23/12/13
26/11/13
O CONCELLO INAUGURA UNHA ESCULTURA NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Reunímonos no
Día Internacional en contra da violencia de xénero para conmemorar e render
homenaxe a todas as mulleres que sofren violencia machista.
700 mulleres asasinadas en España na última década por violencia machista.
600.000 mulleres maltratadas cada ano. Este ano, 42 mulleres perderon a vida en
mans de homes que exercen violencia en contra delas. 42 razóns para unirnos
hoxe aquí para rechazar este tipo de agresións.
Cada vez que unha muller sofre este tipo de violencia arrebátase un
proxecto de vida. Se nos vai unha amiga,
unha nai, unha irmá ou unha filla... o que supón un fracaso de toda a
sociedade.
Negar ou infravalorar este tipo de violencia dificulta a súa loita, por iso
concienciar e sensibilizar ás persoas sobre a gravidade de esta lacra,
contribúe a combatela.
A violencia machista é un problema
social que debe ser abordado de maneira integral e constante. Avanzamos con
pequenos pasos pero sempre convencidas e decididas a que a nosa sociedade
camiñe a unha convivencia máis xusta e igualitaria, onde homes e mulleres
sexamos respetados por igual.
A igualdade é un dereito a un mesmo trato de oportunidades, po iso a
violencia de xénero non pode nin debe formar parte da nosa vida.
Cada persoa ten a responsabilidade e o deber de actuar, comprometéndose de
forma individual e colectiva a facer
todo o posible por promover e protexer
os dereitos das mulleres e que poidan vivir libres de violencia e
discriminación.
Reiteramos hoxe a nosa repulsa á violencia machista e o noso apoio e
cercanía ás mulleres que a sofren.
Esta escultura que inauguramos hoxe en Dodro será un recordatorio constante
de que aínda queda moito traballo por facer.
E cada día que pasemos por diante dela, recordemos e nos empeñemos aínda
máis, en alcanzar os nosos obxetivos para erradicar de unha vez por todas esta
lacra social.
MEDRAR EN IGUALDADE
É COUSA NOSA
É COUSA NOSA
O CONCELLO APROBA O PRESUPOSTO PARA O 2.014 COS VOTOS DO PARTIDO POPULAR
O pasado venres 22 de novembro o Pleno do Concello de Dodro aprobou os presupostos para o 2.014.
O equipo de goberno destaca deste orzamento:
Este equipo de goberno presenta novamente os presupostos en prazo para que
entren en vigor o 1 de xaneiro cuns ingresos por importe de 1.903.163,81 €,
aumentando os ingresos con respecto ao ano 2013 casi nun 20 %.
Compútanse ingresos reais, transferencias correntes e subvencións que se
perciben todos os anos, polo que os ingresos por subvencións e outros conceptos
que se perciban ao longo do ano 2014 iranse incorporando ao presuposto ao longo
do exercicio con xerancións de crédito.
Cabe destacar do orzamento:
-
A
ampliación a xornada completa a 4 dos 6 traballadores que se lles tivo que
reducir a xornada laboral por mor da situación económica encontrada no concello
cando este equipo de goberno tomou posesión.
-
O
incremento da dotación orzamentaria do SAF dependencia en case un 10%
-
O
incremento de máis dun 28% nas axudas de emerxencia social e subvencións na
área de servizos sociais, aumentando esta partida en máis de 37.000 €.
-
O
incremento de 21.000 € nas áreas de cultura e deporte.
-
As
inversións por máis de 200.000 € en infraestruturas e saneamento que coa
previsión do arranxo do polideportivo e a senda peonil en Bexo superan os
400.000 €.
Con este orzamento vese o compromiso de este goberno de continuar cunhas
contas municipais saneadas, mellorando e ampliando a calidade dos servizos
municipais e que permitirán unha xestión eficaz do gasto público sen esquecer
as accións destinadas a servizos e actividades de solidariedade social
prestados polo Concello en beneficio do interés xeral e do conxunto dos veciños
de Dodro.
Continúase coa senda iniciada co presuposto do exercicio 2012 logrando unha
situación de equilibrio orzamentario, capacidade de financiamento e aforro neto
positivo.
20/7/13
A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR, ROSA QUINTANA, VISITOU DODRO ONTE POLA TARDE
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández, e polo director xeral de Agader, Antonio Crespo, reunironse co equipo de goberno no concello para tratar diversos temas de interés para Dodro e posteriormente visitaron as obras de pavimentación realizadas na praza pública da Casa da Cultura de Tallós.
O orzamento das obras superou os 35.000 euros, cunha achega da Xunta –a través das axudas para proxectos dinamizadores do medio rural– do 86,26% do total (algo máis de 31.000 euros).
No concello de Dodro están tamén previstas ou en execución outras obras de mellora de infraestruturas no rural financiadas polo departamento que dirixe Rosa Quintana, caso do acondicionamento e mellora da escola infantil, xa en execución ou de mellora dos camiños na parroquia de Bexo cunha inversión de 90.000 €.
12/7/13
O CONSELLO DE CONTAS INFORMA SOBRE AS CONTAS AUDITADAS DO EXERCICIO 2.009
O pasado día 28 de xuño o Pleno do Concello
de Dodro tomou coñecemento do informe de fiscalización do Consello de Contas
relativo ao ano 2009.
Con este informe ponse de manifiesto as numerosas irregularidades que acompañaron sempre
ao goberno bipartito PSOE-BNG e durante a súa xestión ao frente do Concello.
Durante os 4 anos do
bipartito tanto os orzamentos como as súas liquidacións fixéronse sempre fora do prazo
regulamentariamente establecido (páx. 47).
Durante os 4 anos non se
actualizou o inventario de bens de tal xeito que non coincidía en absoluto cas
cifras que constan no balance (páx.12).
No apartado de persoal, o
informe recolle expresamente a arbitrariedade ca que o bipartito aumentaba
certos salarios e asignaba funcións que non correspondían aos traballadores
afectados, sen que mediase xustificación (páx.17 e 21).
No apartado de selección de persoal, o Consello de Contas sinala
claramente a vulneración da legalidade na convocatoria dunha praza de
funcionario á que só era posible que optase unha persoa concreta, que xa era
funcionario (páx.19), como así tamén se refire no mesmo sentido en relación á
selección dun técnico sen cumplir os requisitos esixidos, e que recaen na mesma
persoa que xa fora contratada o ano anterior.
No que se refire á
contratación, o informe pon de manifesto a inexistencia do contrato de xestión
de servizos para “Axuda no fogar”, a pesar de que polo seu importe existía a
obriga de facelo.
Nas subvencións concedidas
polo concello o informe revela a ausencia de criterios e xustificación para a
súa concesión, o que constitúe un caso claro de arbitrariedade ca que eran
concedidas.
Outro capítulo que merece especial atención é o relativo á contratación
das obras. Segundo o Consello de Contas, as ofertas para as obras do Plan E
incluso foron valoradas antes de que rematase o prazo de presentación , e
nalgunha das adxudicacións se valoraron como máis ventaxosa a oferta que
empregaba menos traballadores.
É revelador neste apartado a urxencia ca que se tramitano as contratacións
co fin de rematar as obras, e nembargantes, estas despois foron rematadas 6
meses despois da prevista (“Area deportiva de Lestrobe”) (páx.31).
Pero resulta aínda máis sorprendente que se rexistrasen na contabilidade
débedas ca empresa constructora dous meses antes de ter emitida a certificación
da obra (páx.31).
Un exemplo claro, foi a obra “Pavimentación e saneamento en Imo”. O
30/12/2009 recóllese unha débeda de 16.775 euros, cando a factura é de
30/09/2010, e a obra foi pagada o 18/01/2012, é decir, pasados máis de 15 meses
dende que se recollera en contabilidade (páx.34).
7/5/13
AS BEIRARRÚAS DE IMO ARRANXADAS
A semana pasada remataron por fin as obras de acondicionamento das beirarrúas da estrada AC-305 en Imo. Dende fai 5 anos diversos propietarios levan reclamando o arranxo das beirarrúas porque lle impedían o acceso normal aos seus garaxes cos vehículos. O goberno actual do Concello iniciou as xestións fai un ano e medio e a pesar de non supoñer unha elevada inversión, foron numerosas as dificultades que se atopou, pois a obra foi recepcionada polo anterior goberno sin que este tivera feito ningún tipo de reclamación, a pesar das queixas dos vecinos.
Finalmente, e tras diversas reunións mantidas coa Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, e grazas tamén á colaboración da empresa SERCOYSA, as obras de arranxo das beirarrúas poideron ser levadas a cabo, rematando así un auténtico calvario para as familias afectadas.
26/4/13
SOBRE LA UTILIDAD REAL DE BEIRAS - POR LUIS VENTOSO
"Su obra académica se ha quedado obsoleta, tiene 9 diputados (5 de IU) y en 40 años de carrera política jamás ha gestionado nada".
16/3/13
AS CONTAS DO 2.012 DO CONCELLO
O goberno do Concello de
Dodro presentou no pleno do venres 15 de marzo a liquidación do orzamento de
2012.
O resultado orzamentario
obtido foi un resultado positivo de 701.658 euros, o cal contrasta
notablemente co resultados dos anos anteriores, con presupostos do goberno bipartito E QUE
LEVARON Ó CONCELLO DE DODRO A CONVERTIRSE NUN DOS TRES CONCELLOS CON PEOR
RESULTADO ORZAMENTARIO NA PROVINCIA DE A CORUÑA, EN CONCELLOS DE ATA
3.000 HABITANTES.
2011: -224.564 euros.
2010: -256.709 euros.
2009: -98.360 euros
2008: -135.310 euros.
En termos absolutos a DIFERENCIA
ENTRE O RESULTADO DE 2012 E 2011 É DE NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 925.000 EUROS,
o que pon de manifesto as notables diferenzas na xestión entre o
goberno do PP e o goberno bipartito PSOE-BNG A PESAR DAS DIFICULTADES
ORIXINADAS POLA CRISE ECONÓMICA.
Pero máis importante é si
cabe a evolución do REMANENTE DE TESORERÍA, E QUE MIDE REALMENTE A CAPACIDADE
ECONÓMICA DO CONCELLO. NO ANO 2010, O CONCELLO DE DODRO CHEGOU A TER -469.199
EUROS, E NO 2011 A
CIFRA CHEGARÍA ATA A CANTIDADE DE -413.732 EUROS, OCUPANDO O ÚLTIMO LUGAR ENTRE
TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA.
NO ANO 2012, POR PRIMEIRA VEZ NOS ÚLTIMOS 5 ANOS, O
CONCELLO DE DODRO ACADOU UN REMANENTE DE TESORERÍA DE 91.429 EUROS,
SUPERANDO NOTABLEMENTE TODAS AS PREVISIÓNS.
2008: -29.995 EUROS.
2009: -198.574 EUROS.
2010: -469.199 EUROS.
2011: -413.732 EUROS.
O alcalde Valentín Alfonsín
quere por en valor os excelentes resultados obtidos tendo en conta as
dificultades económicas que se atopou cando tomou posesión, e agradecer a
colaboración da veciñanza, dos empregados e os membros do goberno municipal que
foi decisiva para sacar ao concello da situación de quebra, e poder manter os
servizos básicos tan importantes na situación actual. Decir que
cando o Alcalde Valentín Alfonsín tomou posesión, tivo que facer fronte ao pago
urxente de enerxía eléctrica para evitar o corte de lús mesmo nas oficinas
xerais, e a día de hoxe, o Concello de Dodro está pagando as facturas antes dos
60 días.
Deste xeito, o actual
goberno de Dodro demostra ben ás claras que como sempre veu denunciando dende a
oposición, existe unha forma responsable de xestionar e gobernar, mantendo os
servizos realmente importantes do Concello sen que por iso se teña que por en
perigo a supervivencia económica do mesmo.
23/2/13
TERRAS DE IRIA EN TUREXPO 2.013
Terras de Iria é un dos 247 expositores de Turexpo Galicia 2013 que se celebra en Silleda do 22 ao 24 de febreiro.
Co lema "Onde nace o Camiño" os concellos de Padrón, Rois e Dodro
queren dar a coñecer os tres municipios e promocionalos turísticamente.
O Stand está situado no pabillón 1, stand D12.
Os alcaldes dos tres concellos estiveron presentes hoxe na inauguración
que estivo a cargo de Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta
de Galicia e Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia.
19/1/13
Feijóo trasládalle a don Juan Carlos a aposta de Galicia pola internacionalización
Madrid, 18 de xaneiro de 2013.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, transmitiulle hoxe a Don Juan Carlos a aposta de Galicia pola internacionalización e agradeceu o apoio e o interese da Casa Real polos temas que máis preocupan aos galegos, como o sector naval, o sector lácteo e o problema das preferentes.
Feijóo, que foi recibido este mediodía pola Súa Maxestade El-Rei no Palacio de La Zarzuela, destacou no eido do naval a importancia que ten a Casa Real e concretamente o Xefe do Estado en posibles accións internacionais para conseguir carga de traballo nos estaleiros galegos. “Ter informado ao Xefe do Estado sobre as necesidades de barcos nas rías galegas e, en consecuencia, das nosas relacións en México, en Brasil, nos Países Árabes... é unha oportunidade que un presidente autonómico non debe desaproveitar. E, neste senso, pedinlle que na súa axenda internacional, e como mellor embaixador que ten España, inclúa os temas relativos ao sector naval; algo que me consta que está a facer xa”, aseverou.
Así mesmo, Feijóo trasladou, durante o encontro, as dificultades que está a vivir o sector lácteo galego; “as dificultades que están pasando moitos gandeiros que non son capaces de que o leite se pague de acordo cos custes de produción”.
O titula da Xunta informou, tamén, a Súa Maxestade dos problemas que teñen neste momento cidadáns galegos que están atrapados polas preferentes. “Moitos deles sen información suficiente cando formalizaron estes produtos financeiros”, salientou, logo de facer fincapé na arbitraxe como ferramenta que segue sendo válida para devolver a moitas familias “ese diñeiro que depositaron baixo o principio de confianza nas caixas e que descoñecían o alcance e contido deses produtos financeiros”.
Nas súas declaracións, Feijóo valorou o especial interese de Don Juan Carlos polos problemas da comunidade: “falamos de Galicia, de como se ve desde Galicia o resto de España e dos problemas que nos afectan ao conxunto dos galegos”. E, neste sentido, transmitiu a Súa Maxestade a lealdade e responsabilidade da comunidade e o compromiso coa prosperidade e o crecemento.
“Trasladeille a lealdade dunha comunidade co conxunto de España da que forma parte, xa que como españois preocúpanos todo o que ocorre en España; e a lealdade coa Constitución que prometemos cando asumimos o noso cargo. Así como a responsabilidade dunha comunidade que está ordenando as súas contas. Responsabilidade en ir diminuíndo as súas necesidades de endebedamento ata que, nesta lexislatura, podamos conseguir non emitir débeda e, en consecuencia, conseguir o déficit cero”.
O presidente da Xunta subliñou que Galicia é, “e seguirá sendo”, unha autonomía solvente, cumpridora co déficit público e que paga aos provedores. E garantiu que vai seguir sendo unha autonomía comprometida co benestar e co crecemento económico: “a pesar da crise, imos seguir construíndo hospitais; imos crear 6.000 novas prazas públicas máis de garderías e de centros para maiores; e, imos seguir apostando pola educación e polas universidades”.
Publicado: 05:24PM ene 18, 2013 por ppdegalicia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)