20/1/08

MOCIÓNS PRESENTADAS NOS PLENOS

MOCIÓNS PRESENTADAS NOS PLENOS
Pleno 28 setembro 2007

Moción urxente:
Instar de xeito inmediato e urxente á empresa constructora da ampliación da Vía Rápida do Barbanza para que repoña a ponte derruída de Rialiño respetando o proxecto inicial de obra e o servizo de auga de acordo coa demanda dos veciños.
PP vota a favor,PSOE e BNG votan en contra.

Moción urxente:
Instar de modo inmediato e urxente á Consellería de Ordenación , Transportes e Obras Públicas para que proceda á modificación do proxecto inicial da ampliación da Vía Rápida do Barbanza ao seu paso pola veiga de Lestrove, co fin de adoptar as modificacións técnicas máis oportunas que permitan o desaugadoiro das aguas pluviais e evitar inundacións no lugar.
PP vota a favor,PSOE e BNG votan en contra.


Pleno 26 outubro 2007
Moción urxente:

Moción referente ó tunel e accesos de Manselle, presentada e retirada para presentar moción conxunta das tres forzas políticas.Moción urxente das tres forzas políticas:Instar á Xunta de Galicia a realizar urxentemente as obras necesarias para mellorar os accesos á aldea de Manselle.
PP, PSOE e BNG votan a favor.

Pleno 30 novembro 2007
Moción urxente:
Instar á Consellería de Obras Públicas para que inicie os trámites necesarios para ocupar os terreos afectados polo viaduto do tren do Eixe Atlántico e modificar o acceso sur do lugar de Manselle evitando a inclinación actual de modo que se facilite o paso de todo tipo de vehículos.
PP vota a favor,PSOE e BNG votan en contra.

Moción urxente:
Iniciar os trámites necesarios para proceder ao deslinde do Concello de Dodro no seu límite no Concello de Padrón.PP vota a favor.PSOE e BNG votan en contra.Moción urxente:Instar á Consellería de Obras Públicas para que se contemple nas obras da Autovía do Barbanza o asfaltado do carril de servizo dende a ponte de Susavila ata a rotonda de Lestrove.
PP vota a favor,PSOE e BNG votan en contra.

Pleno 29 xaneiro 2008
Moción:
Autorizar a grabación dos plenos cos medios do Concello e que no prazo máximo de 5 días hábiles, se libre unha copia da grabación a cada un dos grupos políticos.
PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra

Moción:
Adoptar as medidas necesarias para o acondicionamento e conservación da Eira da Malla no lugar de Bexo.
PP, PSOE e BNG votan a favor

Moción:
Reservar nos ornamentos unha partida orzamentaria da que se poda dispor e que permita levar a cabo a instalación dunha estación remisora de TDT (televisión dixital terrestre) para as aldeas de Pexegueiro, Traxeito, Paisal e Rialiño, dacordo coas axudas que a Xunta de Galicia convoque no seu momento.
PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra.

Moción:
Adoptar as medidas necesarias para a instalación de redes wi-fi en distintos puntos do Concello que permitan o uso generalizado de internet ós veciños de Dodro e o desenrolo dunha páxina web do Concello de Dodro con información do Concello e que permita a realización de trámites a través de internet.
PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra.

Moción:
Adicar da cantidade a recibir da Consellería de Medio Rural aquel importe que sexa imprescindinble para evitar o deterioro das escolas unitarias desafectadas, e adicar o resto da subvención a melloras en infraestructuras básicas nas aldeas que presenten mayores carencias.
PP e un concelleiro do PSOE votan a favorBNG e restos de concelleiros do PSOE votan en contra.
Pleno 29 febreiro 2008

Moción:
O Concello de Dodro, como representante de todos os seus veciños e veciñas, mostra a súa adhesión á PLATAFORMA TODOS CONTRA O CANON, apoiando a quen actúa en defensa de toda a cidadanía e insta ao Goberno para que proceda á derrogación do Art. 25 da LPI.
PP vota a favor, BNG abstense, PSOE vota en contra.
Queda aprobada a moción

Moción:
Condear os actos violentos cos que unha minoría tentou no día 12 de febreiro boicotear unha conferencia da Deputada do Parlamento de Euskadi, María San Gil, solidarizándose con ela e cos membros das forzas de seguranza afectados, e igualmente condear os actos violentos por boicotear e agredir a asociacións que libre e democráticamente defendían a pluralidade lingüistica.
PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra.

Moción oral:
Xa que non se admiteu a trámite polo Sr. alcalde a mesma moción presentada en plazo para incluila no orde do día do Pleno, presentamola oral:Instar ó Sr. alcalde para que solicite a sustitución de forma urxente do secretario D. Manuel Quintáns Queiruga por incumprimento dos art. 52, 53 e 54 da Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e dacordo co art. 29 da Lei 30/1992 de 26 de novembro do Procedemento administrativo común, en base ós seguintes feitos:- Que con data 8 de febreiro notificouselle a este partido resolución do alcalde pola que se denegaba a inclusión de dous dos puntos solicitados para tratar nun pleno extraordinario. Que según conversación telefónica a funcionaria Maria Jose Rodríguez confirmou a este partido que a resolución fora elaborada de principio a fin polo secretario Manuel Quintáns Queiruga.- Que ó finalizar o pleno extraordinario do 13 de febreiro o propio alcalde manifestou ó voceiro deste partido en presencia doutras persoas que a resolución fixoa o secretario por encargo del.- Que na resolución verténse xuizos de valor descalificativos contra o Partido Popular, que rebasan claramente a función do secretario.- Que unha vez leia a resolución polo alcalde no pleno, o voceiro deste partido no seu turno de palabra recriminou a actuación do secretario e que éste interrumpeu a intervención do voceiro deste partido sin ter siquera solicitado turno de palabra.- Que ó finalizar a sesión plenaria o secretario voltou a dirixirse en tono amenazante ó voceiro deste partido, sendo separado por outras persoas, entre elas o mesmo alcalde.- Que todo canto aquí precede pon de manifesto que o secretario Manuel Quintáns Queiruga faltou á imparcialidade e obxetividade que a súa función require.
PP vota a favor da urxencia da moción, PSOE e BNG votan en contra.

Pleno 25 abril 2008

Moción: 1.-Amosar o rexeitamento do Concello de Dodro, como representante de tódolos seus veciños ó anteproxecto da "LEI INTEGRAL EN MATERIA DE DROGODEPENDENCIAS E OUTROS TRASTORNOS ADITIVOS." 2.- Instar á Consellería de Sanidade para que retire toda referencia ó viño na citada Lei. PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra

O resto das mocións e preguntas que levavamos ó Pleno non foron debatidas xa que os Concelleiros do PP levantaronse da sesión por non existir delegación para a substitución do secretario.

Pleno 30 maio 2008

Moción: 1.- Instar á Xunta de Galicia para derogar o actual Decreto das Normas do Hábitar Galego co fin de elaborar outra norma que naza froito do consenso coas forzas políticas e sociais, as administracións locais, nomeadamente coa Fegamp, e os sectores, empresariais e profesionais afectados, e que permita garantir unha mellor calidade de vida dos cidadáns e non dificulte o desenvolvemento urbano e urbanístico dos concellos galegos. 2.- Remitir este acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, á Fegamp e ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. PP vota a favor, 2 PSOE e BNG votan en contra, 1 PSOE abstense

Moción: 1.- Utilizar os fondos que proporciona o convenio coa Consellería de Medio Rural para a limpeza das franxas de masa arbórea situadas máis preto dos núcleos de poboación e vivendas ailladas, deixando a tala de árbores para aqueles casos nos que os veciños mostren a súa conformidade. 2.- Proceder de xeito urxente á instalación de hidrantes en torno ós núcleos de pobación e no seu interior e preto das franxas forestais máis próximas ós núcleos e vivendas, aproveitando a extensa rede de auga municipal e a presión da auga que conleva. PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra

Moción: 1.- Informar ós veciños de cada parroquia de cáles son as zoas concretas nas que sería posible construir actualmente unha nova vivenda, contando coas infraestructuras necesarias. 2.- Informar ós veciños de cada parroquia de cáles das zonas Z-4 e Z-5, poideran quedar excluidas de ordenación, tendo en conta o informe da COTOP relativo ó PXOM presentado polo Concello. 3.-Que as tres forzas políticas representadas na Corporación participen nas reunións informativas cos veciños, sen pretensión de obter ningún tipo de rédito político, e de xeito responsable e cara os veciños. PP vota a favor, PSOE e BNG votan en contra

No hay comentarios: