipais concretamente nos lugares da Devesa e Veliña en Lestrove e outra en Imo ¿teñen as autorizacións e licenzas debidas para levar a cabo esas obras? ¿Cando teñen pensado realizar a supervisión desas obras? ¿Axustanse as obras ás autorizacións solicitadas?
Sr. Fernández: “A de Imo ten licenza e, aparentemente, non hai nada de raro, non tivo ningunha queixa.”
Sr. Alfonsín: “¿En Lestrove non ten tampouco información?”
Sr. Fernández: “Non ten ningunha queixa, fai un esforzo por deducir as preguntas concretas xa que ninguén se queixou indicando lugares e nomes e estánse tomando medidas á primeira.”
Sr. Alfonsín: “Non é responsabilidade dos veciños vir denunciar, se ó seu grupo lle fan chegar unha información o normal é que a poña de manifesto e pregunte se se van a supervisar as obras.”


Pleno 28 setembro 2.007
Formuladas 2 Mocións, 3 Rogos e 12 Preguntas. Resume preguntas:

- Veciños de Revixós recibiron facturas polo subministro de auga por distintos períodos de tempo. Así mesmo, houbo facturas por importes moi elevados, que segundo carta enviada pola empresa subministradora obedecen a perdas de auga. ¿Qué medidas pensa adoptar ao respecto?
Alcalde: “Plantexadas estas queixas a empresa concesionaria Aquagest, responden que se factura desde que as vivendas dispoñen do contador, e o consumo non se paga antes, págase despois, sendo os veciños os que teñen que vixiar que non teñan fugas de auga, porque o detectalas non é responsabilidade da empresa.”

- O anterior goberno do Partido Popular tiña aprobado unha obra para a substitución da rede e o valado do río San Lufo. ¿Cando pensa levar a cabo a devandita obra? ¿A qué se debe o atraso no inicio da obra?
Sr. Fernández: “A obra está adxudicada á empresa Tarrío y Suárez, e espera que no mes de outubro quede rematada”

- Ven sendo habitual que camións de gran tonelaxe cargados de madeira, utilicen pistas municipais que baixan do Treito o lugar de Bustelo provocando graves danos no asfalto ¿Qué medidas pensa tomar o Sr. Alcalde para evitar esta situación que suporá un importante custo para o Concello, tal como a reparación desas pistas?
Sra. Mene: “Esta é unha vella reinvindicación do grupo socialista e agora como non hai regulación de tráfico, nin valo etc, estase pensando en facer unha ordenanza reguladora, se fose precisa.”


Pleno 30 novembro 2.007
Formuladas 3 Mocións e 18 Preguntas. Resume preguntas:

- O que no pleno do día 31 de agosto era o inicio dunha obra ilegal, converteuse tres meses despois nunha obra ilegal totalmente finalizada coa anuencia do Sr. Alcalde. O valo de pedra construido no lugar de A Devesa sabe vostede que é unha obra que carece de toda licenza e permitiu que se finalice para escarnio de todos os veciños.
É unha obra ilegal, apoiada e consentida polo Sr. Alcalde como máximo representante do concello, que dende o día 30 de agosto ten coñecemento desa ilegalidade e non fixo absolutamente nada para evitalo.
¿Iniciou os trámites necesarios para repoñer a legalidade?
Sr. Fernández: “O Concello de Dodro non conta cun técnico para o asesoramento e seguimento das obras, o servizo técnico contratado de catro horas semanais é insuficiente para realizar todo o traballo existente.
Este goberno municipal ten a resolución de que toda actuación que non se axuste a normativa vixente e conte coa correspondente licenza municipal incoaraselle expediente para que se restableza a legalidade urbanística.”

- Respecto ó valo de A Devesa de Lestrove, facemos remisión a unha nota de prensa donde a Cocnelleira Sra. Caride di que “O Alcalde que non para unha obra ilegal, agrava a ilegalidade”, e preguntamos, se o promotor do valo de A Devesa de Lestrove iniciou os trámites para repoñer a legalidade, e para non invadir o terreo municipal.
Sr. Fernández: “A pregunta xa está contestada.”

- Sabe vostede Sr. tenente-alcalde que as obras ilegais que mencionamos carecen de licenza ou ben non se axustan a esta, chegando mensmo a invadir nalgún caso bens de propiedade municipal.
É vostede quen lle prestou os votos necesarios a D. Arturo Díaz Díaz para que fose nomeado alcalde, e que co seu apoio permite que se comentan ilegalidades que todos os veciños coñecen sen que por parte do Sr. Alcalde se practique actuación algunha.
¿Vai permitir estas ilegalidades? ¿Vai seguir sendo cómplice da permisividade que consente que se cometan obras ilegais? ¿Pode vostede argumentar dalgún xeito que esas obras sí son legais para que os demais veciños poidan tomar exemplo?
Sr. Franco: “Neste goberno hai seis áreas delimitadas porque seis persoas poderán traballar mellor que unha soa. O goberno e único, con responsabilidades nas distintas áreas, pero como concelleiro tamén ten responsabilidades cos traballos dos outros, polo que se interesará polas obras anunciadas.”


- En referencia á praza creada recentemente para a contratación dunha persoa para a Concellería de Deportes, ¿Con cargo a qué partida orzamentaria se fixo o contrato?

Sra. Mene: "Hai unha partida reservada para as adicacións parciais de catro concelleiros do antigo goberno, e que os actuais concelleiros non percibiremos".

(Os concelleiros ós que se refire cobraban 360 euros ó mes)

Sr. Alfonsín: " ¿E non percibiredes as adicacións?"

Sra. Mene: " E non as percibiremos, exactamente, porque as adicamos a outras cousas máis necesarias"

NOS PRESUPOSTOS 2.008 LEVADOS Á APROBACIÓN NO PLENO DO 29 DE XANEIRO DE 2.008:

"Os membros electos da Corporación percibirán durante o ano 2008 as seguintes retribucións e indemnizacións:

1. Retribucións dos membros en réxime de dedicación exlusiva:

Tenente de alcalde e concelleiro delegado de Cultura e Patrimonio: 1.690,90 euros brutos mensuais

2. Retribucións dos membros en réxime de dedicación parcial:

Alcalde: 845,45 euros brutos mensuais

Concelleira delegada de Educación e Deportes: 845,45 euros mensuais

O réxime de dedicación mínima será de 15 horas semanais.

¡MENOS MAL QUE NON IBAN COBRAR!

Pleno 14 decembro 2.007

Formulados 1 Rogo e 16 Preguntas. Resume preguntas:

- No pleno do 28 de setembro, a Sra.. Mene en resposta a unha pregunta do Partido Popular sobre os danos causados polo uso das pistas municipais por parte de camións de gran tonelaxe cargados de madeira, dixo que “era unha vella reinvidación do grupo socialista” e que se estaba “pensando en facer unha ordenanza reguladora”, e que se estaba “estudando” a posibilidade de pedir unha fianza. Ante esta situación, ¿Cómo seguen os pensamentos acerca dos danos causados nas pistas municipais?
Sr. González: “ Ó problema non é de hoxe, o tema da fianza é complicado, preténdese facer unha sinalización de tonelaxe, falta presuposto neste ano para isto, e faría falla un garda municipal.”
Sra. Mene: “Sí, é unha reivindicación de anos pasados, e inténtase arranxar un problema de anos, e se o profesor de apoio o puxera o anterior equipo de goberno o problema estaría solucionado.”
Sr. Alfonsín: “O día 27 contestoulle a señora Mene e hoxe o Sr. González. A señora Mene levando xa anos de concelleira coa corporación anterior e sendo no presente membro do actual equipo de goberno debería ter pensada algunha solución, e pasados seis meses aínda non a ten.”

- Presentamos un rogo no pleno do mes de agosto para que se procedera á limpeza da fonte de Susavila. Transcurridos 3 meses e medio, a fonte sigue sen limpar. ¿Cando ten pensado proceder a súa limpeza?
Alcalde: “A disposición dos operarios é escasa, e intenta solucionar os problemas máis inmediatos.”
Sr.Alfonsín: “A mesma contestación que hai tres meses.”
Alcalde: “Esta pregunta está contestada”
Sr.Alfonsín: “Que conste en acta que no se lle da dereito a réplica”

- ¿Qué garantías teñen as empregadas da escola infantil de manter os seus postos de traballo no caso de municipalización da escola infantil?
Sra. Rey Mariño: “O Sr. Afonsín non é representante sindical, que as traballadoras da escola infantil teñen información cumprida.
O Sr. Alfonsín pide turno de réplica
O Alcalde pregunta a Sra. Rey Mariño se concede o turno de réplica ou non, o que solicita que conste en acta a Sra. Boga
Comentario: ¿O Sr. Alcalde non é quen de decidir si da os turnos de réplica nos plenos que ten que preguntarlle a unha concelleira?

- O Sr. Tenente de alcalde, Sr. Franco, dixo no pleno de novembro que se iba a interesar polas obras ilegais (muro na Devesa, valo na Veliña e casa en Imo) denunciadas polo Partido Popular. ¿Pode dercirnos se esas obras son legais ou non e si suscribe as declaracións feitas ó respecto polo concelleiro de obras Sr. Fernández?
O Sr. Franco contestará por escrito
Comentario: A día 28 de xaneiro seguimos a esperar o seu escrito)
O Sr. Fernández: di “que son conceptos diferentes a calificación dunha obra como ilegal e o feito de que unha obra teña a licenza en trámite.”

- Tendo en conta que o Sr. Alcalde, Sr. Díaz, non respostou a ningunha das preguntas formuladas polo Partido Popular de Dodro en varios plenos sobra as obras ileais realizadas no lugar de A Veliña en Lestrove, na Devesa en Lestrove e en Imo, ¿Fai súas completamente as declaracións feitas polo concelleiro Sr. Fernández sobre esas obras?
Responde o Alcalde: “que os veciños deste Concello elexiron este equipo de goberno polo que delegou responsabilidades nos membros que a forman, e ratifica o dito polo Sr. Fernández.”
O Sr. Alcalde da por contestada a pregunta

- Tendo en conta que o Sr. Alcalde, non respostou no último pleno á pregunta sobre a contratación dun conserxe, sendo vostede a presoa que ten competencia para contratación de persoal, ¿Fai súa a resposta dada pola Sra. Mene respecto á contratación dun conserxe? ¿Que compuxo o tribual para a selección de persoal?
Sr. Alcalde: di “que traballa en equipo e delega nos seus concelleiros, o que implica que a Sra. Mene debe actuar e facer o seguimento, dentro da legalidade, dos empregados que traballan con ela, polo que ratifica e aplaude a súa actuación, na contratación dun conserxe que foi exposta ó público.”
Respecto a pregunta de quen compuxo o Tribunal responde “que se atopa no expediente e pode pasar a informarse”
Sr. Alfonsín: di que “ten pedido o expediente e aínda non lle foi facilitado.”
O Sr. Alcalde retira a palabra ó Sr. Alfonsín . Pídese que conste en acta que non se da turno de réplica o Partido Popular.
Comentario: A contratación de persoal laboral debe realizarse por convocatoria pública mediante concurso, oposición ou concurso-oposición. Debe garantirse os principios de publicidade das convocatorias e das súas bases, transparencia, imparcialidade e profesionalidade dos membros do órgano de selección, independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección, adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver e auxilidade, sen perxuizo da obxectividade, nos procesos de selección.

A omisión do procedemento ou dos seus trámites esenciales (como por exemplo a publicación dunhas bases, como neste caso), orixina a nulidade de pleno dereito do acto.
Optar únicamente por unha entrevista en lugar dos 3 sistemas de acceso clásicos e xa citados, podería supoñer tamén a nulidade do acto. Dita entrevista non pode ser o único mérito a valorar para o acceso á función pública.
Si a todo isto lle añadimos que a persoa contratada forma parte das listas do PSG-PSOE, non hai moito máis que decir.
¡ESTA CLARA A LEGALIDADE DESTA CONTRATACIÓN!

Neste Pleno ponse de manifesto unha vez máis a "democracia" do equipo de goberno que tanto predican, non dando réplicas ós concelleiros do Partido Popular (aínda que así veña contemplado na Lei) e retirando a palabra a estes concelleiros.

Pleno Extraordinario 24 xaneiro 2008

Solicitado polo Partido Popular

ACCESOS A MANSELLE

Reinvindicación do PP

No pleno do pasado mes de outubro a Corporación de Dodro aprobou por unanimidade unha moción na que se solicitaba expresamente a modificación do túnel da Vía Rápida do Barbanza e a mellora do acceso pola ponte situada no Km. 5

Agardamos ata outubro catro meses para presentar a nosa iniciativa porque pensábamos que o novo equipo de goberno precisaba dalgún tempo para tomar contacto cos responsables da COTOP e conquerir unha solución axeitada para a aldea de Manselle.

Mais o paso do tempo no fixo senón confirmar os temores que algúns sentíamos e que nos facían desconfiar de que verdadeiramente se estivese a procurar unha solución do problema.

Durante a campaña electoral dixeron vostedes, e incluso se fixeron acompañar por representantes da COTOP, pois ben, decían vostedes que Manselle precisaba dunha solución e que esa solución iba vir da mán dun goberno socialista.

Transcorreron xa oito meses, e a piques de cumprir os nove, o novo goberno nacional-socialista do Concello de Dodro, xunto co goberno nacional-socialista da Xunta de Galicia non foi capaz de parir unha solución.

Mais ó contrario, todo canto se fixo ata agora non é que manteña as condicións dos accesos igual que antes de iniciarse o desdobramento da Vía Rápida, senón que os empeora de xeito claro, rotendo, e humillante para o Concello de Dodro en xeral, e os veciños de Manselle en particular.

E mentras o tempo discorre en contra nosa, o BNG inicia o xogo de facer que fai sen facer nada, o xogo de aparentar compromiso cando realmente ese compromiso non existe. E non encontra mellor forma de facelo, que preguntar (9-10-07) á COTOP pola valoración do problema, pero de tal xeito que sexa a COTOP a que valore se se debe ou non mellorar os accesos.

E por outra banda, o Sr. alcalde, don Arturo Díaz Díaz, xa polas mesmas datas de outubro (21-10-07, Voz de Galicia), recoñecía que a COTOP non atendera nin unha soa das súas reivindicacións feitas, o que deixa ben claras a súa capacidade para defender os intereses dos nosos veciños.

E mais recentemente, xa en xaneiro, o seu propio partido, a conselleira do PSOE e titular da COTOP, vólvo a deixar en evidencia para vergonza de todos os dodrenses. Ven o delegado provincial a Dodro onde temporalmente hai un goberno nacional-socialista con alcalde do PSOE, e non se lle ocurre mellor idea para non afrontar os problemas existentes que dicir que debe ser a Consellería de Medio Rural quen asuma a solución, cun novo acceso. E dicir, que de tres accesos que existen, admiten que ningún deles cumpre as condicións mínimas para o tráfico rodado, e en lugar de arranxalos, din que hai que construir un novo, perxudicando novamente a veciños que non son responsables de ter feito mal as cousas. Pero é que no mesmo día, no Concello da Pobra do Caramiñal, gobernado polo Partido Popular, a Concelleira e o Delegado anuncian que as pontes e os seus accesos quedarán igual ou mellor que antes. ¡Increíble pero certo!

Sr. Díaz, nas pasadas eleccións non obtivo vostede a confianza maioritaria dos dodrenses, e á vista está que nin siquera dispón dunha mínima confianza e apoio da xente do seu partido. Non ten vostede forza moral para defender os intereses dos veciños porque non obtivo o respaldo dos veciños, e é incapaz de defender á aldea de Manselle porque simplemente non está convencido de que haxa unha solución, porque non cree que se deban arranxar os seus problemas.

E sí existe solución, e esa solución debémola dar nós, e debe ser a nosa solución. A COTOP dirixiu as obras sen pensar nos afectados, únicamente en facer a obra o máis barata e rápido posible sen pararse no mal que deixa atrás.

Dos tres accesos que tiña Manselle, non existe ningún, agora mesmo, que manteña mínimamente as condicións que tiña antes das obras de desdobramento. Todo o que non sexamos capaces de facer hoxe non se poderá facer o día de mañán. Por eso debemos facer todos un esforzo para que a solidaridade de Dodro en Galicia, facilitando en todo momento as obras para que se rematen axiña, non se convirtan en humillación e desprecio ó noso Concello.

Está claro que a COTOP desentendeuse totalmente do noso Concello, o que usa como concello de paso sen importarlle o máis mínimo os seus veciños.

Por eso debemos ser nós, o Concello de Dodro, quenes tomemos a iniciativa e decidamos o que realmente necesitamos e plantexar as nosas demandas coa forza que proporciona saber que un tén a razón da súa parte e non hai argumentos posibles capaces de contradecila.


E tendo en conta esto, consideramos que a Corporación de Dodro, debe “ELABORAR UN PROXECTO QUE CONTE CO APOIO VECIÑAL PARA A MELLORA DA CALIDADE DOS ACCESOS Á ALDEA DE MANSELLE, E INSTAR A COTOP PARA QUE O LEVE A CABO”.

E EN TODO CASO, ANUNCIAMOS QUE O PARTIDO POPULAR PRESENTARA NO PARLAMENTO DE GALICIA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI PARA SOMETER A VOTACIÓN NO PARLAMENTO A MOCIÓN APROBADA POR UNANIMIDADE POLA CORPORACIÓN DE DODRO, E AÍ, SÍ TEREMOS OPORTUNIDADE DE VER UNHA VEZ MÁIS DE QUÉ LADO ESTÁN TANTO O PSOE COMO O BNG, SI DO LADO DA COTOP OU DO LADO DOS VECIÑOS DE DODRO.

OBRAS DE PARTICULARES SEN AUTORIZACIÓN

Dende o mes de agosto o Partido Popular ven denunciando a realización de determinadas obras que aparte de incurrir en graves irregularidades, constitúen un total desprecio ós veciños que sí respetan a legalidade.
Somos conscientes de que existe unha gran presión por parte dos veciños para poder construir vivendas, e que no cumprimento das normas debe procurarse a maior das flexibilidades e a interpretación máis beneficiosa para o administrado.
Pero os casos que nos ocupan, non obedecen a unha necesidade imperiosa, e por outro lado, constitúen un claro abuso, que supera a máis benévola interpretación normativa que un pode chegar a concibir.
Porque por exemplo, as obras relativas ó valo construido en Lestrove, que por moito que vostedes digan que se mandou paralizar, a verdade é que dende esa data a obra aínda cobrou maior ritmo, pois be, xa non é que sobrepase a altura do permitido e que consta no propio proxecto, xan non é que o retranqueo sexa maís ou menos o esixido, é que invade unha pista municipal, unha carretera do Concello.
Non estamos a falar dun camiño privado entre particulares, estamos a falar dunha carretera municipal. Se vostedes dan por boa esta obra, ¿pódennos decir, tendo en conta o retranqueo mínimo, a ónde vai chegar a pista? ¿ónde se supón que comenza? ¿no Concello de Padrón?

No que respecta á rehabilitación da vivenda na aldea de Imo, ¿cómo pretende que todos cerremos os ollos á vista dunha clarísima ilegalidade xa por todos coñecida como é a construccion dunha bufarda, cando moitos veciños se lles prohíbe? Aparte de sabido é por todos que neste momento non se pode realizar ningún tipo de modificación-ampliación na estructura das vivendas.

E xa por último, o valo feita na Veliña en Lestrove, resulta un aldraxe para o resto dos veciños, carecendo incluso da solicitude de licencia. Non parece, a primeira vista que esa obra sexa tan difícilmente ilegalizable e a pesar diso, omítese calquer intento por facelo.
Como decía a Conselleira, a Sra. Caride, “o alcalde que non para unha obra ilegal, apraza e acrecenta o problema”. Porque ¿qué técnico vai atreverse a certificar unha obra denunciada e manifestamente ilegal?
Aparte do problema que se lles pode crear ós seus promotores por non poder legalizar esas obras.
Incurren vostedes en irresponsabilidade política por seguir permitindo estes abusos, e transcorrido bastante tempo, deben facer un esforzo por recobrar o sentido común.
E para eso, consideramos o máis axeitado voltar ó inicio e dar resolución legal a estas situacións totalmente ilegais, polo que propoñemos, A ELABORACIÓN DUN INFORME SOBRE A LEGALIDADE DESAS OBRAS POR TECNICO COMPETENTE.


No hay comentarios: